"Sil" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 565.

  • División das palabras en sílabas tendo en conta os límites silábicos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pronunciar algo marcando a separación entre as sílabas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Libro que se usa para aprender a ler e que parte da sílaba como elemento fundamental da palabra. Posterior ao abecedario, foi ideado por V. Ickelsamer e sistematizado por J. K. Vogel. Un dos silabarios de máis sona foi o que preparou Vicente Naharro en 1787.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á sílaba.

    2. Canto en que cada nota corresponde a unha sílaba.

    3. Sistema de escritura fonética en que cada signo representa unha sílaba ou un conxunto de fonemas, en oposición á escritura alfabética, que representa cada un dos fonemas, e á escritura ideográfica, que representa directamente as ideas das cousas, non os fonemas.

    4. Fonema que pode ser núcleo silábico. Oponse a fonema asilábico.

    5. Fonemas consonánticos e vocálicos átonos que se poden situar antes ou despois do núcleo silábico e poden funcionar como marxe inicial ou final dunha sílaba.

    6. Punto de máxima sonoridade na sílaba, ocupado por unha vogal ou unha soante.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lista, catálogo ou índice de algo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Muras baixo a advocación de santo Estevo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Muras. Ten planta rectangular e dous corpos con cuberta de lousa a catro augas. Construíuse en cantaría e cachotaría de granito. A parte máis antiga é a torre vella de finais do s XIII ou comezos do s XIV, á que se lle engadiu no s XV o corpo occidental amodo de vivenda. Na planta baixa ábrese unha porta de arco de medio punto. O antigo escudo que se atopaba na torre coas armas dos Castro e Andrade situouse noutro edificio. No corpo alto da vivenda destaca unha ventá con arco conopial. Foi declarada BIC (1994).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. silencioso.

    2. Que fala pouco.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Hidruro de silicio, o máis simple, que se emprega en electrónica na dopaxe de semicondutores.

    2. Hidruro de silicio, de fórmula xeral Si n H 2n+2 , e dos seus derivados por substitución de hidróxeno, análogo aos hidrocarburos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto dos compostos que conteñen o grupo Si-OH nas súas moléculas. Dada a grande estabilidade do enlace Si-O (105 kcal/mol), experimentan con gran facilidade unha deshidratación intermolecular para formar siloxanos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico francés. Xunto con P. A. Favre realizou as primeiras determinacións das calores de combustión das substancias orgánicas. Constatou a posibilidade de aplicar a galvanoplastia na reprodución de medallas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Premio de segunda categoría concedido polo xurado internacional do Festival Internacional de Cine de Berlín (Berlinale). Divídese en seis categorías: mellor director, mellor actor, mellor actriz, mellor banda sonora, mellor calidade artística e premio do xurado. Ademais, un xurado especial outorga un premio na categoría de curtametraxes internacionais.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que silencia.

    2. Dispositivo que, colocado na boca dalgunhas armas de fogo, diminúe o ruído dos disparos para que pasen desapercibidos ou para dificultar a localización da arma.

    3. Dispositivo que, montado no tubo de escape dos motores de explosión ou na tobeira dos motores de reacción, amortece o ruído que producen os gases expulsados.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Gardar silencio sobre algo.

    2. Facer calar algo ou a alguén.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Ausencia de todo son ou ruído.

    2. Feito de estar alguén sen falar e sen facer ruído.

    3. Feito de non expresar alguén a súa opinión ou algunha información.

    4. Cada un dos dous intervalos que separan os ruídos cardíacos.

      1. Breve intervalo que indica a ausencia de música e canto.

      2. Signo gráfico posto no pentagrama para indicar a interrupción do son. Na notación actual correspóndelle a cada figura de duración un signo de silencio.

    5. Ausencia de resolución por parte dunha autoridade administrativa respecto a unha petición ou un recurso que lle foi presentado. Constitúe un acto administrativo de omisión, que pode ser positivo (efecto estimatorio) ou negativo (efecto desestimatorio).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que garda silencio.

    2. Que está ou se fai en silencio.

    3. Que non fai ruído.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de plantas herbáceas ou matas, da familia das cariofiláceas, con follas enteiras e opostas, flores pentámeras dispostas en cimas, e froitos en cápsula de dehiscencia dental. En Galicia pódense atopar diversas especies coma S. gallica, S. latifolia, S. littorea e S. nutans.

    VER O DETALLE DO TERMO