cocainismo

cocainismo

(< cocaína + -ismo)

s m [PAT]

Intoxicación crónica por cocaína. É unha das toxicomanías máis deteriorantes, tanto sobre o psiquismo como sobre a parte orgánica, na que aparece un estado de caquexia. Chega a provocar cadros semellantes aos do delirium tremens, aínda que predominan as alucinacións táctiles e auditivas.

Palabras veciñas

cocadura | cocaína | cocainas | cocainismo | cocainomanía | cocainómano -na | cocar