"García" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 414.
-
GALICIA
Xurista e político. Estudou dereito na Universidade de Santiago de Compostela. Foi vicepresidente da Cámara de Comercio, alcalde de Vigo (1903-1904) e presidente do Partido Liberal vigués. Fundou o xornal Heraldo de Vigo (1912-1914) e foi deputado polo distrito de Muros (1916-1919) e pola provincia de Toledo (1923).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Sindicalista. De ideoloxía republicano-federal, colaborou na organización da Federación Local de Sociedades Obreras de Santiago de Compostela, durante a década de 1920. Amante do teatro e da poesía social, participou na fundación do grupo teatral Brisas Futuras estreando a obra de X. San Luis Romero, O Fidalgo (1918). Colaborou na prensa obreira e progresista compostelá, particularmente en La Lucha Social. Ocupou a secretaría do Centro Republicano Federal de Izquierda Gallega.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Investigador de cinematografía. Vinculado ao mundo da fotografía e do cine, realizou estudos de arquitectura e, desde a década de 1970, colabora con diversas publicacións nacionais e internacionais de cinematografía. Entre 1976 e 1987 foi responsable da programación na Filmoteca Española, centro que dirixe desde 1988. Responsable do establecemento de sedes especializadas para as distintas funcións deste centro, a exhibición no cine Doré, a conservación na Ciudad de la Imagen e a administración e documentación no Palacio de Pelares, tamén colabora cos equipos directivos de diversos certames cinematográficos.
VER O DETALLE DO TERMO
En 2015 recibiu o premio Fénix pola Contribución á Cultura Cinematográfica de Iberoamérica. -
GALICIA
Médico. Doutor en Medicina pola Universidade de Santiago de Compostela, especializouse en microbioloxía e parasitoloxía. Catedrático e xefe do servizo de Microbioloxía do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago, ten numerosas publicacións no eido da microbioloxía. Académico numerario da Real Academia de Medicina y Cirugía de Galicia, recibiu, entre outros, o Premio Barrié de la Maza (1986).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritor e crítico literario. Profesor de literatura española na Universidade de Santiago de Compostela e fundador da primeira Sociedad Filarmónica Compostelana, participou en diversos parladoiros literarios, como o do Café Español. Influído polo modernismo e polas lecturas de Góngora, Lope de Vega, Garcilaso de la Vega e Quevedo, foi autor de numerosas poesías e artigos de crítica musical e teatral.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta e cronista portugués. Ao servizo dos reis D. João II, do que foi secretario privado, D. Manuel, a quen acompañou a Castela, e de D. João III, foi un dos personaxes máis notables do Renacemento no seu país e destacou nos campos da literatura, da arquitectura, da música e da historia. Recompilou o Cancioneiro Geral (1516), a súa achega máis importante, unha escolma que recolle a obra de 286 poetas da segunda metade do s XV e principios do s XVI. Tamén escribiu unha Miscelânea (1554), versificada, en que recolle algúns dos acontecementos históricos máis importantes da época; as Trovas à morte de D. Inês de Castro, en que eloxia por primeira vez a figura histórica da nobre galega; Vida e Feitos de D. João II, un panexírico do monarca; e outros documentos máis breves como a Entrada del-Rei D. Manuel em Castela, Ida da Infanta D. Beatriz para Saboia e Tresladação do Corpo del-Rei D. João II.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Cabaleiro. Deu nome, xunto coa ponte sobre o Eume, ao concello das Pontes de García Rodríguez, despois de que Enrique II de Castela lle concedera, en 1376, o señorío do concello, no que construíu un castelo xa desaparecido. Posteriormente recibiu tamén o señorío de Santa Cruz e San Xurxo de Moeche.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Actor. Iniciou a súa andaina no mundo do teatro e participou, coa Escola Dramática Galega, en O folión, de M. Lourenzo; e coa Compañía Luís Seoane en A casa das tres lúas (1981), de R. Otero Pedrayo, e A noite dourada de Mimi da Cora (1982), de M. Lourenzo. Neses anos decidiu marchar a Barcelona, onde perfeccionou a súa formación como actor, e logo a Madrid, onde alternou diversos traballos no cine, no teatro e na televisión. Colaborador-director de Héctor Carré nas súas curtametraxes A sorte cambia (1991) e Coitadiños (1992), protagonizou o filme Dáme lume (1993) e participou nas producións Un parell d’ous (1984), Mi hermano del alma (1994) e Hasta aquí hemos llegado! (2002).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xornalista e escritor. Coñecido como Lois Caeiro, dirixe o diario El Progreso de Lugo desde decembro de 2000. Doutorado en Ciencias da Información pola Universidad Complutense de Madrid, da que é profesor colaborador no departamento de Empresa Informativa, iniciou o seu labor xornalístico en El Ideal Gallego como colaborador, correspondente e cronista político en Madrid nos anos da transición, e foi colaborador no suplemento cultural en Ya. Posteriormente, exerceu como cronista político en Galicia (1980-1982), labor que compatibilizou coa de correspondente de axencias e medios de comunicación como ABC. Foi responsable da posta en marcha dos informativos da TVG e director xeral da CRTVG (1986-1987). Primeiro director (1987-1988) de Atlántico Diario, foi tamén asesor de prensa da Delegación do Goberno en Galicia, da Confederación de Empresarios e da Xunta de Galicia, e dos gabinetes de Pescanova e Caixa Ourense. Membro do consello de administración...