"RAI" (Contén)

Mostrando 17 resultados de 377.

  • Nome co que se coñece o escultor que realizou na portada de Praterías da catedral de Santiago de Compostela varias figuras do tímpano dereito (traizón de Xudas), do friso (tres apóstolos, a amoestación a Adán e Eva e anxos trompeteiros) e a Maxestade do contraforte oriental.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLAS

    Arquipélago situado no Pacífico que comprende as illas Rimatara, Rurutu, Raivavae e Tubuai, que forma a circunscrición administrativa de Tubuai, Polinesia Francesa (164 km2; 6.563 h [1996]). A súa capital é Tubuai.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    Estado de Europa Oriental, que limita ao N con Bielorrusia, ao N e ao L con Rusia, ao S co Mar de Azvov e o Mar Negro, a SO con Moldavia e Romanía, e ao O con Hungría, Eslovaquia e Polonia (603.700 km2; 48.547.000 h [2001). A capital é Kiev.
    Xeografía física

    Relevo e xeoloxía
    Ucraína esta formada por un baseamento de rochas cristalinas (granito e gneis), recuberto de materiais sedimentarios, o chamado macizo ucraíno-voliniano. Sobre este zócolo esténdense un conxunto de chairas que ocupan a maior parte do territorio e constitúen o extremo meridional da gran chaira rusa, pero que aquí ofrece varias rexións bastante diferenciadas. A montaña só ocupa unha pequena parte ao O e no extremo S de Crimea. No N e no centro distínguese unha ampla chaira dunha altitude de 200 m formada por materiais fluvioglaciares e arxilas, regada no N polos afluentes da dereita do Prip’at’ e no centro polo Dniéper, e que se caracteriza...

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Relativo ou pertencente a Ucraína, aos seus habitantes ou á súa lingua.

      2. Natural ou habitante de Ucraína.

      1. Relativo ou pertencente ao pobo ucraíno.

      2. Individuo do pobo ucraíno.

      3. Pobo eslavo establecido nas terras meridionais do que posteriormente foi o Reino de Kiev. Aquí chegaron os varegos ou rus, que se fusionaron coas tribos eslavas. Esta terra chamouse Rus’ e posteriormente Rutenia, denominación empregada por Roma, o Imperio Austrohúngaro e Rusia (a partir do grego Rõssía), que acabou por designar as terras da antiga Moscovia. A denominación empregouse sobre todo a partir da formación do Principado de Moscova, e acabou designando os habitantes orixinais da antiga Rus’, do Reino de Kiev.

    1. Lingua eslava oriental que pertence á familia lingüística baltoeslava do phylum indoeuropeo. Fálase en Ucraína e en zonas de Rusia e escríbese en alfabeto cirílico. Presenta tres grupos dialectais: o do norte, arcaizante (Polesia), o do suroeste, moi diferenciado (Volinia, Podolia, Galitsia, cos seus subdialectos, e Bucovina) e o do sueste, máis unitario, que ten a súa orixe nos esforzos de colonización dos ss XV-XVIII para repoboar as rexións esteparias despoboadas polas invasións nómades. A partir de 1790 a moderna lingua ucraína escrita desenvolveuse sobre a base do dialecto dos territorios de Poltava e Čerkasy.

    2. Arte desenvolvida en Ucraína. A creación do Reino de Kiev deu orixe a unha arquitectura de formas grandiosas e austeras, con mosaicos e pinturas ao fresco nos interiores das igrexas (catedral de Santa Sofía, en Kiev). Nas imitacións bizantinas aparecen motivos locais (igrexa de San Miguel, en Kiev, s XII), e tamén nas miniaturas dos manuscritos (Evanxeliario de Ostromir, s XI). Na época das invasións, as igrexas pequenas foron adaptadas a finalidades de defensa (igrexa-fortaleza de Sutkivci, en Volinia, do s XIV), e construíronse fortalezas (Kamjanec Podils’kyj, s XIV). Na pintura impúxose unha interpretación propia e popular dalgúns temas e desenvolveuse tamén a arte do manuscrito (Evanxeliario de Peresop, s XVI) e do libro impreso (S. Fiol 1491; I. Teodorovič, 1574). Xurdiu tamén a pintura de cores de carácter realista de Rutkeviě e Kondzalevič. Durante os ss XVI e XVIII fixéronse grandes construcións de pedra (praza Rynok, en L’viv) e igrexas, de estilo...

    3. Literatura cultivada en lingua ucraína. As súas orixes, en eslavo antigo, corresponden ao fondo común da literatura rusa. Cómpre diferenciar entre textos relixiosos, a miúdo traducidos do grego, e textos profanos, como a Poucenie (Ensino) de Vladimir Monòmac, a Crónica de Néstor (que vai ata 1110) e literatura cabaleiresca e feudal, como Slovo o polku Igorevi (Canción da hoste de Igor, finais do s XII). Coas invasións tártaras a literatura culta decaeu ata finais do s XIX. O primeiro libro, datado en 1491, é un salterio escrito en ucraíno, e a Biblia de Ostrog imprimiuse en 1580. A unión con Roma (1596) produciu abundante literatura relixiosa de carácter polémico entre ortodoxos e católicos. A academia de Kiev (1632) introduciu un sistema de ensino copiado dos xesuítas, do que saíu a literatura barroca tardía. A produción de crónicas continuou tamén sendo importante durante todo o s XVIII. A finais deste século a lingua ucraína foi fortemente combatida,...

