dermatite

dermatite

(< dermat- + -ite)

s f [PAT]

Inflamación da pel que se caracteriza por irritación, avermellamento, inchazón e proído e que pode estar causada por factores endóxenos ou esóxenos. Dentro das dermatites endóxenas cómpre mencionar a dermatite atópica, manifestación cutánea dun proceso xeral, que se denomina atopia, e que transcorre cunha hipersensibilidade anormal, e a dermatite seborreica, que se caracteriza pola aparición de lesións eritematosoescamosas nas zonas de maior actividade sebácea. Dentro das dermatites esóxenas están a dermatite de contacto, as irritativas, as alérxicas, as fototóxicas e as fotoalérxicas, moi frecuentes na vida moderna xa que o individuo entra en contacto con numerosas substancias que poden ocasionar alteracións cutáneas.