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Mestre. Realizou estudos de maxisterio en Santiago de Compostela e comezou na docencia en 1890 na mesma cidade. En 1895 fundou a Revista de Ciencias Pedagógicas, baixo o patrocinio da Real Sociedad Económica de Amigos del País de Santiago e, en 1908, trasladouse a Madrid, onde continuou a desenvolver a súa actividade profesional. Foi un dos impulsores do asociacionismo do maxisterio, destacando o seu labor na Asociación Provincial do Maxisterio da Coruña e como presidente da Asociación Nacional de Maestros a partir de 1914. Desde 1921 dirixiu a publicación La Escuela Moderna. É autor dunha extensa obra psicopedagóxica e didáctica, con libros de texto, compendios e tratados para o uso nas escolas primarias e nas escolas normais. Das súas obras destacan Monografías de Ciencias Pedagógicas (1896), Metodología didáctica general (1897), Preliminares de una teoría de la educación intelectual (1903), La Nueva pedagogía (1906), Bases psicofisiológicas...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritor. Especialista en economía pesqueira galega, colaborou en diversas publicacións periódicas, como Chan, El Ideal Gallego, La Noche e La Voz de Galicia. É autor de Pseudopoesía a la Costa de la Muerte (1978), Xogos infantiles de Galicia (1979), a traxedia teatral O patriarca (1980), La pesca de bajura en Galicia (1981), a novela Barlovento (1992), dotada de trazos realistas e costumistas, A revolución tecnolóxica na industria salgadeira de Galicia (1991) e Una industria salazonera catalá en Galicia, origen, apogeo y ocaso: la familia Romaní (1998).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Médico e escritor. Doutor en Medicina pola Universidad Complutense de Madrid, colaborou en diversas publicacións médicas e noutras publicacións. Escribiu Vivencias galaicas (1967).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Eclesiástico. Ordenado presbítero en 1949, foi bispo de San Cristóbal de las Casas (Chiapas) entre 1959 e 2000. Defensor dos pobos indíxenas, dos pobres e marxinados, actuou como mediador entre os zapatistas e o goberno mexicano (1994). Recibiu, entre outros galardóns, o Premio Internacional Simón Bolívar (2000).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xurista. De ideas conservadoras, foi presidente da Deputación Provincial de Pontevedra (1915-1917), redactor do Diario de Pontevedra e decano do Colexio de Avogados. Escribiu Notas para reformar las leyes provincial, municipal y del sufragio (1899) e Notas para los senadores y diputados de la región gallega (1918).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Política e filóloga. Catedrática de Lingua e Literatura Española e inspectora de Educación, foi directora xeral de Ensino Medio e conselleira de Educación da Xunta de Galicia. Foi senadora (1986-1989) e desde 1989 deputada no Congreso de los Diputados polo PP.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xornalista e político. Desde 1991 foi profesor de estrutura económica na Universidade da Coruña. Secretario xeral de Comunicación da Xunta de Galicia (desde 2005), foi cronista do Congreso de los Diputados (1976-1980), deputado polo PSdeG-PSOE no Parlamento de Galicia (1989-1994), conselleiro de Economía e Facenda (1987-1990) e secretario xeral da Fundación Galicia-Europa (1988-1990). O seu labor xornalístico desenvolveuse fundamental- mente en Mundo Obrero, La Voz de Galicia -redactor e xefe da sección de Economía (1981-1987) e fundador e coordinador dos suplementos “Economía y consumo” e “Europa”- e en El Progreso, que dirixiu entre 1994 e 2000. Ademais foi delegado da Corporación Voz de Galicia en Lugo. Publicou El Estatuto de Galicia (1976), Cuadernos Galicia-CEE. Sector lácteo (1986), en colaboración con Xaime García e Xosé Colino, Lorenzo Varela: crónica dunha vida atormentada (1995) e Jalisco (2001). Recibiu o Premio...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Fotógrafo. Formado nos estudios de Amador (1895) e de M. Company (1897), destacou pola súa capacidade para conseguir imaxes insólitas. Como retratista abriu un estudo (1910) onde inmortalizou literatos, pensadores, políticos ou toureiros, pero tamén a vida cotiá de Madrid e os feitos que marcaron a historia do país como o asasinato de Canalejas (1912), o voo do “Plus Ultra” (1930) ou a proclamación da República (1934).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Inspector de traballo. Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, foi membro do Corpo Superior de Inspectores de Traballo e Seguridade Social de Pontevedra. Posteriormente, foi subdirector de Organización e Recursos Humanos en Construciones Aeronáuticas SA (CASA) entre 1988 e 1991, ano en que foi elixido presidente do Consello Galego de Relacións Laborais. En 1997 foi nomeado director de Organización e Recursos Humanos de Leyma-RAM, ata que en 2000 accedeu á xefatura da Inspección Provincial de Traballo e Seguridade Social da Coruña. En 2005 foi nomeado director xeral da Compañía de Radio Televisión de Galicia.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritora. Especializada en literatura infantil, recibiu o Premio Merlín 1990 por Fafarrios (1991). Da súa obra, onde xoga coa palabra e cos conceptos que representan, destacan Rimas con letras (1991), Bichos con gaseosa (1992), Pum-pum! (1993), Cabeciña a paxaros e outras historias (1993, Diploma de Honor IBBY), O Capitán Ro e o gato Bo (1994), Farangulla (2002), A onde van as volvoretas no inverno? (2003) e Rato Pincho ou a verdadeira historia dos ourizos (2004).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Historiador da arte. Doutor en Historia da Arte (1995) pola Universidade de Santiago de Compostela, onde é profesor desde 1998. Foi asesor histórico-artístico das obras de rehabilitación do Teatro Rosalía de Castro da Coruña. Escribiu La arquitectura teatral en Galicia (1996), Faustino Domínguez Domínguez y la arquitectura gallega del siglo XIX (1997), Mariñán. Pazo de los Sentidos (1999) e Faros de Galicia. Historia y construción de las señales luminosas en un Finisterre atlántico (2004).
VER O DETALLE DO TERMO