"Das" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 542.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Museo inaugurado en 1983 e situado no claustro do antigo convento de San Domingos, en Betanzos. Pertence ao Consello Galego de Museos. Recolle pezas castrexas, romanas e medievais da zona e conta cunha sección histórica e outra antropolóxica. Alberga o Museo do Traxe Galego, con representacións de modelos de toda Galicia, unha zona dedicada a símbolos como a bandeira e documentos do goberno da Segunda República no exilio, unha importante colección cartográfica e restos dun museo escolar local, a colección Jiménez-Cossío e a sala Apostolado de Rubens, integrada por unha colección de táboas de Rubens ou da súa escola traídas a Betanzos polos fundadores do Hospital de Santo Antonio no s XVII.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Museo situado en Santiago de Compostela. Creado en 1951, foi aberto ao público definitivamente en 1996, coa montaxe e a exposición permanentes. Dependente da Xunta de Galicia e membro do Consello Galego de Museos, atópase na coñecida como Casa Gótica. Os seus obxectivos centráronse no estudo e ilustración da orixe do culto ao Apóstolo Santiago e do fenómeno das peregrinacións, así como en poñer de manifesto a súa relevancia relixiosa e cultural. Deste xeito, estuda as orixes da peregrinación e do culto xacobeo, a cidade e a catedral, os camiños e os ritos, a imaxe do Apóstolo na historia, os gremios e as tradicións artesanais compostelás, os gravados composteláns e os instrumentos do Pórtico da Gloria.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización das Nacións Unidas.
-
MONTES
Monte situado no SL da parroquia do Outeiro das Camoiras (Lugo). O seu cumio acada os 560 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Guitiriz baixo a advocación de san Vicenzo.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Ninfas mariñas, fillas de Nereo e de Doris. Eran 50 irmás, de gran beleza, que vivían co seu pai no fondo do mar, sentadas en tronos de ouro. Entre as máis coñecidas estaban Anfitrite, Tetis e Galatea.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Pequeno santuario situado na Capela, no concello homónimo. Construída durante o s XIII en estilo románico, sufriu varias reformas no s XIX, especialmente na fachada. Presenta planta rectangular de nave única e cuberta a dúas augas, con ábsida e sancristía. Os muros son de cachotaría, reforzados con pezas de cantaría nas esquinas. Destaca a torre campanario anexada ao pórtico, de planta rectangular, aberta ao exterior por catro arcos de medio punto e cuberta cunha cúpula de media laranxa. O día 5 de agosto celébrase unha romaría arredor do santuario.
-
IGREXAS
Igrexa parroquial situada nas Neves. De estilo barroco, data de 1668 e foi obra do arquitecto Melchor de Velasco Agüero e do canteiro Amaro do Campo. Ten planta de cruz latina e cuberta abovedada. Destaca a súa torre en forma piramidal graduada e o retablo barroco da capela maior.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Monforte de Lemos baixo a advocación de santo Estevo.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada nas Nogais. Construída no s XIII, conserva restos prerrománicos. Consta de nave de planta rectangular, ábsida realizada en estilo románico de transición cun tramo recto cuberto con bóveda de canón e testeiro redondo cuberto con bóveda de laranxa; capela na parte esquerda da nave, muros de cachotaría de lousa e cuberta a dúas augas. Destaca a portada sur, fachada principal do antigo templo cun arco triunfal peraltado, tripla arquivolta con doelaxe radial e saínte decorada con semicírculos e bólas nas esquinas, mochetas biseladas e outros adornos como estrelas de oito radios.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado no SL da parroquia da Portela do Trigal (Carballeda de Valdeorras). O seu cumio acada os 1.095 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Clasificación establecida pola Oficina de Estatística das Comunidades Europeas (1972) para dispoñer dun esquema único e coherente de clasificación territorial para a elaboración das estatísticas rexionais comunitarias co fin de harmonizar a recompilación, transmisión e publicación das estatísticas nacionais e comunitarias. É unha clasificación en tres niveis, en que os dous primeiros recollen a estrutura administrativa dos estados membros, e o terceiro, que é un nivel adicional, para delimitar territorios comparables economicamente. Desde 1998 utilízase na lexislación comunitaria dos Fondos Estruturais.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome con que foi coñecido ata 1980 o estado de Vanuatu.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cada un dos enzimas que rompen o enlace entre a pentosa e a base nos nucleósidos. Poden hidrolizar tanto os nucleósidos pirimídicos, máis resistentes, como os nucleósidos púricos.
-
PERSOEIRO
Poeta italiano. Coñecido como Tifi Odasi, está considerado o pai da poesía macarrónica. Escribiu o poema Macharonea en 1490, que se imprimiu pouco tempo despois da súa morte.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Michele di Bartolomeo degli Odasi.
-
Oficina de Socorros e Traballo das Nacións Unidas para os Refuxiados de Palestina no Próximo OrienteVER O DETALLE DO TERMO
Organismo internacional creado pola Organización das Nacións Unidas en 1949 coa finalidade de axudar os refuxiados vítimas do conflito árabe-israelí de 1948. Con sede en ’Ammān e Gaza, estendeu a súa acción a Xordania, Líbano, Siria e aos territorios ocupados de Cisxordania e Gaza.
-
VER O DETALLE DO TERMO
A través dos comentarios doutros.
-
VER O DETALLE DO TERMO
de oídas.