"CAD" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 940.

  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Bande baixo a advocación de Santiago.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Dirixente da Vendée (1793) e do movemento bretón dos chouans. En 1800 dirixiu unha conspiración contra Napoleón e en 1803 organizou outra para restaurar a monarquía. Foi executado cando se descubriu a conspiración.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Palabra que se emprega exclusivamente na expresión dar cadra co significado ‘lembrarse ou dar razón dalgunha cousa’.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de cadrar.

      1. Que presenta a forma ou a superficie dun cadrado.

      2. Que ten algunha das súas caras ou das súas superficies cadrada.

      3. Aplícase á superficie prismática en forma de cadrado.

      4. De catro caras aproximadamente iguais, tan ancho como longo e alto.

      1. Cuadrilátero cos catro costados iguais e catro ángulos rectos. A área dun cadrado de lado a é a 2 .

      2. Aplícase á matriz que ten o mesmo número de filas que de columnas.

      3. Distancia angular de 90°.

      4. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello do Valadouro baixo a advocación de san Xurxo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte da serra do Xistral, na parroquia homónima do concello do Valadouro. O seu cumio acada os 1.056 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Capela situada no Cadramón (O Valadouro). De estilo románico, foi construída no s XI e restaurada recentemente. Conserva pinturas murais no seu interior.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Concordar axeitadamente unha cousa con outra ou con varias cousas.

    2. Ser adecuada algunha cousa para o que se está a facer ou para o que se persegue.

    3. Ter oportunidade ou presentarse unha circunstancia que se expresa.

      1. Haber coindidencia entre un suceso e un espacio de tempo.

      2. Haber coincidencia entre un día do mes e un día da semana.

      1. Facer cadrada algunha cousa ou darlle forma cadrada.

      2. Determinar o valor do lado dun cadrado equivalente en área a unha figura dada ( cuadratura do círculo).

      3. Elevar unha cantidade ao cadrado ou multiplicala por ela mesma.

    4. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da Comunidad Autónoma de Navarra, á esquerda do río Ebro, ao S da súa confluencia co río Aragón (1.873 h [1996]). É un municipio fundamentalmente agrícola, destacando os cultivos de cereais e vide.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Facer cadrelos con fíos, co cabelo ou con calquera outra cousa semellante.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Trenzado feito con pelo, fío ou con outro material.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Óso plano da cadeira que conecta o sacro co fémur e une, así, o tronco coa extremidade inferior. Forma as partes anterior e lateral da pelve ósea, e artículase por diante co seu homónimo na sínfise púbica, por detrás co sacro, constituíndo a articulación sacroilíaca, e lateralmente co fémur (articulación coxofemoral). Está composto por tres partes: íleo, isquion e pube, ósos independentes na fase embrionaria que aparecen soldados no adulto a nivel de cavidade acetabular. Presenta relevos anatómicos de importancia: a crista ilíaca, marxe superior do óso, situada entre dúas protuberancias óseas (as espiñas ilíacas anterosuperiores e posteroinferiores); a grande abertura ciática, situada entre a espiña ilíaca posteroinferior e a espiña ciática; a liña innominada, que divide a cara interna do óso; a cavidade acetabular ou acetábulo, que forma parte da articulación da cadeira, e o buraco obturado, por onde pasan importantes estruturas desta rexión. Tamén se coñece como óso coxal ou...

    2. Parte avultada do corpo das persoas e doutros mamíferos na que a perna ou a pata se une ao corpo.

    3. Parte baixa do lombo das persoas.

    4. cruz dos cadrís.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Figura, obxecto ou espazo de forma cadrada ou rectangular, especialmente cando está estampado sobre unha tea.

      2. Armazón, xeralmente de forma cadrada ou rectangular, que sostén algunha cousa polos bordos ou que deixa o espazo para que encaixe algunha cousa.

      3. Pintura, debuxo ou gravado non mural, realizado normalmente sobre tea ou táboa e enmarcado.

      4. Antiga formación da infantería en figura de cuadrilátero presentando catro caras ao inimigo. Practicábase contra as cargas de cabalería en campo aberto, mentres que coa difusión das cargas de fogo perdeu toda a súa efectividade.

      1. Texto resumido ou gráfico, normalmente encadrado ou esquematizado por medio de chaves ou de casas, que destaca do resto do texto e que pode ocupar unha ou máis páxinas. OBS: Tamén se denomina cadro sinóptico.

      2. Exposición oral ou escrita que se realiza con respecto a un determinado tema ou asunto.

      3. cadro de financiamento

        Presentación, con carácter de recapitulación, do conxunto de movementos de fondo que operou unha empresa no curso dun exercicio económico, no que se detallan as diversas orixes dos recursos obtidos e as aplicacións que se fixeron, en inmobilizado e en circulante. OBS: Chámase tamén cadro de orixe e de aplicación de fondos.

    1. Armadura metálica dunha bicicleta.

    2. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Compañía teatral promovida por Armando Cotarelo Valledor. Formouse en Santiago de Compostela en 1922, integrada por alumnos da Universidade. Estreou, entre outras, tres obras de Cotarelo (Trebón, Sinxebra e Lubicán), quen participou tamén como director e escenógrafo, contando coa colaboración de Camilo Díaz ou Tito Vázquez. Participaron como actores: Fermín Bouza-Brey, José G. Posada Curros, Pilar Cotarelo, Àngela Deulofeu, Margarida Deulofeu, Felipe Díaz Ortega, Matilde Docampo, María Luísa Fernández, Luis Feijó, Mercedes García Aller, Manuel López Noguerol, Secundino Lugrís, Ramón Martínez López ou Germán Prieto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Boletín subtitulado “Voceiro das xuntas de veciños de Moaña” aparecido en setembro de 1974 e editado ata finais de 1976. Trátase dunha serie de pequenos cadernos monolingües en galego, nos que se dirixen críticas aos políticos, concretamente ao alcalde do concello de Moaña nos anos da transición democrática. Os seus artigos son variados e atenden a cuestións que preocupan aos habitantes da vila; entre eles, “Os parques infantiles”, “A traída de augas i as fontes”, “Cousas”, “As cooperativas”, “O valo do Axuntamento” e “Política colonial e política do pobo”.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Lalín baixo a advocación de santo Estevo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros que corresponde á voz ‘corte’ ou ‘cortello’.

    VER O DETALLE DO TERMO