"Loxia" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 396.
-
-
Repetición dun mesmo pensamento expresado de maneiras distintas. De forma despectiva adopta o sentido de repetición inútil e viciosa.
-
Proposición ou fórmula lóxica que nun sistema dado só admite o valor de verdade.
-
-
-
Ciencia que estuda os procesos industriais utilizando os métodos da ciencia e da enxeñaría. Comprende a descrición e a crítica dos procedementos industriais, recolle a historia dos seus progresos e investiga as melloras e os avances dos que son susceptibles estes procedementos.
-
Conxunto dos coñecementos propios dunha arte industrial ou dun oficio mecánico.
-
Parte da bromatoloxía que sistematiza os coñecementos e as prácticas relativos aos procesos industriais de obtención, transformación, estabilización e condicionamento de alimentos. É unha disciplina relativamente recente, a pesar de que moitas operacións de tecnoloxía de alimentos (moenda, panificación, obtención de cervexa ou desecamento de carne e peixe) son moi antigas.
-
-
-
Estudo da finalidade.
-
Doutrina filosófica que se basea na idea de finalidade.
-
-
-
-
Ciencia que trata de Deus, das cousas de Deus. Dificilmente pode falarse estritamente dun discurso teolóxico no marco do pensamento grego ou latino anterior ao cristianismo. A teoloxía enténdese como ciencia que parte desde a revelación e fe cristiá e que se constrúe necesariamente a partir dos datos desa revelación e desa fe en diálogo coa historia contemporánea; unha ciencia que busca razoar conforme ao seu método específico. É dicir, que intenta facer comprensibles a todos, crentes ou non, o misterio de Deus tal como el o revelou na historia da salvación que culmina en Xesús Cristo e que se recolle tanto no Antigo Testamento como no Novo Testamento das Sagradas Escrituras. Probablemente, foi Tomé de Aquino quen contribuíu decisivamente a caracterizar a teoloxía como a explicación racional que expón comprensiblemente para a razón humana o contido da fe revelada e as súas implicacións. Para o máximo representante da escolástica, a teoloxía é, por antonomasia, a ciencia...
-
teoloxía da cruz
Corrente de acentos teolóxicos, tipicamente reformados e luteranos, que está en contraposición coa teoloxía da gloria, quizais máis propia do pensamento católico. Tende a acentuar o aspecto subxectivo da fe e a distancia entre Deus e o home.
-
teoloxía da liberación
/ teoloxía da liberación.
-
teoloxía dialéctica
Tendencia teolóxica, sobre todo protestante, que incide na oposición entre Deus e o home e que subliña a distancia infinita entre o Creador e a criatura. Isto non deixa de estar presente en varios pensadores místicos católicos, como san Xoán da Cruz que repite en moitas ocasións que é máis o que non se pode dicir de Deus que o que del se pode afirmar racionalmente.
-
teoloxía feminista
Modalidade da teoloxía da liberación que ten como finalidade a de denunciar os presupostos relixiosos de discriminación da muller e de descubrir na fe cristiá as bases da emancipación feminina.
-
-
Doutrina relixiosa referente a Deus, ao Deus ou ao divino.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ciencia que estuda as malformacións embrionarias de plantas e animais, tanto desde o punto de vista morfolóxico como o das causas orixinarias.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de termos e de expresións propias dunha determinada ciencia, materia, persoa ou profesión.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Parte da física que estuda os fenómenos relacionados coa calor.
-
-
-
Conxunto de catro pezas dramáticas, especificamente, o conxunto do espectáculo teatral grego, constituído por tres traxedias, seguidas dunha peza satírica, que os poetas gregos presentaban a concurso nos festivais teatrais da Gregia clásica. Posiblemente foi Esquilo o primeiro que deu ás traxedias unha unidade temática.
-
Conxunto de catro obras literarias ou musicais que teñen unha unidade argumental básica.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de coñecementos relativos ao papel timbrado do Estado.
-
-
Estudo que se basea na clasificación de tipos.
