"EGU" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 415.

  • PERSOEIRO

    Dirixente obreiro. Coñecido como o Noi del Sucre, impulsou a creación de Solidaritat Obrera e da organización dun congreso (1908) do que xurdiu a Federació Regional Obrera Catalana. Apoiou a alianza entre UGT e CNT, da que foi elixido secretario xeral (1918). Mediou na folga obreira coñecida como La Canadenca e defendeu a creación dun partido obreiro de ámbito catalán, apoiado por F. Macià e F. Layret, que lle valeu as antipatías dos anarquistas e da Federació Patronal. Ao iniciarse a etapa de violenta represión de Martínez Anido, os tres foron asasinados.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Estrofa que presenta dous tipos fundamentais: un formado por catro versos heptasílabos e pentasílabos alternados, con esquema 7a 5b 7c 5b; e o outro, de sete versos, que engade tres aos anteriores e que riman segundo o esquema 5d 7e 5d.

    2. Canción popular española de carácter alegre e vivo que se acompaña de guitarra e castañolas ou baile que corresponde a este canto, variante máis rápida ca o bolero, escrita en compás ternario 3/4 e 3/8. Iníciase cun preludio instrumental e un interludio chamado falsete que separa as diferentes estrofas. As máis características son as orixinarias de Castela-A Mancha, Murcia, Sevilla e València.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de seguir.

    2. Que vai un xusto detrás doutro ou consecutivos.

    3. Continuo ou sen intervalos de tempo ou lugar.

    4. Sen cambiar de dirección ou de camiño.

    5. De xeito continuo ou a miúdo.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Que o quen segue ou persegue algo ou a alguén.

      2. Que ou quen continua algo que outro comezou ou fixo anteriormente.

      3. Que ou quen actúa ou pensa seguindo a doutrina, as ideas ou a conduta propias doutra persoa ou entidade.

      1. seguidor catódico/de cátodo

        Circuíto especial provisto dun tubo electrónico, xeralmente un tríodo, montado co ánodo conectado en masa e empregado como adaptador de impedancias.

      2. seguidor de emisor

        Circuíto especial que consiste nun transistor conectado en colector común, empregado en certos casos como adaptador de impedancias.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de seguir ou de perseguir algo ou a alguén.

    2. Radar cunha antena que se orienta automaticamente cara ao obxecto do que se quere coñecer os seus movementos.

    3. Operación que permite determinar a órbita, velocidade e posición dun obxecto no espazo, grazas a un sistema de localización por radio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Pantón baixo a advocación de santo André.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Enxeñeiro francés. Membro da Académie des Sciences, adaptou a caldeira tubular á locomotora de vapor (1827), que patentou en 1828, e que foi o sistema empregado por Stephenson na locomotora “The Rocket”. Construíu a primeira liña ferroviaria francesa, a Lyon-Saint Étienne.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Bispo de Ourense (1157). Foi conselleiro e confesor de Afonso VII e Fernando II, que lle concedeu o dominio da cidade de Ourense. Durante o seu bispado fundou o convento cisterciense de San Miguel de Bóveda e a colexiata de Santa María de Xunqueira de Ambía (1164).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen vai detrás ou inmediatamente despois doutro.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Ir detrás dunha persoa, animal ou cousa.

    2. Acompañar ou ir con alguén.

    3. Continuar ou volver comezar.

    4. Dirixirse ou ir por un lugar.

    5. Ter ou tomar algo ou a alguén como modelo, referencia ou guía.

    6. Comprender algo ou a alguén que se observa ou escoita.

    7. Presenciar ou ver.

    8. Manterse informado sobre algo ou alguén que interesa.

    9. Adaptar os movementos a algo.

    10. Acompañar coa ollada os movementos de alguén ou dalgunha cousa.

    11. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Nos motores de explosión, segunda marcha ou velocidade.

    2. Intervalo entre dúas notas consecutivas da escala ou segundo grao na escala diatónica.

    3. Categoría baixa ou inferior á primeira.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sistema montañoso que forma o límite entre o concello da Veiga e a provincia de Zamora. Está formado por bloques fracturados e elevados, resultado da intensa erosión e a posterior incisión fluvial, que quedaron marcados polo glaciarismo cuaternario. Acada os 1.492 m no alto do Torno.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. De acordo con ou desde o punto de vista de.

    2. Do mesmo modo que, tal e como.

    3. A medida que ou ao mesmo tempo que.

    4. Tan pronto como.

    5. En proporción ou correspondencia a.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ocupa o lugar número dous nunha serie.

    2. Que se corresponde a cada unha das dúas partes iguais en que se divide un todo.

    3. Que ten menos importancia ou é de prezo inferior.

    4. Que é de máis importancia ou superioridade, con respecto a un primeiro grao elemental.

    5. Unidade de tempo do Sistema Internacional (SI). En 1967 a XIII Conferencia Xeral de Pesos e Medidas (CGPM) definiuno como a duración de 9.192.631.770 períodos da radiación correspondente á transición entre os dous niveis hiperfinos do estado fundamental do átomo de cesio-133. O seu símbolo é s.

    6. Período moi breve de tempo.

    7. Unidade de medición de ángulos. Segundo que a división da circunferencia sexa a sesaxesimal ou a centesimal, o segundo correspondente denomínase sesaxesimal (símbolo: ´´) ou centesimal (símbolo: “).

    8. En segundo lugar.

    9. Unidade angular que equivale á sesaxésima parte dun minuto angular, é dicir, a 15 segundos sesaxesimais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista de tendencia fascista publicada en Pontevedra a partir de abril de 1938. Fundada e dirixida por Anxo L. Franco, subtitulouse “Revista trimestral literaria e ilustrada”.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Soldado. Martirizado en Asti (Piemonte) cara a 134, ao ser visto levándolle a comuñón a san Marciano. A súa festividade celébrase o 29 de marzo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo que procede do latín Secundus ‘segundo fillo nacido’, ou dun nome augural, xa que secundus tamén significa ‘propicio, favorable’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen naceu en segundo lugar, despois do fillo primoxénito.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Condición de segundoxénito.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río do SL da Península Ibérica, que desemboca directamente no Mediterráneo. Nace en Jaén, a uns 1.700 m de altitude, no Parque Natural Sierra de Cazorla, Segura y las Villas, en Santiago-Pontones, e chega a Guardamar del Segura despois de atravesar Murcia e Alacant. Ten unha lonxitude de 341 km e unha conca de 16.079 km. A súa cabeceira remata na gorxa de Cieza, e a partir de aquí, en Ricote, o río circula por un val máis amplo que desemboca na chaira de Murcia, de onde chega a Oriola e, de alí, ao Mediterráneo. A cabeceira recibe as precipitacións invernais, de orixe atlántica. O seu caudal utilízase para o rego das hortas de Murcia e de Oriola. Os principais afluentes son o Mundo, o Guadalentín e o Reguerón.

    VER O DETALLE DO TERMO