"ISM" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1586.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tramado social e político no que se establecen relacións de dependencia entre os clientes e outra persoa máis poderosa que monopoliza certos recursos indispensables. Os clientes, a cambio de apoiar o patrón, agardan obter beneficios persoais por decisión directa daquel.
-
-
Hipertrofia do clítoris.
-
Erección patolóxica do clítoris.
-
Tendencia psiquiátrica de tipo masturbatorio, por excesiva sensibilidade do clítoris.
-
-
PUBLICACIÓNS
Publicación do sector turístico que saíu por primeira vez na Coruña en agosto de 1991, subtitulado “Boletín Social”.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Intoxicación crónica por cocaína. É unha das toxicomanías máis deteriorantes, tanto sobre o psiquismo como sobre a parte orgánica, na que aparece un estado de caquexia. Chega a provocar cadros semellantes aos do delirium tremens, aínda que predominan as alucinacións táctiles e auditivas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Actitude ideolóxica e práctica de quen, nun país sometido a un réxime de ocupación, propugna e segue unha política de entendemento e colaboración co invasor. O termo refírese, sobre todo, á actitude mantida nalgúns países ocupados por Alemaña durante a Segunda Guerra Mundial, como foron Iugoslavia, Noruega e, fundamentalmente, Francia, tanto dende a intelectualidade (Rasemblement National Populaire) como na participación en milicias (Milicie Française).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Doutrina económica mercantilista creada por Jean-Baptiste Colbert, quen partiu da idea de que a prosperidade e a forza dun país estaba vinculada á masa de metais preciosos dispoñible, e que se aplicou basicamente na Francia do s XVII. As consecuencias económicas desta doutrina foron o proteccionismo, para o que se debía aumentar a produción manufactureira e mellorar a flota nacional. Non obstante , a rixidez das estruturas que fomentaba e os numerosos controis da produción, que impedían unha verdadeira mellora económica, supuxeron o seu fracaso no país ao longo do s XVIII e o colapso do mercantilismo europeo.
-
-
Feito de coleccionar sistematicamente obxectos dun interese histórico ou artístico especial, ou simplemente raros. A orixe das coleccións de arte provén da sociedade romana, xa que en Grecia as obras de arte pertencían á sociedade e se amosaban nas prazas e nos distintos edificios públicos; tamén se podería considerar coleccionismo o conxunto de ofrendas que se entregaban nos templos e santuarios. Os patricios romanos foron os primeiros en coleccionar obxectos artísticos de xeito privado. Trala conquista de Grecia, os romanos adquiriron obras de arte ao tempo que trasladaron a Roma artistas gregos. Non obstante , moitas destas coleccións desapareceron despois das invasións bárbaras. Durante a Idade Media, as igrexas e catedrais conservaron obxectos e obras de gran valor. Houbo que esperar ata o Renacemento para atopar novamente coleccións privadas, da man dos grandes mecenas; así formáronse as coleccións dos Medici, Chigi e Pitti, entre outros. En España os monarcas convertéronse en grandes...
-
Busca e conservación de obxectos por unha necesidade pouco ou moi electiva pero patolóxica. No megalómano e maniático esta tendencia responde a unha intención de apropiación, unida ao instinto de conservación; no cleptómano a busca de obxectos nace da necesidade obsesiva de posuír. Clinicamente, dáse en obsesos, dementes senís e insuficientes mentais primitivos.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sistema político-económico oposto ao capitalismo no que os medios de produción e distribución de bens e servicios están controlados por un colectivo de persoas que, con frecuencia, é o Estado. Apareceu xa nas etapas primitivas dalgúns pobos cunha economía agraria, e algúns destes elementos conserváronse ao longo do tempo, en aspectos como a pervivencia de terras comunais de propiedade colectiva ou o traballo en común dalgunhas terras. O seu corpo teórico non forma un conxunto unitario, pero reivindicárono numerosas utopías políticas. A formulación máis sistemática e, polo tanto, as experiencias prácticas máis globais, están no anarquismo e tamén no socialismo e comunismo modernos.
