"Asti" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 460.

  • GALICIA

    Farmacéutico. Estudou farmacia na Universidade de Santiago de Compostela. Especializado en sanidade ambiental e saúde pública, recibiu numerosos premios de investigación. Escribiu Salud ambiental (1989), Una política ambiental para Galicia (1993), Residuos ganaderos y medio ambiente (1996), Manual de saúde ambiental (1997) ou Medio ambiente y salud (1998).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á perífrase.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cirurxía plástica do perineo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Capela situada no Pico Sacro (Boqueixón). Pertenceu a un mosteiro dedicado tamén a san Sebastián fundado en 904 polo bispo Sisnando por orde de Afonso II. En 912 Ordoño II cedeuno con todas as súas pertenzas ao mosteiro de San Martiño Pinario. Abandonado, foi restaurado no s XII ata que foi finalmente abandonado. Da igrexa non se conserva nada e do mosteiro só esta pequena capela, dunha soa nave e capela maior rectangular, cun arco triunfal semicircular peraltado que descansa sobre columnas exentas. No lugar houbo unha torre que servía para vixiar os camiños que, atravesando o Ulla, chegaban ata Santiago de Compostela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cirurxía plástica do píloro, que consiste en separar lonxitudinalmente, por incisión, unha estreiteza pilórica e despois practicarlle transversalmente unha sutura.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aplícase ao material expelido á atmosfera durante unha erupción volcánica de tipo explosivo. Pode ser emitida en estado sólido (fragmentos arrincados das paredes da cheminea volcánica) ou en estado de fusión, e neste caso solidifícase total ou parcialmente durante a traxectoria aérea. Os principais tipos de material piroclástico son, segundo unha orde decrecente de tamaño, os bloques e as bombas volcánicas, os lapilli e as cinzas.

    2. Que está formado por piroclasto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Operación que consiste en corrixir algunha deformidade dun órgano. Desígnase co nome do órgano onde se fai a operación.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de plástico.

    2. Propiedade dos materiais, opoñible á elasticidade, que se manifesta ao conservar indefinidamente as deformacións producidas por algunha forza ao deixar actuar esta forza.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Relativo ou pertencente á plástica.

      2. efecto plástico

        Efecto estético, na arte do s XX, das formas artísticas producido por elas mesmas como tales, e non pola súa semellanza coa natureza.

    1. Que pode ser modelado.

    2. Que se caracteriza pola súa expresividade e vivacidade.

      1. Relativo ou pertencente ao plástico.

      2. Composto orgánico polimérico obtido por síntese ou procedente de substancias naturais que sufriu unha profunda transformación química, susceptible de ser conformado pola acción conxunta do sol e da calor. Algunhas das características comúns dos plásticos son o elevado peso molecular, a sensibilidade á calor nun momento determinado da súa manufactura, o intervalo relativamente limitado da temperatura de utilización, o peso específico relativamente baixo (entre 0,02 e 2,5 g/cm 3 ), as súas propiedades illantes (tanto térmicas como eléctricas e acústicas) e a resistencia aos axentes químicos inorgánicos. Os plásticos poden obterse a partir de materias minerais (gas natural, hulla, petróleo, etc), vexetais (algodón, gomas vexetais, madeira, plantas oleaxinosas, resinas, etc) e mesmo animais (leite), ou dos seus respectivos derivados, produtos intermedios na síntese de plásticos (acetileno, benceno, butileno, caseína, celulosa, estireno, etilo, fenol, lacas, látex, nafta, óleos, propileno,...

      1. Relativo ou pertencente á plastia.

      2. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Orgánulo das células vexetais, revestido por unha dobre membrana unitaria e que tipicamente contén pigmentos. Os principais tipos de plastidios son o amiloplasto, o cloroplasto, o cromoplasto e o leucoplasto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de plastificar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que plastifica.

    2. Produto líquido ou sólido que, engadido a unha materia, aumenta a plasticidade, como determinadas cinzas e terras que se lle engaden ao formigón, os tiois que se unen ao caucho, os ésteres e os hidrocarburos terpénicos que se engaden ás pinturas e os vernices, ou a nitroglicerina coa que se aglomeran os compoñentes dos propergois sólidos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Recubrir ou impregnar algo con plástico.

    2. Engadir un plastificante a algunha materia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Masa plástica, de diversas cores, que se emprega para modelar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dispersión viscosa dunha resina finamente dividida nun plastificante líquido, que se emprega para obter imitacións de coiro ao aplicala sobre un soporte téxtil, ou diversos obxectos por moldeamento e endurecemento posterior con calor.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao pleonasmo.

    2. Que inclúe un pleonasmo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Existencia de máis de dúas mamas na especie humana.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos polimastixinos.

    2. Protozoo da orde dos polimastixinos.

    3. Orde de protozoos sarcomastigóforos, que presentan catro ou máis flaxelos, orgánulos axiais e unha gran complexidade citoplasmática. Son comensais ou endosimbiontes. Destaca a especie Trichomonas vaginalis.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Enxeñeiro militar e debuxante francés. Coñecido como o cabaleiro de Beaulieu, foi mariscal de campo e enxeñeiro de Luís XIV de Francia. Considérase o creador da topografía militar. Da súa obra destaca Louis le Grand e Recueil de plans et vues des places assiégées et de celles où se sont données les batailles.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar. Membro da cabalaría, loitou en Marrocos e ascendeu a xeneral en 1926. En xullo de 1936 era director xeral da Garda Civil, pero mantívose fiel á Segunda República e foi comandante en xefe do exército do centro (1936-1937). A raíz da crise de maio de 1937 designárono xefe do exército do leste. Foi destituído tras o fracaso final ante as forzas franquistas en marzo de 1938.

    VER O DETALLE DO TERMO