"Sar" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 930.

    1. Manifestar ou dar a coñecer algo a través de palabras, xestos ou outros medios.

    2. Manifestarse a través de palabras, xestos ou outros medios.

    3. Facerse entender por medio da linguaxe.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Obrigar a alguén a marchar dun lugar, grupo ou colectividade.

      2. Obrigar a saír do territorio dun país a un estranxeiro que incumpre a lexislación administrativa sobre a estranxeiría ou se considera socialmente perigoso, malia non ter incorrido en condutas delitivas. A expulsión dun axente diplomático acreditado esixe a previa declaración de persoa non grata. En situacións de conflito bélico, a expulsión dos cidadáns do país inimigo pódese declarar de xeito colectivo.

      3. Aplicar unha sanción disciplinaria contra un participante nunha competición (deportista ou equipo), que implica a súa retirada da mesma, decretada polos árbitros ou xuíces como castigo pola comisión dunha falta grave contra a regulamentación ou pola acumulación de amoestacións por infraccións reiteradas. Nos deportes colectivos esta sanción impídelle ao expulsado continuar participando no xogo, e ao seu equipo substituílo, aínda que os rexistros que acadara ata aquel momento a prol do seu equipo se manteñen. En deportes individuais, a expulsión implica a retirada da clasificación. Pódese sinalar de distintos xeitos,  por exemplo amosando un cartón vermello.

