cocaína
cocaína
(
s
f
[QUÍM]
Alcaloide principal das follas de coca, que conteñen do 0,5 ao 1,5% da substancia, de sabor amargo. En forma básica, tal e como aparece na planta, é insoluble en auga pero soluble en alcol, éter e aceites. O uso máis habitual é en forma de clorhidrato, un po branco soluble en auga, de dobre acción: de tipo tóxico sobre o sistema nervioso central e predominantemente anestésica sobre o periférico. Úsase moito en medicina e cirurxía para producir anestesia local nas mucosas. O seu consumo habitual crea unha forma de dependencia chamada cocainomanía.