-
-
Doutrina e actitude que defende con razoamentos raciais, étnicos, económicos, políticos ou morais o dominio político, social e económico dun país (metrópole) sobre outro (colonia). O termo colonialismo adoita aplicarse á expansión territorial iniciada por Europa nos ss XV e XVI, época de grandes descubrimentos xeográficos, que se caracterizou fundamentalmente pola explotación económica da colonia con respecto á metrópole. No s XIX, o expansionismo europeo, impulsado pola Revolución Industrial e a necesidade de novas materias primas, levou á creación de novas colonias en África, Asia e Oceanía. Trala publicación de Imperialism (Imperialismo, 1902), obra de Dobson na que se analizaba o expansionismo colonial británico como un fenómeno caracterizado pola exportación de capital debido ao grande aumento da oferta no Reino Unido, as teses marxistas posteriores, defendidas por Lenin, Luxemburg, Bauer, Bujarin, Sternberg ou Grossmann, insistiron na vinculación necesaria entre o proceso...
-
Relación de dependencia establecida no seo dun mesmo Estado que implica a explotación económica e política da periferia polo centro. Esta forma de colonialismo, analizada por Robert Lafont en La révolution régionaliste (A revolución rexionalista, 1967), supón a desposesión industrial, a primacia das industrias extractivas sobre as de transformación, a desposesión do terreo agrícola, a desposesión dos circuítos de distribución e a desposesión dos recursos turísticos. En O atraso económico de Galicia (1972), Xosé Manuel Beiras atribúe, a partir das análises de Lafont, un carácter de colonia interior a Galicia.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Palabra ou expresión que se emprega máis comunmente na fala e na escrita informal. Por exemplo, en galego, habería uns catro guichos no coche é un coloquialismo por habería unhas catro persoas no coche.
-
-
Tendencia dalgúns artistas a preferir a cor sobre o debuxo.
-
Tendencia a recargar o estilo pola acumulación dun léxico efectista e unha adxectivación brillante.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Asociación que se establece entre dúas ou máis especies baseada en vínculos de orde alimentaria. O comensal é a especie que obtén beneficios da relación sen que o hóspede se vexa afectado. Esta relación sitúase entre a simbiose e o parasitismo.
-
-
Bo comportamento ou boa relación que existe entre compañeiros.
-
Disposición de solidariedade cos compañeiros.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Método da lingüística histórica orientado para determinar o parentesco xenético entre as linguas. O comparatismo observa as concordancias entre determinadas formas das linguas da familia, e eventualmente reconstrúe ou postula a forma da lingua nai. O descubrimento básico do comparatismo foi que as correspondencias entre as formas das linguas dunha familia son sistemáticas. As correspondencias entre palabras non son tampouco un feito central na busca comparada: teñen moito máis valor demostrativo as coincidencias estruturais, sobre todo no dominio da morfoloxía. Unha lingua nai que o comparatista reconstrúe para unha familia de linguas, non é nunca unha lingua no sentido ordinario do termo, senón só un conxunto de fórmulas abstractas que o lingüista interpreta como un resumo das correspondencias observadas entre as linguas. O comparatismo naceu no comezo do s XIX, e puido establecer familias de linguas: o ugro-finés, o semítico, o bantú e, principalmente, o indoeuropeo....
-
VER O DETALLE DO TERMO
Movemento e doutrina favorable ás comunas.
-
-
Doutrina que, co emprego do materialismo histórico como ferramenta analítica, postula as condicións de emancipación do proletariado e a súa concreción nun sistema social novo que, baseado na propiedade colectiva dos medios de produción, implica o fin da explotación do home polo home (a sociedade sen clases) e a desaparición dos estados coercitivos. Tanto Marx e Engels como os teóricos posteriores, manifestaron a necesidade de elaborar unha teoría de análise rigorosa da realidade social para desenvolver unha práctica revolucionaria, polo que defenderon a necesaria coherencia entre marxismo, materialismo histórico e comunismo.
