"CISC" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 605.
-
GALICIA
Químico e fotógrafo, sobriño de Ksado. Combinou o estudo científico e de investigación coa fotografía artística, e continuou co traballo do seu tío. Expuxo en Oviedo e en Santiago de Compostela. Escribiu Densidades y compresibilidades a 0°C y por debajo de 1 ATM de los gases [...] del carbono y nitrógeno (1943).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Cronista. Secretario e capelán de Hernán Cortés (1542-1547), participou con el na expedición a Alxer. Aínda que non foi nunca a América, escribiu unha Historia general de las Indias y conquista de México (1552), sobre datos que Cortés lle facilitou. Como réplica, Bernal Díaz del Castillo escribiu a súa obra, Historia verdadera de la conquista de la Nueva España.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Historiador da literatura. Foi autor de edicións críticas e de artigos sobre novela pastoral e bizantina. Publicou Introdución á literatura medieval española (1953), Métrica española del siglo XX (1969), Notas sobre la espiritualidad española de los siglos de oro (1972), Lírica medieval española (1977), Tomás Moro y España: sus relaciones hasta el siglo XVIII (1980) e Panorama crítico sobre el poema del Cid (1982). Correspondente da Real Academias Española, é autor de edicións literarias como Poéticas castellanas de la Edad Media (1985) e colaborou en dous volumes do Século de Ouro da Historia y Crítica de la Literatura Española, que dirixiu Francisco Rico.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Propagandista e xornalista libertario. Coñecido como Alberto Martín ou José Marinero, emigrou a EE UU. Durante a década de 1920 destacou na defensa dos anarquistas italianos condenados a morte, Sacco e Vanzetti. Colaborou no voceiro sindicalista ferrolán La Lucha. Activo no movemento libertario estadounidense ata a súa morte, escribiu xunto con Federica Montseny e Vladimiro Muñoz Breve historia del anarquismo en Estados Unidos de América del Norte.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xornalista. Foi redactor xefe e xefe de informativos da Radio Autonómica Galega e coordinador de información en Radio Galicia de Santiago de Compostela. Foi galardoado co Premio Galicia de Xornalismo (1985) á mellor programación radiofónica.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escultor. Coñecido como Francés, formouse na Escola de Artes Plásticas e Deseño Mestre Mateo de Santiago de Compostela. As súas obras caracterízanse pola forza da materia e a sobriedade das formas. Traballou a madeira, o granito, o aceiro, o latón, a prata e o ouro.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xornalista e escritor. Coñecido como Francisco López Barxas, colaborou en diversos periódicos como La Voz de Galicia, El Correo Gallego, Diario 16, El Mundo e El Sol, e revistas como Ínsula, Quimera e Leer; ademais, elaborou guións para a TVG, Top People News e Yurital News. Docente na Universidad Menéndez Pelayo (1984) e na Complutense (1990 e 1993), foi director de Xornal Diario (1991-1992), xefe de prensa do Consorcio de Santiago (1993-1996) e xefe de gabinete da Consellería de Agricultura (1998-2000). En 2004 é xefe de informativos da TVG. Publicou Mazurca para Camilo José Cela (1986), En torno a Antonio Machado (1988), a edición de La Cartuja de Parma de Stendhal (1988), Zelos no ofenden al sol (1988), Antología de la poesía gallega última (1991), en colaboración con César A. Molina, Eugenio Granell (1999) e Ferrán Pérez Churruchao (2001). Como...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Delegado de El Norte de Castilla en Zamora e de Diario 16 de Galicia en Santiago de Compostela, foi responsable de prensa na Consellería de Política Territorial e Obras Públicas e na Consellería de Educación. É autor de O anano enredador (1992), Outros heroes (1993), Días de desterro (1996), A serea do deserto (1997), As aventuras das cores (1998), Catro pitas (2000) e Castiñeiro e compañía (2003). Recibiu o I Premio Novela Corta Ciudad de Alcorcón (1989).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. Decorou en 1520 a sala do colexio de Fonseca en Santiago de Compostela, baixo a dirección do mestre Fadrique. Nela predominou a estética renacentista, con frisos de azulexos esmaltados a imitación da decoración romana con follaxe e arabescos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Relixioso. Arcebispo (1772) e cardeal (1789) de Toledo, foi tamén arcebispo de México (1766). En Toledo, fomentou os estudios históricos e litúrxicos e traballou para a conservación do rito mozárabe, do que editou o Breviario. Renunciou ao arcebispado da cidade para quedar en Roma, despois de organizar o cónclave para a elección de Pío VII. Publicou o SS. PP. Toletanorum quotquot exstant opera (en tres volumes, 1782-1783).