"RIM" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 390.

  • PERSOEIRO

    Sociólogo ruso. Participou na Revolución rusa e foi membro da asemblea constituínte. Oposto ao réxime soviético, marchou a EE UU e naturalizouse estadounidense. Das súas obras destacan Social and Cultural Mobility (1927-1941), Contemporary Sociological Theories (1928), Social and Cultural Dynamics (1937-1941), Man and Society in Calamity (1942) e Modern Historical and Social Philosophies (1950).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Experimento que foi efectuado por O. Stern e W. Gerlach en 1922, que confirmou a cuantificación do espazo e fixo posible a medición dos momentos magnéticos dos átomos neutros no estado fundamental. Observaron que, ao pasar un feixe de átomos de prata a través dun campo magnético non uniforme, este se divíde en dúas compoñentes: unha na dirección e no sentido do campo magnético e outra na oposta. A técnica deste experimento foi ampliada por Rabi en 1939.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lei sobre os fluídos viscosos, enunciada por Stokes en 1845, que afirma que cando unha esfera de raio r se atopa en movemento relativo de velocidade v no seo dun fluído de viscosidade dinámica ç, aparece sobre ela unha forza que se opón ao movemento, que vale G = 6·ð·ç·r·v (fórmula de Stokes). OBS: Tamén se denomina ecuación de Stokes.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de sufrir.

      1. Padecemento, físico ou psíquico, máis ou menos prolongado.

      2. sufrimento fetal

        Estado patolóxico do feto que deriva dun deficiente abastecemento de osíxeno aos tecidos. Pode orixinar lesións irreversibles no sistema nervioso e outros órganos, que poden comportar a morte do feto ou secuelas definitivas. Pódese producir a consecuencia dunha alteración no organismo materno, de complicacións do embarazo, de alteracións do parto ou de anomalías do feto mesmo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que pode ser suprimido.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Facer que algo deixe de existir ou de ser efectivo.

    2. Omitir ou impedir que apareza algo ou alguén.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río do O de China de 2.700 km de lonxitude, que rega o zizhiqu Xinjian Uygur. Formado polos ríos Yārkand e Khotān, que nacen en Kunlun, e o Aqsu, que nace en Karakorum, ocupa unha depresión e desemboca no lago Lob. Ten caudal e réxime irregulares.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Táboa movible que forma unha plataforma un pouco máis elevada ca o pavimento.

    2. Estrado de madeira que servía de cama aos soldados.

    3. Termo da xerga dos cabaqueiros ou telleiros que designa a estrutura plana de táboas utilizada de soporte para os xergóns onde durmían os traballadores da telleira.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo de teatro creado en 1955 ao abeiro da escola de teatro da Casa de Bellas Artes de Cali, Colombia. Dirixido por Enrique Buenaventura, desenvolveu unha das experiencias máis destacadas e significativas do teatro popular e comprometido de Hispanoamérica. A súa influencia e a dos seus métodos de traballo, formación actoral e creación colectiva, deixáronse sentir tanto no continente como en Europa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia de Myanmar (43.343 km2; 1.187.000 h [estim 1994]). A súa capital é Tavoy (101.536 h [1983]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Lugo baixo a advocación de san Xoán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Embarcación formada por tres cascos, un ao lado do outro, e unidos por uns soportes ríxidos. Ten unha grande estabilidade e rapidez, o que o fai apto para regatas transoceánicas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. En 1995 converteuse no líder do Ulster Unionist Party (UUP). En 1988 recibiu, xunto con John Hume, o Premio Nobel da Paz polos seus esforzos para atopar unha solución pacífica ao conflito de Irlanda do Norte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que consta de tres membros ou partes.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que consta de tres partes ou pezas.

    2. Aplícase aos insectos con tres artellos en todos os tarsos.

    3. Aplícase ao oligómero que está constituído por tres moléculas dun monómero.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que dura un trimestre.

    2. Que ten lugar unha vez cada tres meses.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Espazo de tempo de tres meses.

    2. Cousa ou conxunto de cousas que se computa por un período de tres meses.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Amina alifática gasosa, de cheiro amoniacal característico, altamente inflamable, miscible con auga e con solventes orgánicos, que se emprega na manufactura de desinfectantes, como axente de flotación e atraente de insectos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Quimioterápico de síntese que se presenta en forma de pos brancos de gusto amargo, que se emprega en medicina no tratamento da malaria cerebral e como antibacteriano de amplo espectro asociado ao sulfametoxazol.

    VER O DETALLE DO TERMO