"SS" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1221.
-
PERSOEIRO
Compositor francés. Realizou estudios musicais no Conservatorio de París onde foi discípulo de Lavignac, Guiraud e Marmontel. Na súa xuventude comezou as xiras musicais como pianista por distintos países de Europa (Francia, Italia, Rusia, etc) e converteuse no músico privado da baronesa Nadejda von Meck, mecenas de Chaikovski. En 1884 gañou o Grand Prix de Roma coa cantata L’enfant prodigue, feito que lle proporcionou a posibilidade de estudar en Roma e instalarse en Villa Medici, onde coñeceu, entre outros, a Verdi. Despois da súa estancia en Roma, regresou a París e alí coñeceu a outros poetas e escritores da época. Representante do impresionismo musical e un dos precursores da música moderna, a súa obra relacionouse coa pintura e a literatura do momento, e converteuse nunha especie de continuación destas; ademais, a súa estética tentou reflectir a esencia da natureza e traspasala a notas estimuladoras da imaxinación baixo un ton poético. Autor dun gran número de artigos de crítica...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar e político chadiano. Serviu ao Consello Militar Supremo e, posteriormente, integrouse nas Forzas Armadas do Norte (FAN), unha guerrilla dirixida por Hissène Habré, que acadou o poder en 1982. Converteuse no xefe do Estado Maior das novas Forzas Armadas Nacionais e o 2 de abril de 1989, logo do seu fracaso no intento de derrocar a H. Habré, refuxiouse en Libia e Sudán, onde organizou o Movemento Patriótico de Salvación (MPS). En 1990 iniciou unha sublevación apoiada por Libia e Francia que derrotou a H. Habré; isto permitiulle ocupar N’Djamena e converteuse en xefe de Estado o 4 de decembro de 1990. En 1991 instaurou un réxime de violencia e terror, mentres transformou o MPS nun partido político e retrasou as eleccións ata 1996. Nas eleccións de 1996, Deby foi elixido presidente e instaurou un réxime que concentraba o poder na súa persoa. Os comicios do 2001 confirmárono no poder.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Emperador romano (249-251). Comandante do exército do Danubio, derrotou os godos en Messia e na Panonia, e despois de eliminar a Filipo na Batalla de Verona foi nomeado emperador polas súas tropas. Emprendeu unha restauración do poder e das tradicións romanas, devolveulle ao Senado o dominio sobre a administración civil e restableceu a relixión romana mentres perseguía os cristiáns. Morreu durante unha campaña contra os godos e os blemios debido á traizón do seu legado Treboriano Galo.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Moeda de bronce que se cuñou cara ao 300 a C, durante a República romana, cun valor de dez ases e cun peso de corenta onzas. Levaba no anverso a efixie de Roma e no reverso a proa dunha nave.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Francesco del Cossa.
-
PERSOEIRO
Arquitecto francés. As súas construcións caracterizáronse pola exuberancia decorativa baseada no emprego de grilandas e adornos gregos. Entre outras obras destacan o Hôtel Titon e o Hôtel Giox (París, 1776-1780).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Lingüista francés. Foi profesor na École de Langues Orientales e especializouse en linguas africanas. Destacan as súas obras Manuel dohoméen (1894), Essai de manuel pratique de la langue mandée (1901), Vocabulaires comparatifs (1904), Les noirs de l’Afrique (1922), Civilisations negro-africaines (1925) e Les nègres (1927).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político francés. Foi ministro de Colonias (1893-1895) e de Asuntos Exteriores en dúas ocasións (1898-1905 e 1914-1915), desde onde impulsou a expansión colonial e económica de Francia. Mediou na constitución da Entente Cordial (1904) e da Triple Entente (1907). Foi ministro de Mariña (1911-1913) e durante a Primeira Guerra Mundial conseguiu que Italia se decantase polo bando aliado.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de algas vermellas, da orde das ceramiais, ao que pertence a especie D. sanguinea, propia do infralitoral galego. Presenta talo laminar fráxil e de cor vermella intensa, dividido en láminas de forma oval cun groso nervio central e nerviacións laterais pinnadas.
