"Gad" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 472.

  • CAPITAIS

    Capital de Burkina Faso e da provincia de Kadiogo, situada no centro do país (690.000 h [1993]). A industria está pouco desenvolvida, conta con fábricas eléctricas, de tecidos de algodón e de vidro. É dunha grande importancia a liña férrea que vai da capital ata Abidjan, porto de Costa de Marfil. Ten aeroporto internacional e unha universidade que se fundou en 1974.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xornalista e crítico da arte. Autor de biografías de pintores e escultores galegos, das que destacan as realizadas para a colección Artistas galegos pintores. Escribiu Plástica Gallega (1981), Pintores gallegos del novecientos (1981), O mar na pintura e na poesía galegas (2002) e La pintura en Galicia (2003). Ademais prologou numerosos catálogos de exposicións e realizou os da Colección Caixanova (1993-1999) e do Museo Municipal Quiñones de León (1995). Colaborou en Atlántico Diario e La Voz de Galicia, traballou tamén na sección de cultura de Faro de Vigo. Foi finalista do Premio Nadal en 1958 coa novela Desbandada. Pertence á Real Academia Gallega de Bellas Artes Nuestra Señora del Rosario e recibiu o Premio Nacional de Periodismo Ángel Mª de Pablos (1993).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade da illa de Mindanao, Filipinas, situada na beira da baía Illana (106.000 h [1990]).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que se debe pagar, xeralmente nun período de tempo determinado.

    2. Que se pode pagar facilmente.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ou quen paga.

    2. Persoa que se encarga como actividade profesional de efectuar os pagos dunha empresa, unha entidade ou unha persoa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Establecemento ou oficina onde se realizan os pagamentos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Palla mesturada con herba, especialmente a miúda que queda na leira despois da sega.

    2. Mestura de cousas que valen pouco.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antiga cidade de Irán meridional situada a 131 km de Shīrāz. Habitada nos milenios IV e II a C, non adquiriu importancia ata que Ciro II de Persia (559-529 a C) a converteu na súa capital. Coa fundación de Persépolis por Darío I (421-486 a C), comezou a decaer. Consérvase a tumba de Ciro, o palacio das audiencias, o plano do palacio real e o denominado trono de Salomón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PRAIAS

    Praia situada na parroquia de Caleiro (Vilanova de Arousa).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Sinal que deixa no chan o pé ao pisar.

    2. Sinal, marca ou vestixio que queda como testemuño, despois dun proceso, acontecemento ou acción.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Golpe dado co peito.

    2. Golpe dado no peito.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Golpe dado coa pértega.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor. Estudou maxisterio en Pontevedra, onde coñeceu a Castelao, C. Maside e A. Souto, relacionouse coas Irmandades da Fala, simpatizou co Partido Galeguista e colaborou con A Nosa Terra. Asistiu a clases de debuxo na Escola de Artes e Oficios de Vigo como preparación para o seu ingreso na Escuela de Bellas Artes de San Fernando, pero co inicio da Guerra Civil foi mobilizado. Quedoulle inutilizado o brazo dereito, feito que condicionou a súa pintura, xa que tivo que aprender a pintar e debuxar coa esquerda. As súas primeiras obras amosan un certo primitivismo con formas angulosas e arredondadas e cores puras (Nos labores do campo, 1940); posteriormente comezaron a reflectir as paisaxes e os homes dos lugares onde viviu (Vilagarcía de Arousa e a parroquia de Lantaño, en Portas), ademais de escenas festivas e costumistas. A partir de 1943 a pincelada fíxose máis pequena e uniforme, e as cores tornáronse máis escuras. Destacan O carro (1946?), Pescantina...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Medida de lonxitude de valor variable segundo os países ou as localidades. Corresponde aproximadamente á amplitude dun polgar.

    2. Unidade de lonxitude utilizada nos países anglosaxóns, igual a 1/36 da iarda ou 1/12 do pé. Represéntase por in e equivale a 25,4 mm. Para superficies e volumes emprégase, respectivamente, a polgada cadrada (6,451 cm 2 ) e a polgada cúbica (16,387 cm 3 ).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital da Ilha dos Açores, situada na costa meridional da illa de São Miguel (21.091 h [2001]). É unha importante base naval.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de pregar.

    2. Acción de pregar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen prega.

    VER O DETALLE DO TERMO