topolóxico -ca
topolóxico -ca
(< topoloxía)
-
adx
Relativo ou pertencente á topoloxía.
-
grupo topolóxico
[MAT]
Conxunto que ao tempo é un grupo e un espazo topolóxico, polo que as dúas estruturas son compatibles, é dicir, que a operación dun grupo e a aplicación que asigna a cada elemento o seu inverso son continuas. Dunha maneira análoga defínesen os aneis, os corpos ou os espazos vectoriais topolóxicos.