"Ise" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 454.

  • PERSOEIRO

    Matemático, físico, filósofo e escritor francés. Con dezaseis anos elaborou o Essai pur les coniques (1640) e pouco tempo despois unha máquina de calcular que foi a admiración dos seus contemporáneos. Foi, xunto con Fermat, un dos fundadores do cálculo de probabilidades. Dentro do campo da física, inspirou ou ben fixo directamente numerosos experimentos relativos á presión atmosférica e á transmisión da presión nun medio líquido incompresible. Das reflexións sobre estes fenómenos xurdiron as obras Expériences nouvelles touchant le vide (1647) e De l’équilibre des liqueurs et de la pesanteur de la masse d’air (1648). Ligado ao ambiente xansenista de Port Royal, a súa obra filosófica Lettres de Louis de Montalte à un Provincial de ses amis et aux Révérends Pères Jésuites sur la morale et la politique de ces Pères (1656-1657), máis coñecida como Provinciales, revelouno como polemista nato no seu afán de rebaixar as pretensións dos xesuítas e de...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cemiterio situado ao NL de París, coñecido administrativamente como o camposanto do leste. Construído polo arquitecto Alexandre-Théodore Brongniart (1803-1804), ocupa o lugar dun antigo convento de xesuítas. Conserva tumbas de destacados personaxes franceses.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Crítico teatral. Dirixiu o Centro de Documentación Teatral (1983-1992 e 1996-1997) e fundou diversas revistas dedicadas ás artes do espectáculo, como El Público e Pipirijaina. Das súas obras destacan Los grupos de teatro independiente (1973) e Los teatros de Madrid, 1982-1994 (1995). Recibiu o Premio Simón Bolívar de Teatro en Venezuela (1990).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cada unha das hifas estériles que revisten o colo dalgúns peridios nalgunhas ordes de fungos ascomicetos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase á folla pinnatinervia con divisións que chegan ao nervio medial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Transformación dun composto nunha ou máis substancias diferentes por simple calefacción. Este termo pode aplicarse tanto en procesos de descomposición como en isomerización e formacións de compostos de peso molecular máis elevado ca o de partida. A pirólise ten unha grande importancia nos procesos térmicos non catalíticos do cracking e o reforming.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor ruso. A súa obra, satírica, centrouse na observación das clases acomodadas da súa época. Escribiu sobre todo novelas, como Tys’ača duš (Mil almas, 1858), en que amosa de forma sombría os costumes rusos nunha época previa á abolición da servidume; e Meščane (Os pequenoburgueses, 1877), aínda que tamén destacou no xénero dramático coa súa obra Gorkaja sud’ba (Un destino amargo, 1859).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Contracción do citoplasma debida á perda de auga por exosmose.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Proceso polo que os minerais dunha rocha endóxena se transforman tras a acción das emanacións gasosas que proceden do magma.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Unidade CGS de viscosidade dinámica. O seu símbolo é P e equivale á viscosidade dinámica dun fluído en que hai unha forza tanxencial de 1 dyn/cm2 entre dúas capas paralelas do fluído que teñen unha velocidade relativa que cambia en 1 cm/s por cada cm de separación. A unidade SI de viscosidade dinámica é o decapoise, igual a 10 P.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fisiólogo. Investigou os procesos físicos da circulación sanguínea. En 1840 formulou a lei que relaciona a velocidade media dun líquido no interior dun tubo capilar coa área de sección do tubo, a presión e a viscosidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lei segundo a que o caudal volúmico Q dun líquido que atravesa un tubo de sección circular é directamente proporcional á diferenza de presións, Äp, entre os extremos do tubo e á potencia cuarta do raio r deste, e inversamente proporcional á lonxitude do tubo l e ao coeficiente de viscosidade ç.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • paradentose.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Propiedade dun signo lingüístico de ter máis dun significado, por exemplo, ollo, coroa, banco, cabeza. Por unha banda, oponse a monosemia; pola outra, a homonimia. A distinción xorde no transcurso histórico das palabras: unha palabra polisémica foi adquirindo varios significados máis ou menos analoxicamente; dúas palabras homónimas proveñen de etimoloxías distintas, pero chegaron a coincidir formalmente por evolución fonética (ameixa ‘molusco’/ ameixa ‘froita’).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á polisemia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que presenta moitos sépalos libres.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Inflamación de varias membranas serosas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor italiano. Coñecido como Il Salviati, fixo cartóns para mosaicos (Xenealoxía da Virxe, 1542, basílica de San Marco), participou na decoración do gran salón da Libreria Vecchia (1556) e decorou numerosas igrexas venecianas (Daniel e Habacuc, en Santa Maria della Salute, e Cristo con catro santos, en San Zaccaria).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Galeguista. Emigrou cos seus pais a Bos Aires, onde participou na fundación da Sociedade Nazionalista Pondal (1925) e colaborou coa Intersocietaria Gallega e a Irmandade Galega de Bos Aires. Na década de 1930 adheriuse á Federación de Sociedades Galegas, pero pouco despois foi expulsado. Foi membro do Consello de Galiza. Colaborou como xornalista en Fouce, A Nosa Terra, Opinión Gallega, Vieiros e no boletín do Consello de Galiza. Publicou Chuvia e outras narracións (1972) e deixou inédita a novela Historia dunha saudade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fenómeno gramatical polo que un elemento lingüístico átono se une ao seguinte, que leva o acento dominante e co que forma unha única unidade fónica. Por exemplo, en galego, o pronome sitúase proclítico cando antes do verbo hai unha frase que contén, por exemplo, o cuantificador todo (todo lle molesta).

    VER O DETALLE DO TERMO