    1. Facer saír unha cousa dun lugar.

    2. Facer saír unha persoa ou cousa algo que está no seu interior.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Reforzar un paramento pola súa parte posterior.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Saírse un fluído do seu conduto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rebater unha proposición ou teoría mediante a observación empírica ou cun contraexemplo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase á persoa que falsea ou falsifica algo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Federación fundada durante o primeiro congreso galego de empresarias de Galicia, celebrado o 27 de abril de 1989, na Coruña. Ten a súa sede en Santiago de Compostela e está integrada, no 2002, polas Asociacións de Empresarias da Coruña (AECO), Pontevedra (APE), Ourense (AME) e Lugo (AELU). A través dun convenio coa Consellería de Familia, Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, conta desde 1999 cun servizo gratuíto de asesoramento para a creación e consolidación de empresas. Proporciona, ademais, asesoría xurídica e laboral e información socioeconómica de carácter xeral, e organiza cursos de formación, congresos e xornadas sobre temas de interese para as mulleres empresarias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Berlín 1688 - Postdam 1740) Rei de Prusia (1713-1740), fillo e sucesor de Federico I. Formou parte da coalición contra Suecia na Guerra do Norte e obtivo a Pomerania occidental, Stetin e as illas Wolin e Usedom. Continuou a obra de centralización iniciada polos seus antecesores e potenciou o desenvolvemento económico por medio da inmigración. Fortaleceu o exército, organizou un sistema de recrutamento regular e creou unha escola de cadetes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e debuxante. A súa obra abrangue debuxos, pinturas e obras tridimensionais. Nas súas creacións amósase como un artista de poética antiburguesa, porque escapa do teutolóxico e gusta de representar a morte, e clásica porque busca a simetría e a orde. Representa as súas figuras cunha mestura de acidez e tenrura. Colaborou en publicacións como El Europeo e Luzes de Galicia, e ilustrou obras como Canciones para interpretar con maracas (1990), Los Porqués del País de las Tentaciones (1996) e Que venimos del mono (1997). Realizou diversas exposicións individuais e colectivas, entre elas Cómete el Cometa (Madrid, 1986), El amor es un cuento (Madrid, 1999) e Maravillas (Madrid, 2000); e participou na feria ARCO e na Mostra Unión Fenosa. A súa obra está presente, entre outros, no Museo de Arte Contemporáneo Unión Fenosa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Médico e político. Estudiou medicina nas universidades de Santiago de Compostela e Madrid. En 1856, ano en que obtivo o doutoramento, ingresou no exército como médico militar e foi destinado ao Hospital Militar de Madrid. Destacado cirurxián durante a guerra de África, foi médico da Raíña Isabel II e do Rei Afonso XIII. En 1867 foi elixido deputado a Cortes pola circunscrición de Ourense. Tamén foi inspector xeral de sanidade en Cuba e fundador do Museo Anatómico y Patológico do Hospital Militar de Madrid. Escribiu varios libros e artigos científicos sobre medicina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Director das revistas Contrapunto e Correspondencia, publicou Esquema de Borges (1957) e La poesía argentina de vanguardia (1969).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Arquitecto. Formouse co seu pai Francisco Antonio Fernández Sarela e con Fernando de Casas Novoa. Entre as súas primeiras obras atópanse a supervisión das obras de Santa María de Rus (Bergantiños, 1739); a traza e a realización do pedestal do altar maior da igrexa do colexio das Orfas (1740); e en 1741 unha porta da muralla e a fachada dunha casa na porta da Pena en Santiago. En 1744 comezou a traballar baixo a dirección de Fernando de Casas na fachada do Obradoiro e, dende 1745, foi recoñecido como aparellador de arquitectura e cantería. Ese mesmo ano construíu as bóvedas de San Miguel dos Agros, baixo as trazas de Fernando de Casas. Na catedral atribúenselle a porta da Igrexa Baixa e as salas do Arquivo e do Tesouro e, dende 1759, traballou con Lucas Ferro Caaveiro na fachada da Acibechería. Realizou traballos de supervisor de obras do cabido compostelán e, entre outras obras, o pazo de Bendaña na praza do Toural, a Casa do Deán (1747-1753), na que destaca a fachada con molduras e placas,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Mestre de obras. Descoñécese se foi fillo de Francisco Antonio Fernández Sarela ou doutro membro da familia, aínda que traballou con Clemente Fernández Sarela na Casa do Cabido. Documéntase a súa participación nunha poxa para reparar a ponte do Arcebispo (1758). Foi perito das obras de San Bieito (1774) e traballou nas reparacións no colexio das Orfas e no enlousado da igrexa de San Fiz (1781).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Mestre de obras, pai de Clemente A. Fernández Sarela. Documentado dende 1721 e activo en Santiago de Compostela, traballou con Fernando de Casas na capela do Pilar da catedral (1721). Entre outras obras, realizou traballos de taxación das pontes próximas a Santiago; fixo reparacións e recoñecementos en diversos edificios como os cuarteis, a Casa Consistorial e o colexio de Fonseca (1733); e inspeccionou as obras do convento das mercedarias (1738) e a capela da Corticela (1739). Atribúeselle o plano da capela maior dos Anxos (1748).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor, fillo de Francisco Fernández Sarela. Traballou na catedral de Santiago de Compostela, pintou as súa columnas en 1783. Trasladouse á Coruña, onde realizou diversos traballos de pintura para a colexiata e a capela de San Xosé. Na igrexa de San Nicolao pintou e dourou o retablo colateral de san Lourenzo. Pintou dous dos cadros do Monumento ao Dous de Maio que estaba situado na portería do concello coruñés.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tumor maligno de tecido conxuntivo con abundantes elementos fibrosos que poden ser fibras coláxenas ou de reticulina.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Pertencente ou relativo ao fideicomiso.

    2. Que ou a quen se destina un fideicomiso.

    3. Aplícase ao país sometido a fideicomiso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Eclesiástico. Formado en Santiago de Compostela, exerceu coenxías en Salamanca e Mondoñedo e foi elixido membro do consello do Rei. Posteriormente marchou a Perú onde foi bispo de Guamanga e despois de Quito. Nomeado vicerrei de Perú e arcebispo de Santa Fe, renunciou a ambos os dous cargos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Non dar algo o resultado que se espera.

      1. Non ter alguén éxito en algo.

      2. Non acadar alguén aquilo ao que aspiraba na vida.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político. Licenciado en Dereito, foi alcalde de Ortigueira (1979-1985) e deputado provincial (1979-1983). Como membro do Partido Demócrata Popular (PDP), foi deputado da Coalición Popular pola Coruña no Parlamento galego, durante as lexislaturas II, III e parte da IV (1985-30.6.1997).

    VER O DETALLE DO TERMO