"Rus" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 386.

  • Empresa editorial creada en 1954 polo libreiro Francisco Pérez González e o estudante colombiano Rafael Gutiérrez Girardot, e integrada desde 1974 no Grupo Santillana. As súas coleccións abranguen teoría crítica, pensamento, filosofía, filoloxía, literatura, historia, ciencias sociais, biografías e memorias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Tsar de Rusia (1584-1598), fillo e sucesor de Iván IV. Foi o derradeiro soberano da dinastía ruríkida. A causa da súa constitución enferma e da súa debilidade mental, o goberno foi dirixido polo irmán da súa muller Irene, Boris Godunov, que foi nomeado rexente en 1588. Á súa morte este foi elixido tsar pola Asemblea Nacional.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Tsar de Rusia (1605), fillo de Boris Godunov. Morreu coa súa nai, María, nun balbordo instigado polos boiardos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Tsar de Rusia (1676-1682), fillo e sucesor de Aleixo I. A causa da súa saúde delicada, o poder foi exercido sucesivamente polo seu tío Ivan Niloslavskij, polos cortesáns Jaikon e Likhačev e por Vasilij Golicyn.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Área máis elevada ou saínte da superficie dun órgano ou dunha estrutura anatómica.

      2. torus supraorbitario

        Prominencia robusta de óso que está situada por enriba das órbitas oculares.

    1. Engrosamento en forma de disco que nos poros areolados está situado no centro da membrana oclusiva.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de peixes, da orde dos perciformes, co corpo en forma de serpe de cor prata e a aleta caudal rematada en fío. Nas nosas augas pódese atopar un representante deste xénero que é a especie T. lepturus.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de anfibios, da familia dos salamándridos, ao que pertencen os limpafontes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do verbo dos daordes que corresponde á voz ‘casado’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Choscar o ollo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Agrupamento de empresas que comportan un poder de monopolio. É o resultado da unión de diversas empresas para crear unha nova (holding), que pasa a ser xuridicamente posuidora da maioría das accións das outras e, por tanto, a ter o seu dominio. Diferénciase da fusión de empresas no feito de que estas continúan a funcionar como empresas independentes, sen perderen a personalidade xurídica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de réptiles, da suborde dos terópodos, ao que pertencían os tiranosauros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Axente patóxeno filtrable capaz de pasar polos ultrafiltros que reteñen as bacterias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Johannes Werner.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Axente infeccioso submicroscópico, parasito endocelular obrigado de plantas, animais e bacterias. Bioquimicamente é un complexo supramolecular estable que contén unha molécula de ácido nucleico (ADN ou ARN, pero nunca os dous) e moitas subunidades proteicas cunha ordenación tridimensional característica. Non medra nin se multiplica por división binaria, e é parasito absoluto, xa que para a súa multiplicación necesita utilizar ribosomas e compostos enzimáticos da célula na que penetra. Un virus maduro totalmente formado coñécese como virión. As formas e dimensións dos virus son moi variables, e todo o seu sistema de multiplicación se basea na replicación do ácido nucleico correspondente. Probablemente o virus penetra na célula anfitriona, debilita a parede e introduce o ácido nucleico, nunca a proteína, que, utilizando os sistemas enzimáticos do anfitrión, constrúe un novo ácido nucleico e unha nova proteína igual á dos seus capsómeros, co que consegue saír ao exterior multiplicado....

    2. Axente que actúa nun sistema informático prexudicando o seu correcto funcionamento. Consiste nunha serie de instrucións en código que se poden autoduplicar e contaxiar un disco.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade de Palestina dividida, entre 1948 e 1967, entre os estados de Israel e Xordania, e baixo administración exclusivamente israelí desde 1967 (633.700 h [estim 1998]). Capital do maoz homónimo de Israel, do liwās de Al-Quds de Xordania, e capital do estado de Israel desde 1980, a capitalidade comporta que a parte oriental da cidade, ocupada por Israel desde 1967, fora anexionada por este país. A ONU non recoñeceu a nova capitalidade. É sede do patriarcado de Xerusalén. A cidade antiga, centro de peregrinación e turismo, está establecida sobre un altiplano calcario, rodeado no L polo val de Cedrón e no SO polo val de Hinnon, que se unen. Coñécese tamén cos nomes de ‘wš’mm nos textos exipcios da XII dinastía e de Urušalim nas taboíñas de Al’Amārna (s XIV a C). Conquistada aos xebuseos por David, converteuse en capital do seu reino e, co traslado da arca da alianza, en cidade santa. Salomón construíu...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ma ḥ oz de Israel (557 km2; 717.000 h [estim 1998]). A súa capital é Xerusalén.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asemblea apostólica celebrada en Xerusalén no ano 49 ou 50, chamada tamén concilio apostólico, e nomeada nos Feitos dos Apóstolos. Acordouse que os cristiáns procedentes do paganismo non estaban obrigados pola lei mosaica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Derradeiro dos antigos catro patriarcados orientais, creado no Concilio de Calcedonia (451) que subtraeu a Palestina na xurisdición de Antioquía. Quedou baixo a órbita de Constantinopla e sempre tivo patriarcas ortodoxos. Coa unión dos melquitas a Roma (s XVIII), instituíuse un patriarcado católico de rito bizantino. En 1847 Roma creou un patriarcado latino que aínda perdura.

    VER O DETALLE DO TERMO