Mačiulis, Jonas
Mačiulis, Jonas
Poeta lituano. Coñecido como Maironis, foi o máximo expoñente da poesía e do renacemento nacionalista lituano. A súa poesía, romántica, reflicte a loita pola independencia do pobo lituano, como en Pavasario balsai (Voces primaverais, 1892), Jaunoji Lietuva (A Lituania nova, 1907) e Mūsu vargai (A nosa desventura, 1921). Escribiu tamén unha triloxía dramática de carácter épico e ensaios históricos.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Pasandravys -
Deceso
Lugar : Kaunas