-
Clasificación dos obxectos ou fenómenos artísticos en esquemas xenéricos ou tipos, de acordo con certas analoxías formais ou funcionais establecidas, que non prexulgan o valor estético nin a definición histórica. En arquitectura, xeralmente é relativa á función, e máis a miúdo á configuración, da planta e dos sistemas construtivos e da decoración. En todas as épocas da historia da arte pódese distinguir unha gran cantidade de constantes tipolóxicas en moitos niveis: tipos de composicións, tipos de figuras, de actitudes e de estados de ánimo ou de expresión facial, tipos proporcionais, tipoloxías imaxinarias ou indicacións ambientais tipificadas.
-
Interpretación bíblico-teolóxica que se basea na correlación de tipos e antitipos.
-
Doutrina dos tipos.
-
Sistema de clasificación de individuos en tipos físicos ou psicolóxicos. Estas tipoloxías pódense reunir en tres grupos: as que relacionan a constitución física e o carácter, as psicoanalíticas e as fundamentadas na análise factorial.
-
Descrición e clasificación das linguas en función de certos caracteres escollidos previamente e das afinidades que resultan. Todos os trazos lingüísticos poden contribuír ao establecemento dunha tipoloxía lingüística. A clasificación tipolóxica máis usual divide as linguas en illantes, aglutinantes e flexionais.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Coñecemento das comunicacións dos médiums obtidas por medio dos golpes que dan as patas dunha mesa, aos que se dá un significado, de acordo cunha convención alfabética.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Parte da medicina que estuda a tise.
-
VER O DETALLE DO TERMO
obstetricia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Rama da medicina que comprende a tocoloxía e a xinecoloxía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Parte das matemáticas que estuda as propiedades dos conxuntos dos puntos da recta, do plano, do espazo ou do espazo de dimensións superiores, que non son alteradas polas transformacións continuas. Son propiedades xeométricas que non dependen de ningunha magnitude, senón unicamente da posición relativa dos puntos. O teorema de L. Euler dos poliedros, levou durante 100 anos a un progresivo desenvolvemento da topoloxía. En 1847 Listing (1808-1882) escribiu a primeira obra dedicada a esta materia, que denominou topoloxía, e que pasou a ser unha rama case independente das matemáticas grazas á obra de Poincaré (1854-1912), obra que continuaron, especialmente, Brouwer e Alexander.
-
-
Ciencia de aplicación sanitaria que estuda os velenos, as pezoñas ou os tóxicos. Estuda a procedencia e a natureza, as propiedades físicas, químicas e biolóxicas, as vías de penetración no organismo, o metabolismo, así coma a patoloxía das intoxicacións, o tratamento dos intoxicados, a loita contra as intoxicacións e as cuestións legais, xurídicas e sociolóxicas relacionadas cos tóxicos. O uso de pezoñas foi moi divulgado no Renacemento, o que deu lugar á aparición, no s XVII, da toxicoloxía legal, para asesorar os tribunais. O primeiro tratado científico Traité des poisons ou toxicologie générale (1814-1815) foi publicado por Mateu Orfila e Rotger, grazas ao que a toxicoloxía alcanzou o nivel de ciencia. A toxicoloxía non só é unha ciencia que se ocupa de envelenamentos agudos individuais, senón que é tamén unha ciencia de interese colectivo que trata de intoxicacións, moitas veces crónicas, que inclúen campos tan variados como a toxicoloxía bromatolóxica, a...
-
Parte da bromatoloxía e da toxicoloxía que estuda os posibles efectos tóxicos dos alimentos. Os efectos tóxicos dos alimentos poden ser debidos a moitas causas: contaminación bacteriana, por compostos químicos engadidos, contaminación natural, alimentos que se descompuxeron, compoñentes que se forman en animais ou plantas estacionalmente ou por causas ambientais, compoñentes habituais de alimentos sans que son tóxicos para algúns individuos ou substancias naturais canceríxenas en alimentos. OBS: A primeira grafía <x> representa o son [ks].
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Parte da medicina que estuda os traumatismos e os seus efectos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Parte da física que estuda o contacto entre superficies con movemento relativo.
-
-
Conxunto de tres obras, especialmente dramáticas ou narrativas, que constitúen unha unidade.
-
Conxunto de tres traxedias, no teatro grego que, seguidas dunha peza satírica, completaban a tetraloxía.
-
-
-
Maneira de falar tropolóxica ou figurada.
-
Esexese moral dun acontecemento ou figura da Biblia.
-