"CIO" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 4772.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo procedente do latín apparitio ‘aparición’. A difusión deste nome ten que ver coas diversas aparicións milagrosas da Virxe, dos anxos e dos santos. Non hai santo con este nome.
-
VER O DETALLE DO TERMO
frei (A Gudiña 1502 - ?) Emigrou a México en 1533, onde introduciu os primeiros vehículos rodados de América. Ingresou posteriormente na orde franciscana. Foi beatificado no ano 1600.
-
PERSOEIRO
Pintor de cámara de Fernando VII (1815). Foi discípulo de Jacques-Louis David, pero a súa estética é máis ben prerromántica. Sobresaíu polo tratamento dos temas históricos nas súas obras, das que destacan El combate de san Marcial e El hambre en Madrid.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Rafaela Díaz Valiente.
-
GALICIA
Víctor María Aparicio Abundancia. Pintor, músico e cantante. A súa actividade artística céntrase no campo da plástica -exposición na galería Ad Hoc de Vigo (1998)-, da música -é cantante do grupo Los coyotes- e da poesía. En 1981 comezou a súa carreira musical, coincidindo coa movida viguesa e coa movida madrileña. Achegouse tamén ao público infantil galego a través das súas colaboracións no programa Xabarín Club, para o que gravou diversos temas. O seu tema "Jaguarundi" foi o escollido por Televisón Española como banda sonora da Vuelta Ciclista a España de 1995. Ten no mercado diversos CDs: Lucha de migajas (2000), ¿A qué viene ahora silbar? (2004), Dos años...
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Acción de aparecer.
-
Manifestación visible dun ser de características sobrenaturais. Entre as aparicións máis comúns que en Galicia acontecen están: as almiñas, que polo xeral veñen reclamar algo aos vivos, a miúdo causándolles medo, para podérense redimir e salvarse; as do urco, que aparece en forma de can grande, negro e de ollos brillantes; as do trasno, en forma de cabrito e argallando falcatruadas para asustar os que frecuentan lugares solitarios; e o demo, que fai tremer a quen o ten diante. A noite é o momento preferente das aparicións, e as corredoiras e lugares afastados e solitarios os espacios elixidos maioritariamente. Antano nos velorios ou en calquera outra ciscunstancia oportuna para o relato non era estraño escoitar historias vencelladas con aparicións.
-
-
-
Acción e efecto de apartar ou apartarse.
-
Separación do descendente da súa participación na herdanza que lle fora entregada por seus pais en vida.
-
-
-
Acción de apelar.
-
Nome que se dá a alguén ou a algunha cousa.
-
Recurso xudicial que interpón a parte que non está de acordo coa decisión dun xuíz ou tribunal interposta perante un xuíz ou tribunal superior, a fin de que este decida de novo sobre o asunto. Deu lugar a un novo estudo e decisión do feito, tendo en conta as actuacións do preito inicial e as novas alegacións das partes.
-
-
-
Acto consciente de recoñecer o obxecto percibido. A distinción entre apercepción e percepción foi establecida por Leibniz, quen afirmou que existen percepcións vagas que non eran obxecto de reflexión; recollendo esta diferencia, introduciu a denominación apercepción para designar as percepcións acompañadas de consciencia.
-
Proceso polo que son actualizadas as lembranzas desencadeadas por unha percepción, completándoa e mesmo deformándoa. A esaxeración patolóxica da apercepción toma o nome de alucinación aperceptiva.
-
-
-
Acción e efecto de aplicar ou de aplicarse.
-
Posibilidade de servir ou ser utilizado para algo.
-
Constancia ou esforzo que se pon para realizar un traballo, especialmente o estudio.
-
Ornamentación que se pon sobre unha prenda para enfeitala.
-
Correspondencia entre dous conxuntos onde todo elemento do primeiro conxunto (ou orixinal) ten unha soa imaxe no segundo conxunto. Se elementos diferentes teñen imaxes diferentes, a aplicación chámase inxectiva; se todo elemento do segundo conxunto é imaxe alomenos dun elemento do primeiro, a aplicación é exhaustiva; unha aplicación que sexa ao mesmo tempo inxectiva e exhaustiva chámase bixectiva ou unívoca.
-
Aplicación que se establece entre un conxunto e el mesmo de xeito que a cada elemento do conxunto lle corresponde el mesmo.
-
Aplicación establecida entre dous espacios vectoriais, E e F, de xeito que para dous elementos calquera x, y de E cúmprese: f(x+y)=f(x)+f(y) e f(λx)= λf(x) onde λ é un escalar.