    4. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Movemento estético que apareceu na Península Ibérica en 1919 e que durou ata 1922, coa desaparición da revista Ultra. Escolma das correntes europeas de vangarda, o primeiro manifesto apareceu na revista Grecia en 1919 e o seu teorizador foi Guillermo de Torre co Manifiesto vertical ultraísta (1920). Pretendía unha renovación total da arte literaria, mediante a imaxe e a metáfora e suprimindo todo elemento externo, narrativo, anecdótico ou sentimental. Entre os seus cultivadores destacan, ademais do seu teorizador, G. Diego e J. L. Borges.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sistema montañoso que separa Europa e Asia. Constituído por unha faixa estreita que se estende entre as chairas de Rusia e de Siberia Occidental, desde o mar de Kara ao N, ata as estepas de Kazakhstán ao S, conta cunha lonxitude duns 2.000 km e unha anchura de 40-60 km, que só nalgunhas ocasións acada os 100 km. É unha antiga rexión mineira con grandes reservas minerais: ferro, cobre, níquel, cromo, aluminio, platino, ouro, sales potásicos, pedras preciosas ou asbesto. As oroxéneses que sufriu durante o Paleozoico Inferior e o Carbonífero Medio e os movementos tectónicos posteriores ocasionaron unha continuidade de elevacións e afundimentos. A vertente occidental descende suavemente cara á chaira rusa, mentres que a oriental faino con brusquidade cara á chaira de Siberia Occidental. O punto máis elevado correspóndese ao monte Narodnaja (1.894 m). O seu clima é zonal, atopando desde clima de tundra ao N ata o estepario ao S. A rede fluvial está menos desenvolvida na vertente occidental....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actriz. Fundou a compañía de monicreques Teatro Buratini (1996), coa que representou os espectáculos para nenos Pazo de papel (2002), Palabras de caramelo (2003) ou Contos para todo o ano (2000). Destacan tamén as representacións de Xoguetes ou Pinocho, co Teatro Cachirulo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • XACEMENTOS

    Xacemento arqueolóxico exipcio situado á beira occidental do Nilo, á altura de Luxor e a 1,5 km do Val dos Reis, ao SO. Comprende oitenta tumbas, do tipo hipoxeo, das dinastías XIX-XX, de raíñas na súa maioría. As máis importantes son as da Raíña Nefertiti e a de Thiti, esposa dun dos Ramsés da dinastía XX.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital da rexión de Valparaíso, Chile (284.679 h [1999). É o porto máis importante do estado e, debido ao seu crecemento, ocupou as montañas que circundan a baía. Está practicamente unida á cidade residencial de Viña del Mar. Ten unha forte industrialización con fábricas de produtos químicos, metalúrxicos, industrias do papel e construcións navais. Fundada en 1536 por Juan de Saavedra, en 1544 converteuse nun pequeno porto colonial. A independencia de Chile (1819) favoreceu a súa expansión, vinculada ao comercio británico e estadounidense ao sur do Pacífico. O barrio histórico do porto marítimo da cidade foi declarado Patrimonio da Humanidade pola UNESCO (2003).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión de Chile (16.396 km2; 1.539.852 h [2002]). A súa capital é Valparaíso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Alto funcionario político-administrativo que gobernaba un vicerreinado como representante do rei e con plenitude de xurisdición civil, criminal e administrativa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión de Filipinas (14.951 km2; 5.701.064 h [2000]), formada polas provincias de Bohol, Cebu, Negros Oriental e Siquijor. A cidade máis importante é Cebu.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do latín dos chafoutas e da xerga dos cabaqueiros ou telleiros que corresponde á voz ‘amigo’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Personaxe da mitoloxía celta, muller do Rei Artur. A súa relación adúltera con Lancelote do Lago, prototipo do amor cortés, narrada na novela en verso Lancelot ou Le chevalier de la charrette (1177-1181) de Chrétien de Troyes, foi utilizada polos inimigos de Artur para destruír o seu reino e acabar cos cabaleiros da Táboa Redonda. Esta personaxe aparece na literatura galega na tradución medieval do Livro de Tristan (s XIV), ademais de en obras como Merlín e familia i outras historias (1955), de A. Cunqueiro, ou Amor de Artur (1982), de X. L. Méndez Ferrín.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Certame literario que, como froito do refinamento cultural da corte de Provença, foi instituído en Toulouse para premiar as máis altas virtudes poéticas. Dentro do camiño iniciado polo Rexionalismo cara ao desenvolvemento cultural e nacional galego, os Xogos Florais deron un enorme impulso para o impulso, defensa e dignificación da lingua galega. Os primeiros Xogos Florais galegos celebráronse na Coruña en 1861 organizados por López Cortón e Antonio de la Iglesia, nos que se premiou o poema A Galicia de Francisco Añón. Ao ano seguinte publicouse no Álbum de la Caridad. Mosaico de nuestros vates gallegos contemporáneos, primeira antoloxía do Rexurdimento. En 1875 celebráronse os Xogos Florais de Santiago, en que participaron Murguía, Salvador Golpe e Lamas Carvajal, e en 1884 celebráronse en Pontevedra. Nos Xogos Florais de Tui de 1891, organizados pola Asociación Rexionalista Galega (ARG), púxose de manifesto o desenvolvemento ideolóxico e político xa desde o discurso...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo feminino que provén do árabe, diminutivo de zarádat ‘argola’, probablemente co valor metafórico de ‘suxeición’, ‘muller cativadora’. Para outros autores trátase da raíz árabe do verbo zarada ‘escoller, elixir’, cun derivado *zuraidâ que parece un diminutivo, de aí ‘a mellor, a escollida’.

    VER O DETALLE DO TERMO