cocainomanía
cocainomanía
(< cocaína + -manía)
s
f
[PAT]
Adición á cocaína provocada polo seu consumo habitual. Considérase que a partir de 0,3 cg a intoxicación con cocaína pode ser perigosa. A fase aguda ou de embriaguez ten tres períodos: de euforia (con sensación de malestar se non se está acostumado), de alucinacións (táctiles, auditivas e visuais) e de somnolencia. Os efectos posteriores son longos e molestos.