"To" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 13838.
-
-
Relativo ou pertencente ás aftas, causado polas aftas ou caracterizado pola presencia das aftas.
-
Doenza contaxiosa e epidémica que ataca a certos animais que, incidentalmente, tamén pode contraer o home, caracterizada por producir erupcións na mucosa bucal e nas inguas. Tamén se coñece co nome de glosopeda.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción ou efecto de afundir ou afundirse.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción ou efecto de agalegar.
-
PERSOEIRO
Poetisa italiana. Deuse a coñecer no 1900 coa colección de poemas Leggenda eterna (Lenda eterna); posteriormente (1908) publica Nuove liriche (Nova lírica).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Nome procedente do grego agapeto ‘amable, amado, amigo íntimo’. É sinónimo de Filemón, Amable, Amado e David. Documéntanse catro celebracións distintas. Non ten parroquia nin romaría propia en Galicia. A súa forma hipocorística é Tito.
-
PERSOEIRO
Papa (535-536). Combateu o monofisismo, depuxo o patriarca Antimo de Constantinopla e xestionou sen éxito a paz entre Xustiniano e o Rei ostrogodo Teodato. Festa: o 20 de setembro na Igrexa latina e o 22 de abril na Igrexa ortodoxa grega.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Papa (946-956). Sucesor de Martiño III. Apoiou a reforma de Cluny e realizou un labor de moralización e disciplina en Roma. Pronunciouse a prol de Otón o Grande contra Berengario II.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Mozo romano de entre 15 e 18 anos que, en tempos do Emperador Aureliano, superou milagrosamente múltiples tormentos antes de sufrir martirio: botáronlle auga fervendo na barriga, arrincáronlle os dentes, colgárono polos pés sobre unha fogueira pero as lapas lambíano sen lle facer mal ningún. Os leóns do circo tamén se lle deitaron mansos aos pés. Morreu co peito atravesado por unha espada ou, segundo outra tradición, decapitado.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escultor grego a quen se atribúe o gladiador Borghese, conservado no Musée du Louvre.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compañeiro de Clemente de Ancira, con quen morreu mártir contra o 300. En Elx venérase un santo Agatanxo como fillo da cidade; sen embargo, pode tratarse dunha confusión co anterior. A súa festa celébrase o 23 de febreiro.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Tirano de Siracusa (317-292). Tras loitar contra a oligarquía acadou o poder (317). Loitou contra os cartaxineses, desembarcando en África e poñendo en perigo a mesma Cartago, pero foi derrotado. De volta á súa terra, a súa crueldade provocou unha revolta. No ano 306 asinou a paz e no 305 proclamouse Rei de Siracusa, quedando o sur de Italia baixo o seu control.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Disciplina que xustifica o ben, estudia como é posible e que formas pode adoptar.
-
-
Doutrina do ben.
-
Parte da ética que estudia o ben.
-
-
PERSOEIRO
Escritor grego. Renovou a traxedia reducindo as funcións do coro a intermedios líricos desligados da acción. Das súas obras (A flor, O banquete) só se conservan algúns fragmentos e títulos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Papa (678-681). Condenou o monotelismo e durante o seu pontificado espallouse a liturxia romana por Inglaterra. A súa festa celébrase o 10 de xaneiro.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Método pedagóxico para párvulos creado polas irmás Agazzi, mestras italianas. Baséase na actividade, a liberdade e a responsabilidade do neno, así como no traballo e na observación dos elementos do seu medio natural. O método estrutúrase a partir das actividades diarias do neno (lavarse, vestirse, comer, xogar, etc) e despreocúpase da lectura e escritura, para orientar o neno cara ao coñecemento do maior número de obxectos que emprega a cotío. Así mesmo, desenvolve a linguaxe por medio de numerosas conversas sobre estes obxectos, salienta a importancia da orde, da música e do canto.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Palabra italiana que significa ‘actualización’, ‘posta ao día’. Na Igrexa Católica foi empregada polo Papa Xoán XXIII para anunciar no 1959 a celebración do Concilio Vaticano II e os propósitos que perseguía.
-
-
Termo da xerga dos albaneis que corresponde ao concepto que designa a ‘acción e efecto de agarrar’.
-
Termo da xerga dos telleiros ou daordes que designa a ‘acción ou efecto de agarrar’.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo da xerga dos telleiros ou daordes que designa a ‘accion e efecto de mirar’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Indicador de movemento vivo.