López Rodríguez, Francisco
Xornalista e escritor. Coñecido como Francisco López Barxas, colaborou en diversos periódicos como La Voz de Galicia, El Correo Gallego, Diario 16, El Mundo e El Sol, e revistas como Ínsula, Quimera e Leer; ademais, elaborou guións para a TVG, Top People News e Yurital News. Docente na Universidad Menéndez Pelayo (1984) e na Complutense (1990 e 1993), foi director de Xornal Diario (1991-1992), xefe de prensa do Consorcio de Santiago (1993-1996) e xefe de gabinete da Consellería de Agricultura (1998-2000). En 2004 é xefe de informativos da TVG. Publicou Mazurca para Camilo José Cela (1986), En torno a Antonio Machado (1988), a edición de La Cartuja de Parma de Stendhal (1988), Zelos no ofenden al sol (1988), Antología de la poesía gallega última (1991), en colaboración con César A. Molina, Eugenio Granell (1999) e Ferrán Pérez Churruchao (2001). Como narrador publicou Katy, a portuguesa (1995, gañadora do II Certame de Narrativa erótica Máquina de Vapor).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Ponte Barxas, Padrenda