Antigua Guatemala
ou Antigua Capital do departamento de Sacatepéquez, Guatemala, á beira do río Pensativo (15.801 h [1981]), rodeada ao S e ao O polo volcán Agus (3.752 m), Fuego (3.835 m) e Acatenango (3.959 m). Presenta un notable desenvolvemento comercial (café, cana de azucre), industrial (téxtil, conservas, licores, etc) e destaca como un importante centro turístico. Fundada en 1542, foi a capital de Guatemala dende a súa fundación ata 1773. Durante eses anos acadou unha alta poboación (aproximadamente 66.000 h a mediados do s XVIII) e chegou a ser unha das máis importantes da América española. Contén un rico conxunto arquitectónico barroco colonial (Universidad de San Carlos de 1676, igrexa de San Pedro e a catedral), declarado pola UNESCO ben cultural da humanidade en 1979.