-
-
Conxunto de instrucións e datos que unha vez executado permite traballar cun ordenador e os seus periféricos realizando funcións como procesar textos, compoñer ilustracións, tratar fotografías, etc.
-
aplicación asasina
Aquela que pola súa amplitude e versatilidade pode substituír vantaxosamente a outras existentes con anterioridade.
-
...
-
-
-
-
Acción e efecto de poñer unha cousa sobre outra.
-
Engrosamento da membrana celular polo déposito superficial de substancias diversas. Xeralmente prodúcese un crecemento centrípeto da membrana, pero, nalgúns casos (grans de pole, esporas), o depósito efectúase sobre a superficie externa da membrana e o crecemento é centrífugo.
-
Na xustaposición de dúas palabras que teñen unha mesma categoría gramatical, a segunda destas palabras serve para completar o significado da primeira. Do mesmo xeito acontece con grupos de palabras que, xustapostas, complementan a outra. A aposición pode ser de dúas clases: aposición explicativa, cando non engade ningún concepto novo ao elemento que determina, senón que simplemente explica algunha calidade deste, xa coñecida; e aposición especificativa, cando non só explica algo da palabra determinada, senón que, esencialmente a concreta.
-
Forma de adherir o selo a un documento para darlle validez.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tipo de frutificación propia de fungos de vida independente ou liquenizada da subdivisión ascomicotina. Ten basicamente forma de cunca, e está revestido interiormente polo himenio formado por ascos dispersos entre paráfises.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Técnica de conservación dos alimentos inventada por Nicolas François Appert. Consiste en someter ao baño maría durante un tempo determinado, variable para cada produto e para cada medida de envase, un alimento contido nun recipiente hermético. Modernamente, as técnicas de conservación por calor evolucionaron e modificouse o sistema proposto por Appert. O termo appertización substituíuse polo máis exacto de esterilización.
-
-
Acción e efecto de apreciar.
-
Puntualización ou parecer que unha persoa mostra sobre algunha cousa.
-
Aumento do valor de cotización dunha moeda.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Estima ou consideración afectuosa que se ten por unha persoa ou cousa.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de aprobar.
-
-
Acción e efecto de apropiar ou apropiarse.
-
-
Acto polo que unha persoa fai súa unha cousa, incorporándoa ao seu patrimonio coa intención de dispoñer dela en concepto de propiedade definitiva.
-
apropiación indebida
Delito contra a propiedade, diferente do furto, consistente en apropiarse ou distraer, en prexuízo doutro, diñeiro ou calquera outra cousa moble recibida en depósito, comisión, administración ou por outro título que obrigue á súa entrega ou devolución. Tamén constitúe delito negar, con ánimo de lucro, ter recibido dita cousa.
-
-
Concepto procedente da hermenéutica fenomenolóxica que se refire ao proceso polo que o lector fai propio o que en principio lle era alleo, actualizando deste xeito o significado do texto en cuestión.
-
Procedemento teolóxico polo que unha virtude ou calidade común ás tres persoas da Trindade se atribúe preferentemente a unha delas. Por exemplo, a omnipotencia atribúese ao Pai, a sabedoría ao Fillo e a verdade ao Espirito Santo.
-
-
-
Acción e efecto de aproximar ou aproximarse. OBS: A grafía x representa o son [Ks].
-
-
Cálculo ou valoración que se achega de forma pouco exacta a un dato ou cantidade determinada.
-
Premio concedido na lotería aos números que pertencen á mesma centena dos primeiros números premiados.
-
-
-
Conxunto de manobras feitas por un avión para preparar a aterraxe, mediante operacións visuais ou instrumentais.
-
aproximación directa
Aproximación na que o punto de espera da aproximación final se substitúe polo voo da aeronave ao longo do eixe da pista de aterraxe en servicio.
-
aproximación final
Parte da aproximación dunha aeronave que comeza no punto de espera e remata cando a aeronave efectúa o endereitamento.
-
aproximación inicial
Parte da aproximación dunha aeronave comprendida entre o punto de entrada e o punto de espera; ou, no caso dunha aproximación directa, dende o punto de entrada ata que a aeronave chega ao eixe da pista de aterraxe.
-
control de aproximación
Servicio dos aeroportos que se ocupa do control dos avións que queren despegar ou aterrar.
-
...
-
-
-
PERSOEIRO
Pensador, narrador e orador latino. Das súas obras consérvase a Apoloxía, onde se defende dunhas acusacións de maxia e, sobre todo, a novela histórica Metamorphoseon libri XI ou Asinus aureus (As Metamorfoses ou O asno de ouro).
VER O DETALLE DO TERMO