"GR" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3341.

  • CIDADES

    Cidade da oblast´ de Tashkent (Uzbekistán) á beira do Akhangaran (132.000 h [1993]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Movemento artístico inglés (‘mozos coléricos’) que inclúe críticos, poetas, novelistas, dramaturgos e cineastas. Expresaron os seus propósitos na Declaration (1957), na que contribuíron Lindsay Anderson, Kenneth Tynan, Stuart Holdroyd, John Osborne, Doris Lessing, Colin Wilson, Bill Hopkins e John Wain. Reaccionaron contra formas de expresión formalistas e afastadas da realidade; propuxeron investigar esta realidade e atacar o xeito de vida e as institucións inglesas. O movemento é moi ecléctico. Nel participan novelistas como Kingsley Amis ou Alan Sillitoe, dramaturgos como Arnold Wesker ou John Arden, directores de cine como Tony Richardson ou Karel Reisz, entre outros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Edificio neoclásico situado no centro urbano de Santiago de Compostela trazado por Miguel Ferro Caaveiro e López Freire para a Confraría das Ánimas (1800). Resolto cunha planta de salón, presenta unha sucesión de capelas laterais unidas por arcos e sobre elas, unha balconada corrida ao longo de toda a nave. No interior consérvanse uns baixorrelevos policromados que representan a Paixón de Cristo, obra de Manuel de Prado, e un Vía Crucis xigante. A fachada é obra de Ventura Rodríguez.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista bimensual francesa de xeografía. Creada por P. Vidal de la Blache (1891), recolle reseñas, notas bibliográficas, crónicas e artigos especializados en todos os terreos da xeografía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Libro que ten as follas escritas ou impresas dunha soa cara.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Adro ou pórtico que se atopa diante da igrexa.

    2. Nome que reciben antigas igrexas parroquiais en vilas de Castela e Euskadi.

    3. Distrito ou entidade territorrial (parroquia) onde rexen os foros e as leis especiais de Bizkaia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que impide a agregación.

    2. Substancia que impide a agregabilidade das plaquetas. Reduce o risco de padecer doenzas arteriais obturadoras.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Determinación da sensibilidade aos antibióticos, que se aplica no estudo das bacterias e, ás veces, dos fungos. As técnicas máis empregadas baséanse en sementar sobre un medio sólido o microorganismo a estudiar; incorpóraselle o antibiótico, que impregna un pequeno disco de papel e, posteriormente, mídese a súa proliferación en torno ao disco de papel.

    2. Sensibilidade dos fungos, bacterias, etc, á acción dalgúns quimioterapéuticos (sulfamidas, nitrofurantoína, etc).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Maxistrado que, na antiga Atenas, se ocupaba da inspección das finanzas do estado, fiscalizando os recadadores de impostos, as contas do senado e os investimentos do tesouro público.

    2. Reclamación xurídico-procesal que, na Grecia antiga, servía para entorpecer a acción dos promotores dun preito ou dun proceso.

    3. Na Idade Media, chanceler, escribán ou notario.

    4. Copia manuscrita.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que actúa contra as gramíneas.

    2. Produto fitotóxico especialmente activo contra as gramíneas. En doses elevadas actúa como un herbicida e afecta tamén ás dicotiledóneas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Efecto dun sistema capaz de anular a forza dun campo gravitatorio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fenómeno hipotético de natureza similar á gravitación, pero de efecto contrario, que xurdiría da suposta existencia -aínda que non comprobada na práctica- de masas negativas e daría lugar a unha repulsión mutua entre os corpos de masa positiva e os de masa negativa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que serve para previr a gripe ou para combater os seus síntomas.

      1. tratamento antigripal

        Os medicamentos que hai actualmente no mercado actúan para paliar ou diminuír os síntomas da gripe: calafríos, febre, dor de cabeza e muscular, irritación das vías respiratorias, fatiga, etc, e permitir que o paciente poida continuar facendo vida normal mentres a infección non desaparece. O tratamento habitual nos casos leves é o repouso na cama nun cuarto temperado e con boa ventilación. Para aliviar as dores e reducir a febre poden administrarse analxésicos e en casos máis graves utilízanse antibióticos para combater as infeccións bacterianas secundarias.

      2. vacina antigripal

        Tipo de vacina que contén cepas mortas dos virus da gripe tipos A e B máis frecuentes. Ofrece tan só entre un 60% e un 70% de protección e ademais a inmunidade que se adquire é de curta duración, o que fai necesario efectuar unha nova vacinación cada ano, xusto antes de comezar a tempada de gripe. A vacina antrigripal recoméndase soamente a anciáns e persoas que padecen enfermidades respiratorias ou circulatorias e aqueloutras que están frecuentemente expostas ao seu contaxio (grupos de risco).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dise dos dispositivos ou procedementos empregados na minería para evitar a inflamación do grisú.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta e dramaturgo ruso. As súas obras describen a realidade soviética e glorifican epicamente os heroes do pobo. A súa principal obra como dramaturgo é Skalov, onde recrea a vida dun dos mellores aviadores soviéticos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estudio descritivo das diferencias biolóxicas entre individuos e razas humanas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parte da xeografía xeral que estudia a distribución das etnias e dos pobos sobre a terra e as súas actividades, lingua, cultura e organización.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Técnica de diagnose que consiste na exploración radiográfica das cavidades cardíacas e dos grandes vasos sanguíneos despois da introdución dunha substancia opaca de contraste cos raios X por medio dun cateterismo na arteria pulmonar, na aorta ou nun compartimento cardíaco.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estudio radiográfico dos vasos do organismo practicado despois da inxección dunha substancia opaca aos raios X. A técnica varía dependendo de se se trata do estudo das arterias (arteriografía), as veas (flebografía) ou o sistema linfático (linfografía). A anxiografía de substracción dixital é unha nova técnica arteriográfica na que mediante a axuda dun ordenador elimínanse as imaxes dos tecidos que envolven os vasos, o que permite unha visión bastante máis nítida.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor austríaco. De orixe modesta, o éxito de De Pfarrer von Kirchfeld (O Rector de Kirchfeld, 1870) permítelle entregarse ao teatro. Destaca na súa produción a novela Der Sternsteinhof (A facenda de Sternstein, 1885) que, como o resto da súa obra, desenvolve unha temática rural de intencións didácticas.

    VER O DETALLE DO TERMO