Dermanyssus

Dermanyssus
[ANIMAL]

Xénero de ácaros ectoparasitos das aves, ao que pertence a especie D. gallinae, de ata 1 mm de lonxitude e de cor vermella. Durante o día permanecen agochados nas físgoas dos niños, galiñeiros ou pombais, e saen durante a noite, cando repousan as aves, para alimentarse do seu sangue. Poden completar o ciclo vital en 10 días en condicións ambientais favorables, e as femias poñen uns 10 ovos de cada vez. Os adultos poden resistir ata 5 meses sen alimentarse e poden afectarlle ao home se penetran nas vivendas.

Palabras veciñas

derm- | derma | derma- | Dermanyssus | dermáptero -ra | dermat(o)- | dermatite