"Ende" (Contén)

Mostrando 19 resultados de 379.

      1. Sistema filosófico kantiano cuxo obxecto e método é de carácter transcendental.

      2. Designación que reciben certos aspectos do idealismo poskantiano como por a filosofía do espírito de Schelling (denominada por el mesmo transcendental).

      1. Movemento estadounidense, representado polo Transcendental Club of Boston, que se fundou en 1836 e se caracterizou por un espiritualismo antimaterialista e un intuicionismo de carácter relixioso.

      2. Tendencia ás divagacións abstractas, místicas ou sobrenaturais que menosprezan as mínimas esixencias da comprobación empírica.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao transcendentalismo.

    2. Partidario do transcendentalismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que transcende.

    2. Que posúe unha grande importancia polo efecto que pode producir.

      1. Relativo ou pertencente á transcendencia.

      2. Que excede os límites do coñecemento humano.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Ser coñecida algunha cousa fóra do seu ámbito habitual.

    2. Exercer algunha cousa unha importante repercursión ou influencia fóra do seu ámbito orixinal.

    3. Sobrepasar os límites de algo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FILOSOFOS

    Filósofo alemán. Discípulo de Hegel, reaccionou contra o idealismo e contra o método dialéctico defendido por aquel. Inspirándose na idea aristotélica da finalidade cósmica, elaborou un sistema propio, que expuxo en Logische Untersuchungen (Investigacións lóxicas, 1840), segundo o que, tanto o mundo como a sociedade son organismos e funcionan como tales. Moitos dos seus traballos foron recollidos en Historische Beiträge zur Philosophie (Contribución histórica á filosofía, 1847-1867).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello da Baña baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Partido que xurdiu en 1966 da escisión da Frente Nacional de Libertação de Angola (FNLA) como un organismo armado destinado á loita contra o colonialismo portugués en Angola. Despois da independencia do país, pasou a facer oposición armada ao Movimento Popular de Libertação de Angola (MPLA). Liderado por Jonas Malheiro Savimbi, á súa morte (2002) abandonou a loita armada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xurista e político. Catedrático de Dereito na Universidade de Santiago de Compostela, foi director de Diario de Galicia e El Ideal Gallego. Gobernador civil de Lugo (1923-1930), fundou a Federación Católica Agraria e presidiu a Unión Regional de Federaciones Católicas Agrarias. Escribiu Orientaciones Regionalistas (1918).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Trobador portugués. Pertencente ás familias dos Pimentel e Resende, participou na vida da corte dos reis don Denís e Afonso IV. Polos seus casamentos tamén estivo relacionado con destacadas familias da época, os Moedeiros de Braga e os Azevedo. Segundo diversas informacións foi vasalo de Afonso Sanchez, fillo bastardo de don Denís, e formou parte das tropas deste monarca na guerra civil de 1319-1324. Da súa autoría só se conserva parte da tenzón “Vaasco Martiiz, pois vos traballades”, mantida co mesmo Afonso Sanchez.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ou quen vende.

    2. Que ten aptitudes para vender algo facilmente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DEPARTAMENTOS

    Departamento do País do Loira, Francia, (6.720 km2; 539.664 h [1999]). A capital é La Roche-sur-Yon.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Insurrección contrarrevolucionaria iniciada en Vendée en 1793. O movemento aglutinou labregos, burgueses e aristócratas realistas, e foi incitado polos sermóns dos capeláns refractarios. Os insurrectos venceron en Châtillon-sur-Sèvres e en Vihiers, pero foron derrotados en Nantes, Graville, Angers, Le Mans e Savenay. Aínda que rebrotou varias veces en anos sucesivos, en 1800 foi pacificada definitivamente por Napoleón I Bonaparte.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Ofrecer ou dar algo a cambio de diñeiro.

    2. Convencer a alguén dunha idea na que se ten interese para o beneficio propio.

    3. Traizoar a alguén.

    4. Ter algo unha boa acollida.

    5. Abandonar alguén as súas convicións por diñeiro ou outro proveito material.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • inganza dun asasinato mediante outro asasinato.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Amsterdam 2.2.1903 Zúric 12.1.1996) Matemático. Foi un dos pioneiros da xeometría alxébrica (Moderne Algebra, 1931).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Director cinematográfico alemán. Membro da escola de Múnic, interesouse pola perda de identidade e polos ambientes marxinados. Da súa filmografía destacan Paris, Texas (1984, premiada en Cannes), Der Himmel über Berlin (O ceo sobre Berlín, 1987, premiada en Cannes), Buena Vista Social Club (1999) e The Million Dollar Hotel (2000, Silberner Bär).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Londres 1688 - Roma 1766) Pretendente á coroa británica, fillo de Xaime II de Inglaterra e da súa segunda muller, María de Módena. A Revolución de 1688 obrigou a súa familia a exiliarse. Foi excluí­do do trono británico pola Act of Settlement (1701) e, pese á axuda de Luís XIV de Francia e dos seus partidarios en Escocia, a súa posición política debilitouse rapidamente a causa das súas convicións católicas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello da Lama baixo a advocación de san Paulo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Romaría que se celebra o domingo da Trindade en Xende (A Lama) ao redor dunha igrexa construída coas esmolas dos romeiros. Celébrase unha procesión de mortallas baleiras que levan na cabeza os romeiros, que ás veces van acompañados da persoa por quen se fixo a ofrenda.

    VER O DETALLE DO TERMO