Nogais, Santo André das

Nogais, Santo André das

Igrexa parroquial situada nas Nogais. Construída no s XIII, conserva restos prerrománicos. Consta de nave de planta rectangular, ábsida realizada en estilo románico de transición cun tramo recto cuberto con bóveda de canón e testeiro redondo cuberto con bóveda de laranxa; capela na parte esquerda da nave, muros de cachotaría de lousa e cuberta a dúas augas. Destaca a portada sur, fachada principal do antigo templo cun arco triunfal peraltado, tripla arquivolta con doelaxe radial e saínte decorada con semicírculos e bólas nas esquinas, mochetas biseladas e outros adornos como estrelas de oito radios.