"Mac" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 595.

  • PERSOEIRO

    Político guineano. Funcionario colonial desde 1944, foi vicepresidente do goberno autónomo (1964-1968) e presidente da República (1968-1979). En 1972 proclamouse presidente vitalicio pero foi derrocado polo seu sobriño, o coronel Teodoro Obiang.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta da escola galego-castelá. Tal vez orixinario de Padrón, estivo activo probablemente ao redor da segunda metade do s XIV e viviu no reinado de Pedro o Cruel. É o autor máis antigo dos que cultivaron a súa lírica con posterioridade aos trobadores galego-portugueses e anterior ao espallamento dos cancioneiros que tivo lugar a partir do segundo cuarto do s XV. Atribúenselle sete composicións en galego, de tema amoroso, que pertencen ao xénero da cantiga. Nestes poemas alterna os versos longos cos de pé quebrado e recorre á annominatio. Por iso e pola súa biografía, no s XV converteuse en arquetipo do poeta amoroso. Foi tratado de forma burlesca no s XVIII, pero a súa figura foi recuperada no Romanticismo, especialmente a partir das obras de Mariano José de Larra, o drama Macías, e o romance histórico El doncel de don Enrique el Doliente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Químico. Catedrático de Edafoloxía da Universidade de Santiago de Compostela e Presidente da Sociedad Española de la Ciencia de Suelo, foi director da ETSI Agrónomos de Lugo e director da Axencia de Calidade Ambiental da Consellería de Ordenación do Territorio. Publicou numerosos traballos de investigación e monografías tanto en revistas nacionais coma estranxeiras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Compositor. Foi membro fundador e presidente da Asociación Galega de Compositores. Ocupou diferentes cargos (1964) na Asociación de Jóvenes Compositores de Bos Aires e a súa obra orquestral Sindy foi escollida para representar a Arxentina nunha tribuna internacional. En 1984 retornou a Galicia. Compuxo obras orquestrais de cámara e para piano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mazo pequeno de madeira que se emprega para diversos usos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Regatista. Participou en probas da clase 470 e Láser, e competiu nos Xogos Olímpicos de Atlanta (1996) e nos de Sydney (2000), onde navegou na clase Mistral. Conseguiu a medalla de bronce   no Campionato de Europa (1999) e a segunda praza na Semana de Hyères.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade de macilento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ten aspecto pálido e delgado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • AFLUENTES

    Afluente pola dereita do río Eume, que nace na parroquia de Goente e desemboca na de Vilavella (As Pontes de García Rodríguez).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político, arqueólogo e prehistoriador. Foi cronista oficial de Ortigueira (1892), e fundou e dirixiu os xornais El Cabo Ortegal e El Ortegano. Vinculouse á Federación Agraria de Ortigueira (FAO) e como alcalde impulsou o asociacionismo agrario e a creación do Boletín Oficial do Concello de Ortigueira (1916). Estudiou a prehistoria de Galicia, catalogou máis de 200 exemplares de arquitectura megalítica, realizou diversas escavacións arqueolóxicas e publicou numerosos artigos sobre o desenvolvemento agrario e temas históricos. Das súas monografías destacan Crónicas de Ortigueira (1892) e Bares. Puerto hispánico de la primitiva navegación occidental (1947). Foi membro da Real Academia Galega. No mes de xullo de 2000 constituíuse a Fundación Federico Maciñeira, dedicada ao desenvolvemento de actividades culturais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe que trae por armas, en campo de azul, seis besantes de ouro, colocados en dous paos de tres.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ordenador creado en 1984 por Steve Jobs na súa empresa Apple Corporation, que vai do Mac 128K (1984) ao Power Mac G5 (2003), e que ten como característica principal o seu sistema operativo MAC OS. Foi o primeiro que usou as ventás no mundo da informática e a interface gráfica de usuario, deseñada nos laboratorios de Xerox PARC.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Coñecido como Juan de Juanes, formouse no taller do seu pai Vicent Macip. Reaccionou contra os efectos da perspectiva arquitectónica propios de comezos do s XVI, mentres que na paisaxe continuou coa práctica da tradición clasicista. Creou temas relixiosos como o Xesús Cristo eucarístico, a Virxe do Leite, a Sagrada Familia e a Inmaculada Concepción. Foi o autor do retablo da igrexa de Sant Nicolau en València e as táboas de Sant Eloi, a Inmaculada, a Santa Cena (1550) e o ciclo da vida e martirio de Sant Esteve (1565).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Traballou moi a miúdo co seu fillo Joan Macip i Navarro. A súa obra evidencia unha estancia en Italia e puido comezar a súa formación baixo a influencia de Yáñez i Llanos. En 1516 traballou para a catedral de Murcia, e en València realizou traballos de ornamentación na catedral (1522-1525), onde pintou o Baptisme e fixo o retablo do Anxo Custodio. Foi autor tamén do retablo da sé de Sogorb (Castelló) entre 1520-1535, de estilo monumental, de El martiri de Santa Agnès e La Visitació, entre outras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Arilo da noz moscada, de cor vermella, que recobre o endocarpo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta lituano. Coñecido como Maironis, foi o máximo expoñente da poesía e do renacemento nacionalista lituano. A súa poesía, romántica,   reflicte a loita pola independencia do pobo lituano, como en Pavasario balsai (Voces primaverais, 1892), Jaunoji Lietuva (A Lituania nova, 1907) e Mūsu vargai (A nosa desventura, 1921). Escribiu tamén unha triloxía dramática de carácter épico e ensaios históricos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ten unha estrutura sólida e compacta, sen ocos nin baleiros.

    2. Que ten unha fisionomía rexa, forte e compacta.

    3. Conxunto de montañas uniformes e dunha altitude moderada que están formadas por materiais antigos e duros, como rochas metamórficas, rochas cristalinas e sedimentos arrasados pola erosión, que pertencen a unha antiga serra dobrada. O relevo dun macizo pode ser modificado pola acción tectónica posterior ou pola acción da erosión diferencial.

    4. Parcela de terreo nos xardíns dedicada ás flores ou plantas decorativas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión do centro-sur de Francia (85.000 km2), formada por un conxunto de terras altas que separan a conca de París de Languedoc e Aquitania do val do Ródano. É un extenso macizo antigo cun relevo moi compacto. Fragmentado durante o dobramento herciniano e formado por materiais cristalinos (granitos, gneis e xistos), foi afectado no Terciario por unha serie de dislocacións que o fracturaron en diversos bloques de altitude desigual e fosas tectónicas. Relacionado con estas dislocacións, as grandes masas de lava formaron o actual aparato volcánico que constitúe o centro do macizo. As cimas máis elevadas son aqueles volcáns, intensamente erosionados. En conxunto presenta o aspecto dun altiplano sucado por numerosos ríos, que forman profundas gorxas e ofrecen unha gran variedade de paisaxes. O clima é moi variado porque depende da altitude e da influencia mediterránea e atlántica. Esta rexión, illada dos grandes eixes de comunicacións, experimenta un intenso éxodo rural. A agricultura...

    VER O DETALLE DO TERMO