"ROM" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1150.

    1. Relativo ou pertencente aos deuteromicetos.

    2. Fungo do grupo dos deuteromicetos.

    3. Grupo artificial de fungos formado por aquelas especies das que só se coñece a multiplicación vexetativa. Esta situación pode deberse a que aínda non se detectaran as frutificacións sexuais ou que o fungo perdera a capacidade de formalas. Cando se chega a coñecer o tipo de reprodución sexual, o resultado máis común é que pertenzan á subdivisión das ascomicotinas. Moitos deles teñen unha grande importancia económica ao interviren nos procesos de descomposición da materia orgánica, na produción de antibióticos ou polo feito de ser fitoparasitos. Existen unhas 30.000 especies de fungos considerados como deuteromicetos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase aos peixes que migran desde as augas do mar ata as augas doces para desovar, como por exemplo as anguías e os salmóns. Cando a migración ten lugar en sentido contrario, desde as augas doces ata as salgadas denomínanse semi-diadromos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de insectos pau ao que pertence a especie D. femorata, que constitúe o fásmido máis común de Norteamérica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ten dúas cores.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Anión de fórmula Cr 2 O 7 2- , derivado do ácido dicrómico por perda de dous hidróxenos. En disolución presenta unha cor alaranxada.

    2. Calquera sal resultante da combinación do anión dicromato cun metal. As solucións destes sales empréganse como solucións estándar nas valoracións redox, onde funciona como un oxidante forte.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que posúe dúas cores.

    2. Aplícase ao composto químico que ten dous átomos de carbono.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Trastorno da percepción cromática que consiste nunha cegueira parcial para as cores.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Trastornos da pigmentación da pel.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político polaco. Foi un dos fundadores da asociación clandestina Liga Nacional e creou no exilio o Partido Nacional Demócrata (1897) co obxectivo de restablecer o Estado polaco. Delegado de Polonia no tratado na Conferencia de Paz de París (1919), coa independencia do seu país foi deputado (1919-1921), ministro de Asuntos Exteriores (1923-1926) e dirixente da Liga Cristiá da Unión Nacional. Despois do golpe de estado de Pilsudski (1926), dirixiu unha oposición moderada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Arquitecto. Protexido de Pedro Martín Cermeño García de Paredes, exerceu o cargo de mestre maior das fortificacións da Coruña. A partir de 1782 traballou como arquitecto principal das obras de urbanización e saneamento da cidade herculina. Foi arquitecto municipal da Coruña dende a creación do cargo en 1786. O seu estilo neoclásico, influído por Martín Cermeño, caracterizouse por unha gran sinxeleza e por un sentimento clasicista moi puro. Entre as súas obras coruñesas destacan, ademais dalgunhas vivendas particulares, a Aduana Marítima (sede da subdelegación do Goberno, 1780), o Real Consulado (sede da Real Academia de Bellas Artes de Nuestra Señora del Rosario) e o desaparecido Hospital Municipal (1791). Deseñou tamén as fontes de Neptuno e da Fama (1791) e os planos, non executados, para o ensanche da cidade e para a fonte da antiga praza da Fariña (praza de Azcárraga), e dirixiu as obras de construción do Teatro Provisional da Porta Real (1804). En Santiago de Compostela construíu o...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escultor. Xunto con Tomás Gambino realizou o retablo maior de San Pedro de Fiopáns (A Baña), deseñado por Miguel Ferro Caaveiro (1777). Para o antigo mosteiro de Cascas (Betanzos) trazou os planos do altar dunha capela situada á beira da sancristía. En 1784 realizou o retablo maior de Santa María de Portas (Portas) e en 1795 fixo os planos da capela da Leite da igrexa de Santiago da Coruña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma conxénita de discapacidade psíquica debida a un defecto cromosómico que consiste en que o individuo afectado ten un exceso de material xenético correspondente ao par cromosómico 21. Este exceso pódese presentar por mor dunha trisomía (95% dos casos), dunha translocación (4%) ou dun mosaicismo (1%). No caso da trisomía do cromosoma 21, a copia extra deste cromosoma aparece como consecuencia dunha non disxunción meiótica, polo xeral no gameto feminino. Os individuos afectados por unha translocación teñen a parella normal de cromosomas 21, pero aparece unido a outro cromosoma, normalmente o 14, un fragmento extra de 21. Os que presentan mosaicismo teñen células cunha dotación cromosómica normal (46 cromosomas) e células con trisomía 21 (47 cromosomas) como resultado dunha non disxunción mitótica; deste xeito, a síndrome será máis ou menos severa en función do número de células afectadas e da disposición destas no organismo. A característica máis aparente é a presenza duns trazos faciais...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma prefixada de orixe grega que se emprega na formación de palabras co significado de ‘carreira’.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos dromádidos.

    2. Ave da familia dos dromádidos.

    3. Familia de aves á que pertence o xénero Dromas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos dromaidos.

    2. Ave da familia dos dromaidos.

    3. Familia de aves á que pertence o emú.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de aves, da familia dos dromaidos, á que pertence o emú.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de aves, da familia dos dromádidos, que comprende a especie D. ardeola, de 40 cm de lonxitude, con plumaxe -similar nos dous sexos- de cor branca, agás o lombo e a metade externa das alas que son negras e a cola cinsenta. Nos animais máis novos predominan as cores acastañadas. As patas son longas, de cor gris azulada e o peteiro longo, groso e de cor negra, que lles serve para triturar e alimentarse, principalmente de crustáceos e moluscos. Só crían un pito e, para adaptarse ás duras condicións de calor, escavan tobos de entre 100 e 250 cm de lonxitude. Forman colonias en medios areosos, como nas illas sedimentarias ou nas dunas das costas do Óceano Índico e do Golfo Pérsico, e esténdense ata Kenya, Tanzania, Madagascar, oeste da India e norte de Sri Lanka. Son aves divagantes e chegan ata o S de Europa. A poboación mundial está ao redor das 50.000 aves, que pertencen cando menos a unha ducia de colonias. Recibe a denominación popular de píllara garza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DEPARTAMENTOS

    Departamento da rexión de Rhône-Alpes, Francia (6.530 km2; 431.600 h [estim 1997]). A capital é Valence.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • camelo árabe.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de cangrexos, da suborde dos braquiúros, ao que pertence a especie D. personata, de ata 11 cm de lonxitude, de cor rosa, que vive en fondos rochosos da Península Ibérica, entre os 2 e os 200 m de profundidade. Presenta o corpo recuberto dunha densa pilosidade, agás os extremos das pinzas. As máis das veces mantén agarrados, sobre el, anacos de esponxas para camuflarse.

    VER O DETALLE DO TERMO