topoloxía

topoloxía

(< topo- + -loxía)

s f [MAT]

Parte das matemáticas que estuda as propiedades dos conxuntos dos puntos da recta, do plano, do espazo ou do espazo de dimensións superiores, que non son alteradas polas transformacións continuas. Son propiedades xeométricas que non dependen de ningunha magnitude, senón unicamente da posición relativa dos puntos. O teorema de L. Euler dos poliedros, levou durante 100 anos a un progresivo desenvolvemento da topoloxía. En 1847 Listing (1808-1882) escribiu a primeira obra dedicada a esta materia, que denominou topoloxía, e que pasou a ser unha rama case independente das matemáticas grazas á obra de Poincaré (1854-1912), obra que continuaron, especialmente, Brouwer e Alexander.