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Actor. Coñecido como Francis Lorenzo, comezou a súa actividade como actor no Centro Dramático Galego. En 1985 participou nalgunhas montaxes do Centro Dramático Nacional e a partir de 1990 participou en distintas series de televisión, das que destacaron Médico de familia e Compañeros. En cine traballou con directores como Antonio Drove, Jaime Chávarri e José Luis García Sánchez, e nos filmes Antártida (1995), El Florido pensil (2002) e El año del diluvio (2004).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político e médico. Licenciado en Medicina e Cirurxía, forma parte do PSOE dende 1979 e exerceu a medicina ata a súa elección como concelleiro do Concello da Coruña en 1983. Durante a súa carreira na corporación municipal xestionou as áreas de Educación, Cultura, Economía, Planificación e Urbanismo. Tras desempeñar os cargos de tenente de alcalde e portavoz do Goberno municipal, é alcalde da Coruña dende marzo do 2006, despois de que Francisco Vázquez fora nomeado embaixador no Vaticano. Losada renovou nas eleccións xerais de marzo do 2008 a súa acta de senador pola provincia da Coruña.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Relixioso. Foi bispo de Mondoñedo (1761-1779) e impulsou a reforma do seminario da diocese, que comezou coa construción dun novo edificio. Contou coa axuda económica de Xosé Martínez Arce, ex-arcediago de Trasancos, a cambio de abrir no seminario unha escola para nenos, e conseguiu tamén a incorporación dos estudios de filosofía e teoloxía.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Mosteiro situado en Louro (Muros). Fundado como eremitorio en 1223, co nome de Santa María de Rale, en 1432 converteuse en mosteiro. A súa orixe franciscana remóntase a finais do s XIV, pero despois da Desamortización de Mendizábal, o mosteiro quedou abandonado. Desde 1873 ata 1890 foi residencia dalgúns relixiosos e posteriormente acolleu unha escola e un convento regular. Desde a súa restauración a finais do s XIX, o edificio sufriu varias modificacións. Destacan o claustro, de trazo sobrio e elegante, e o atrio, rodeado por un muro e cunha fonte no medio. No exterior sobresaen o cruceiro e o púlpito, colocado xunto á portada. Desde a entrada do convento comeza un viacrucis, composto por quince pequenas torres que representan cada unha, unha escena da Paixón e que remata no cumio dun outeiro. Foi declarado Ben de Interese Cultural (BIC, 1970).
-
PERSOEIRO
Político neerlandés. Coñecido como Ruud Lubbers, foi membro do Katholieke Volkspartij (KVP) entre 1973 e 1997. Ministro de Facenda durante o goberno de Den Uyl (1973-1977), foi elixido presidente do grupo parlamentario dos democristiáns denominados Christen Democratisch Appèl (CDA), integrado polo antigo KVP e outros partidos confesionais en 1978. Primeiro ministro entre 1982 e 1993, foi nomeado alto comisionado da ONU para os refuxiados en 2001.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Museo Provincial de Lugo.
-
PERSOEIRO
Narrador, actor e director. Fundou e dirixiu o semanario Liceo Brigantino (1883-1884). Participou como director de escena na presentación do espectáculo A fonte do xuramento (1882), realizado polo Liceo Brigantino da Coruña sobre un texto de Francisco María de la Iglesia. Publicou Hojas sueltas (1885) e o poema “Queixas” (1899).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político guineano. Funcionario colonial desde 1944, foi vicepresidente do goberno autónomo (1964-1968) e presidente da República (1968-1979). En 1972 proclamouse presidente vitalicio pero foi derrocado polo seu sobriño, o coronel Teodoro Obiang.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político mexicano. Oposto á ditadura de Porfirio Díaz, fundou o Partido Nacional Antireeleccionista, que protagonizou a insurrección armada de 1910. Despois do triunfo da revolución, foi elixido presidente (1911) e enfrontouse con Zapata e Orozco. Traizoado por Victorino Huerta, foi asasinado.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Capitán. Foi un dos xefes da Revolta das Comunidades de Castela. Foi derrotado polas forzas reais de Carlos I na Batalla de Villalar, e decapitado.
VER O DETALLE DO TERMO