Dmowski, Roman
Dmowski, Roman
Político polaco. Foi un dos fundadores da asociación clandestina Liga Nacional e creou no exilio o Partido Nacional Demócrata (1897) co obxectivo de restablecer o Estado polaco. Delegado de Polonia no tratado na Conferencia de Paz de París (1919), coa independencia do seu país foi deputado (1919-1921), ministro de Asuntos Exteriores (1923-1926) e dirixente da Liga Cristiá da Unión Nacional. Despois do golpe de estado de Pilsudski (1926), dirixiu unha oposición moderada.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Varsovia -
Deceso
Lugar : Bia<strong> l</strong> ystok