"OCI" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 818.

  • Organismo constituído en Pontevedra a finais de 1953 co obxectivo de coordinar e impulsar as actividades de centros culturais e ateneos de carácter libertario. Contou con entidades adheridas en Vigo e nos seus arredores (Lavadores, Beade, Bembrive, Candeán, Sárdoma), Porriño, A Guarda, Cangas, Moaña, Vilagarcía e Pontevedra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Federación creada en Madrid en 1900 coa finalidade de coordinar as sociedades obreiras de resistencia herdeiras do espírito da Federación Regional Española da AIT. Trala sede de Madrid, o seu comité residiu en Zaragoza e, a partir de 1905, na Coruña. Publicaba un boletín.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Periódico político aparecido na vila coruñesa de Fene a partir de setembro de 1988. De tendencia socialista e nacionalista, recollía as principais reivindicacións do Partido Socialista Galego-Esquerda Galega (PSG-EG).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tumor que se desenvolve a partir das células cromafínicas, que son as encargadas de sintetizar, almacenar e secretar a adrenalina e a noradrenalina, e que se localizan na medula suprarrenal ou en lugares aberrantes. A súa sintomatoloxía débese a un aumento importante das catecolaminas no sangue, e dá lugar a hipertensión, hiperglicemia e transtornos cardíacos, entre outros síntomas. Os tumores que derivan de células cromafínicas extramedulares denomínanse feocromocitomas extra-adrenais ou paragangliomas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade de feroz.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao ácido ferrocianhídrico.

    2. Ácido que deriva formalmente do anión hexacianoferrato (II) [Fe(CN) 6 ] 4- .

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    Nome xenérico dos sales que derivan do anión hexacianoferrato(II), de fórmula [Fe(CN)6]4-. Obtéñense tratando un sal de ferro(II) cun exceso de cianuro alcalino, segundo a reacción:

    FORMULA

    FeCl2+6KCN "Times New → 2KCl+K4Fe(CN)6
    Tratando un ferrocianuro soluble con Fe3+ obtense o ferrocianuro férrico ou azul de Prusia. A análise estrutural con raios X estableceu que o ión ferrocianuro se compón dun átomo de ferro envolto de 6 grupos CN- dispostos nos vértices dun octaedro regular, do que o átomo de Fe ocupa o centro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Exploración do metabolismo do ferro dentro do organismo mediante isótopos radioactivos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • fibroblasto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ficobilina de cor azul que absorbe o máximo de luz entre os 625 e os 630 nm. Este pigmento é o responsable da coloración azul das bacterias que o conteñen.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • fitocenólogo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • fitocenoloxía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • fitocenolóxico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nomós da rexión de Grecia Central, ao N do golfo de Corinto (2.120 km2; 48.884 h [1991]). A capital é Amfissa (7.156 h [1981]). É moi montañosa, con altitudes de máis de 2.000 m, e está formada por concas separadas por serras que se comunican por medio de desfiladeiros tallados polos ríos que son de réxime torrencial. A poboación, escasa, dedícase á agricultura e á gandería. A rexión foi habitada dende finais do Neolítico e durante a Antigüidade converteuse nunha rexión sagrada pola existencia no seu territorio do santuario de Delfos. Na súa expansión colonizadora fundou a cidade de Focea en Asia Menor. Posteriormente, a súa historia identificouse coa da cidade de Delfos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos fócidos.

    2. Mamífero da familia dos fócidos.

    3. Familia de mamíferos, da orde dos pinnípedes, á que pertencen as focas e os elefantes mariños.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador da arte francés. Os seus estudios abranguen, cunha mentalidade ensaística, dende a arte medieval ata o s XX. Das súas obras destacan Piranesi (Piranesi, 1918); L’art des sculpteurs romans (A arte dos escultores románicos, 1931), onde enunciou a lei do marco; La vie des formes (A vida das formas, 1934) onde, partidario da teoría cíclica dos estilos, detectou unha vida propia case biolóxica das formas artísticas no decurso da historia; e o ensaio inacabado L’an mil (O ano mil, 1942).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Golpe dado cos fociños.

    2. Golpe recibido nos fociños.

    3. Caída de fociños ao chan.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Parte sobresaínte da cara de certos animais onde están situados a boca e o nariz. Na tradición oral recóllese o seguinte dito: “Non se fixo o mel para o fociño do porco”.

    2. Parte da cara das persoas onde está o nariz e mais a boca, ou só o nariz.

    3. Beizos dunha persoa, sobre todo cando son prominentes.

    4. Rostro dunha persoa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe que se estableceu en Melide. As súas armas traen, en campo de azul, un fouciño, de prata, con mango de ouro, mirando o flanco sinistro. Outra variante leva, en campo de sinople, dous fouciños, de prata, dereitos e postos en faixa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor e escultor. Entre as súas esculturas destaca un crucifixo de madeira de buxo que expuso en San Martiño Pinario (1875) e en San Clemente (1909). No eido da pintura destacan Autorretrato e Mesa revolta.

    VER O DETALLE DO TERMO