Fundamentos teóricos do comunismo
De Platón ao socialismo utópico: primeiras propostas igualitarias
Tense atribuído a Platón a primeira exposición do ideal comunista. Non obstante , na República, xunto co Político ou as Leis un dos libros no que expón a súa teoría política, mostra como a cidade... -
Etapa da política económica do goberno bolxevique que seguiu ao período de capitalismo de Estado desde 1918 ata 1929. Deu paso á chamada Nova Política Económica ou NEP, a causa da dislocación económica que se produciu. Entre as súas realizacións cómpre sinalar a nacionalización total da produción, a supresión do mercado organizado e a instauración dun monopolio estatal, a centralización total da xestión industrial, a instauración do traballo obrigatorio e a militarización en certos sectores.
-
Corrente e principio económico do anarquismo, coñecida tamén como anarquismo comunista ou anarcocomunismo, que combate todo tipo de propiedade, tanto privada como colectiva. Diferénciase do colectivismo polo seu desexo de que no socialismo cada persoa reciba segundo as súas necesidades (e non segundo o seu traballo), sen máis limitación ca a do desenvolvemento da economía, e que pide a cada persoa as máximas contribucións segundo as súas limitacións físicas e morais. Xurdiu ao redor dos últimos congresos da Primeira Internacional. Entre 1877 e 1882 impúxose dentro do anarquismo pola evolución de boa parte dos que ata entón eran colectivistas. En 1877, o Arbeiter Zeitung de Berna elaborou uns estatutos dun Partido Anarquista Comunista de Lingua Alemana. En 1880, o congreso da Federación do Jura declarouse abertamente anarcocomunista. No Estado español, unha corrente minoritaria da Federación de Traballadores da Rexión Española seguiu esta orientación, especialmente en Andalucía....
-
Modo de produción rexido pola apropiación comunal do traballo excedente. Caracterízase pola inexistencia de clases e estados (o que implica a ausencia da política), polo que a articulación da sociedade se establece entre os niveis económico e ideolóxico. O concepto, establecido por Marx e Engels, en oposición ao comunismo, foi analizado por antropólogos marxistas posteriores, como Dupré, Meillassoux, Rey, Terray ou Testart.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Movemento intelectual desenvolvido fundamentalmente na década dos oitenta nos EE UU que supón unha crítica frontal ao liberalismo. Os partidarios do comunitarismo coinciden na defensa dunha noción positiva de liberdade; sen embargo, coexisten dúas tendencias opostas en relación coas solucións propostas para resolver a situación: por un lado, aquela que busca a revitalización da sociedade a través da redefinición da familia, a localidade ou a relixión; e, por outro, aquela de carácter máis político que propugna a creación de verdadeiras democracias participativas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Corrente literaria que se desenvolveu no Barroco xunto co culteranismo. Debe a súa denominación á importancia que os escritores da época lle concederon ao concepto, como modo de captar o real e a vía do saber. O termo designaba un pensamento profundo e agudo, e, de xeito máis amplo, unha modalidade da expresión figurada. A utilización dos procedementos retóricos para producir un concepto, ofrece a posibilidade de representar o obxecto prescindindo da súa descrición directa e aludíndoo por medio das relacións e correspondencias que establece con outros obxectos. O ideal de escritura baseábase nun modo de expresión que ofrecese a maior cantidade de información posible co mínimo de recursos e cunha ornamentación mínima. Entre as súas técnicas compositivas habituais están os xogos de correspondencias fónicas e semánticas, metáforas, alegorías, antíteses, diloxías, paranomasias, calembures, paradoxos, etc, que buscan a sorpresa do lector mediante asociacións estrañas e difíciles. Baltasar Gracián...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Doutrina filosófica que afirma que os universais, ou entidades abstractas, existen como conceptos universais só na mente humana. É unha posición intermedia entre o realismo e o nominalismo. O primeiro pensador conceptualista foi Pedro Abelardo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Doutrina que sostén a supremacía do concilio sobre o papa. O Decreto de Gracia (s XII) inclúe xa o principio que determina que o papa pode ser xulgado pola Igrexa en caso de herexía. Marsilio de Padua e William Ockam (s XIV) estableceron a base do conciliarismo, defendido brillantemente por Konrad von Gelnhuasen, Heinrich von Langenstein, Pierre d’Ailly e Gerson. Esta doutrina, que triunfou co Cisma de Occidente, aplicouse nos concilios de Constanza (1418) e Basilea (1447), e tivo adeptos ata o Concilio I do Vaticano (1869-1870).