"RAF" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 981.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Espectrógrafo de alta resolución que se emprega para estudar e fotografar, de forma monocromática, o espectro solar. Xeralmente, consiste nun espectrómetro de fenda que permite seleccionar unha lonxitude de onda, ou unha banda estreita, do espectro solar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aparato para rexistrar os movementos respiratorios.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Exploración radiográfica, en desuso, do sistema esplenoportal mediante unha inxección dunha substancia de contraste que se introduce no bazo, coas conseguintes radiografías seriadas, que permiten visualizar a dinámica e a morfoloxía deste sistema.
-
PERSOEIRO
Escritor e político. Formado en Leis e Humanidades na Universidad de Granada, foi catédratico de grego nesta universidade (1819) antes de trasladarse en 1822 a Málaga para exercer como profesor de retórica no seminario. Seguidor dos liberais, viuse obrigado a fuxir a Xibraltar en 1824. Foi nomeado profesor de árabe do Ateneo de Madrid (1837) e fundou en Sevilla o Museo de Escultura e Pintura e a Biblioteca Provincial (1838). Elixido deputado por Ourense (1844-1846), foi ministro togado do Tribunal Supremo de Guerra e Mariña (1847). Desde 1849 foi auditor do exército español destinado a Italia co fin de defender os Estados Pontificios, e desde 1853, senador vitalicio. Asinou os seus escritos costumistas co pseudónimo de El Solitario, e os seus artigos -publicados dende 1830 no Correo Literario y Mercantil e dende 1831 na revista Cartas Españolas (que fundou xunto con Mesonero Romanos)- compiláronse baixo o título Escenas andaluzas (1847). Ademais, publicou...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
criptografía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
taquigrafía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á estenografía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa que se dedica á estenografía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Método para representar os sólidos sobre un plano mediante proxeccións.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á estereografía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Pluma de punta metálica e cun depósito de tinta no seu interior que serve para escribir.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que leva no seu interior un depósito de tinta.
-
-
Que chama a atención por ser raro ou inusual.
-
Que ou quen chama a atención por presentar un aspecto ou conduta estraña ou inusual.
-
-
-
Ciencia que estudia as rochas estratificadas. Inclúe o estudo dos procesos sedimentarios e as rochas sedimentarias que resultan, a natureza da estratificación e as interrupcións da estratificación, como as discordancias e os diastemas, as facies e os cambios de facies, e tamén as correlacións. A estratigrafía parte de dous principios: a posición horizontal dos estratos e a súa superposición. Os depósitos sedimentarios, que se transforman en rochas sedimentarias estratificadas, fórmanse por acumulación de materiais sobre un fondo. A posición das partículas determínase pola forma deste fondo e pola acción da gravidade; se o fondo non é plano, os depósitos iniciais tampouco o son, aínda que chega un momento en que se acada a posición horizontal, se a sedimentación continúa. Esta posición pode alterarse por desprazamentos submarinos ou por fenómenos de orixe tectónica ou erosiva. A lei de superposición supón que, nunha secuencia de rochas dispostas en estratos, cada un é máis antigo ca o inmediatamente...
-
Método de escavación arqueolóxica empregado para identificar os niveis ou camadas dun xacemento de cara ao seu estudio. A superposición de camadas permite establecer unha cronoloxía relativa dos mesmos, ao considerar os máis profundos como os máis antigos e os máis superficiais como os máis recentes.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á estratigrafía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Descrición do exército e de todo o que a el respecta.
-
-
Ciencia que estudia e describe os costumes e as tradicións dos pobos. O seu obxecto é proporcionarlle á etnoloxía os datos necesarios para coñecer a cultura dun grupo humano específico. Estudia os xeitos de vivir, as técnicas, as institucións e os costumes dos pobos e ocúpase de describilos con precisión sen sometelos a unha análise nin aventurar interpretacións. Como ciencia é relativamente moderna. Nun principio baseábase no material proporcionado polos conquistadores, viaxeiros, aventureiros e misioneiros. Entre eles cómpre mencionar a Fernández de Oviedo, Bartolomé de Las Casas, José de Acosta e, especialmente, Bernardino de Sahagún (1500-1570), considerado o precursor da moderna etnografía polo seu coidado rigor na recollida de datos relacionados cos pobos mexicanos. Posteriormente destacaron os alemáns Alexander von Humboldt e Adolf Bastian, o suízo Johann Jakob Bachofen e o inglés Edward Burnett Tylor. A partir de 1900, a investigación etnográfica especializouse. Os principais etnógrafos...
-
Disciplina que se integra no ámbito da lingüística, aínda que mantén unha estreita relación coa antropoloxía. Non existe unificación con respecto ao seu rango disciplinar; algúns estudiosos consideran que é unha disciplina autónoma e outros inclúena como parte da sociolingüística, a pragmática ou a antropoloxía lingüística. Todas elas teñen en común o estudo da lingua desde a perspectiva do seu uso, en oposición a aquelas disciplinas que se ocupan da súa estrutura interna (fonoloxía, gramática, semántica). A etnografía da comunicación ten a súa orixe nos anos sesenta, cos traballos de John Gumperz e Dell Hymes, e parte dunha concepción da linguaxe como un modo de actuación. O seu obxecto de estudo por excelencia é a interacción conversacional, centrándose na selección de linguas ou variedades portadoras dun significado social, significado que se recrea e negocia durante a interacción lingüística. Esta área estudia a interacción lingüística situada nun contexto, é dicir, desde o punto de...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á etnografía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Especialista en etnografía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Extensómetro dotado dun aparato de rexistro.