antigripal
(
-
adx
Que serve para previr a gripe ou para combater os seus síntomas.
-
[MED]
-
tratamento antigripal
Os medicamentos que hai actualmente no mercado actúan para paliar ou diminuír os síntomas da gripe: calafríos, febre, dor de cabeza e muscular, irritación das vías respiratorias, fatiga, etc, e permitir que o paciente poida continuar facendo vida normal mentres a infección non desaparece. O tratamento habitual nos casos leves é o repouso na cama nun cuarto temperado e con boa ventilación. Para aliviar as dores e reducir a febre poden administrarse analxésicos e en casos máis graves utilízanse antibióticos para combater as infeccións bacterianas secundarias.
-
vacina antigripal
Tipo de vacina que contén cepas mortas dos virus da gripe tipos A e B máis frecuentes. Ofrece tan só entre un 60% e un 70% de protección e ademais a inmunidade que se adquire é de curta duración, o que fai necesario efectuar unha nova vacinación cada ano, xusto antes de comezar a tempada de gripe. A vacina antrigripal recoméndase soamente a anciáns e persoas que padecen enfermidades respiratorias ou circulatorias e aqueloutras que están frecuentemente expostas ao seu contaxio (grupos de risco).
-
tratamento antigripal