-
PERSOEIRO
Banqueiro, filántropo e naturalista francés. Fundou en Francia as caixas de aforros (1818), numerosas industrias e os establecementos de “sopas económicas” para os pobres. Reuniu un grande herbario, unha biblioteca importante e unha colección conquiolóxica considerable. Publicou, entre outras obras, Icones selectae plantarum quas descripsit A. P. de Candolle (Marcas selectas das plantas que describiu A. P. de Candolle, 1820-1845).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Produción cinematográfica francesa realizada en 1991. Foi dirixida por Jean-Pierre Jeunet e Marc Caro, e interpretada por Dominique Pinon, Marie-Laure Dougnac, Jean Claude Dreyfus e Chick Ortega. A trama céntrase nun grupo de persoas que vive nunha casa retirada do centro dunha vila e que non ten outra preocupación máis que a de se alimentar.
-
-
Produto ou preparación alimentaria de alta gastronomía.
-
Establecemento especializado na elaboración e venda de produtos e bebidas das marcas máis prestixiosas.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de ácaros ectoparasitos das aves, ao que pertence a especie D. gallinae, de ata 1 mm de lonxitude e de cor vermella. Durante o día permanecen agochados nas físgoas dos niños, galiñeiros ou pombais, e saen durante a noite, cando repousan as aves, para alimentarse do seu sangue. Poden completar o ciclo vital en 10 días en condicións ambientais favorables, e as femias poñen uns 10 ovos de cada vez. Os adultos poden resistir ata 5 meses sen alimentarse e poden afectarlle ao home se penetran nas vivendas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xacobe I.
-
CIDADES
Cidade do land de Saxonia Anhalt, Alemaña, á beira do río Mulde, preto da confluencia co Elbe (103.200 h [1991]). Desde mediados do s XIX desempeñou un importante papel como centro de innovación industrial, polo que se converteu na terceira cidade máis importante do land despois de Halle e Leipzig. A rexión experimenta desde os anos noventa un forte proceso de reconversión e privatización. A maior parte da poboación activa está empregada no sector terciario, ao que lle seguen en importancia a industria, o comercio e a construción. Do seu patrimonio cultural destaca o edificio da Bauhaus de Walter Gropius, onde estivo instalada a escola entre 1925 e 1930.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor alemán. Emigrou a EE UU onde coñeceu a Bertolt Brecht e onde lle puxo música de escena a varias das súas obras. Compuxo tamén temas para o cine. Da súa produción destaca a ópera Einstein (1973) e numerosas pezas corais e de cámara.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor sardo. Na súa obra mesturou a evocación fabulosa de Sardeña coa realidade contemporánea. Publicou, entre outras obras, San Silvano (1939), Michele Boschino (1942), Il passeri (1955), Il disertore (1962) e Paese d’ombre (1972).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Filósofo. Profesor na Universidade de Berlín, intentou analizar a creación artística sen acudir a explicacións xenéticas ou históricas. É autor de Die Grundfragen der Gegenwärtigen Aesthetik (As cuestións fundamentais da estética actual, 1904) e Das Ich, der Traum, der Tod (O eu, o sono, a morte, 1947). Tamén traballou no campo da psicoloxía, no que escribiu obras como Abriss einer Geschichte der Psychologie (Esbozo dunha historia da psicoloxía, 1911).
VER O DETALLE DO TERMO -
FILOSOFOS
Filósofo alemán. Profesor en Berlín e Kiel. Discípulo de Arthur Schopenhauer, chegou ao convencemento da identidade fundamental de todas as relixións. Entre as súas obras destaca Allgemeine Geschichte der Philosophie, mit besonderer Berücksichtigung der Religionen (Historia xeral da filosofía, con especial consideración ás relixións, 1894-1917) en 6 volumes, dedicados os tres primeiros á filosofía india.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. De orixe española, comezou como pintor de porcelanas e cultivou a temática histórica. Coñeceu a Théodore Rousseau e adheriuse á escola de Barbizon. Entre as súas obras destacan Cans na fraga e Proximidade da tempestade (1871). Entre outros galardóns, cómpre salientar a medalla de primeira clase que recibiu en 1851.
VER O DETALLE DO TERMO