"Uri" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 983.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Dríade, esposa de Orfeo. Segundo a lenda virxiliana, cando fuxía de Aristeo, que a tentaba violar, foi mordida por unha serpe. Como consecuencia do veleno, non tardou en falecer, e Orfeo, desesperado pola súa perda, descendeu aos infernos na súa procura. Logo de conmover as divindades infernais cos seus cantos, puido recuperala e levala consigo, coa condición de non tentar mirala antes do amencer. Pero cando xa estaban a piques de abandonar o inferno, o esposo namorado non foi quen de resistir a tentación, e virouse para ollala. De súpeto, unha forza estraña arrastrou de novo a Eurídice aos infernos e Orfeo tivo que volver só á Terra.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase ao ser vivo que ten poucas esixencias alimentarias.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase ao organismo mariño que ten a capacidade de adaptarse a unha ampla marxe de salinidades.
-
PERSOEIRO
Militar ateniense. Comandante da flota que se enfrontou aos habitantes de Corcira (427 a C) e líder da expedición contra Tanagra (426 a C), dirixiu xunto con Pitodoro, Sófocles e Demóstenes a flota ateniense contra Sicilia. Dirixiu tamén as tropas atenienses que axudaron a Nicios no sitio de Siracusa.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase ao organismo que pode soportar variacións considerables nos factores físicos e químicos do medio.
-
PERSOEIRO
Dramaturgo grego. Estudiou filosofía con Anaxágoras e foi o creador dun novo estilo de facer traxedias que non tivo moito éxito na súa época, pero si posteriormente. Entre as innovacións que introduciu cómpre mencionar a análise das paixóns amorosas dos personaxes femininos, o uso dos prólogos, o cambio da forma tradicional do coro ou a preocupación polo vestiario e a escenificación. Foi autor de máis de noventa traxedias, das que só se conservan dezasete. Destacan, entre elas, Alcestes (438 a C), Medea (431 a C), Hipólito (428 a C), Os heráclidas (427 a C), Andrómaca (426 a C), Hécuba (424 a C), As suplicantes (422 a C), Ion (418 a C), As troianas (415 a C), Ifixenia en Táuride (414 a C), Electra (413 a C), Helena (412 a C) e Orestes (408). En Galicia, Eurípides é un autor de referencia na obra de Manuel Lourenzo, autor da adaptación e da versión para o galego de textos...
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Canle desaugadoira.
-
Foso de auga que rodeaba o circo romano.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase ao organismo que tolera unha ampla marxe de temperaturas no medio onde vive.
-
-
Harmonía nas partes dunha obra artística.
-
Pulso regular.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Movemento artístico a medio camiño entre a ximnasia e a danza creado por Emile Jaques-Dalcroze. Esta desenvolveu un método no que estableceu novas relacións entre música e movemento, e creou unha especie de solfexo corporal que tivo especial importancia na promoción da expresión rítmica e no desenvolvemento das artes escénicas, xa que permitiu incorporar o corpo e o movemento como novos elementos significantes nunha creación teatral moi dependente da palabra.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á euritmia.
-
PERSOEIRO
Escultor. Discípulo de J. B. Lemoyne, as súas obras amosan a graza do rococó e achéganse ao clasicismo. Protexido por Madame Pompadour, foi director da manufactura de Sèvres (1758-1866) onde fixo modelos para esculturas en biscoito, das que destaca Pygmalion et Galatée (Pigmalión e Galatea, 1763). Chamado pola Tsarina Catarina II, trasladouse a San Petersburgo (1766-1779) onde realizou a estatua ecuestre de bronce de Pedro o Grande. Colaborou na Encyclopédie e escribiu, entre outras obras teóricas, Reflexions sur la sculpture (Reflexións sobre a escultura, 1761).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Campaña fotográfica federal organizada polo departamento de Agricultura do goberno dos EE UU e dirixida por Roy Stryker. O seu obxectivo era obter imaxes das consecuencias da Gran Depresión económica que vivía o país, particularmente os granxeiros do sueste, para realizar informes e axudar economicamente aos que máis o precisaban. Na campaña traballaron os fotógrafos B. Shahn, W. Evans e D. Lange, entre outros. Os seus arquivos recolleunos a Library of Congress en Whasington.
-
PERSOEIRO
Constructor aeronáutico francés. Iniciado no automobilismo, cara 1910 deseñou un biplano co que Eugène Renaux aterrou no cumio do Puy-de-Dôme. Durante a Primeira Guerra Mundial equipou cos seus aparellos á aviación francesa. Despois asociouse co seu irmán Henri.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Músico e compositor, fillo de Mauricio Farto Parra. Estudiou no Conservatorio da Coruña e profesionalmente foi pianista. Establecido en Ferrol, exerceu a docencia e dirixiu varias orquestras. Compuxo numerosas rondallas e cancións.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor, musicólogo e director coral. Comezou os estudios musicais no seminario de Valladolid e, posteriormente trasladouse á Coruña para ingresar na Banda do Rexemento de Zamora establecida na cidade. Seguiu a carreira militar, fundou a rondalla Blanco y Negro, dirixiu o orfeón coruñés El Eco, e fundou o orfeón Cantigas da Terra e os coros Queixumes dos pinos e Saudade. Da súa produción destacan as pezas Froleos, Lolita, Foliada de Augasantas, Risas e bágoas, Quer que lle quer, Unha bágoa, Polvorita e Foliada de San Benito de Angoares. Foi membro correspondente da Real Academia Galega e académico numerario da de Belas Artes da Coruña.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe que leva como armas, en campo de goles, cinco vieiras de ouro, postas en aspa.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Enfermidade hereditaria autosómica recesiva na que existe unha alteración do metabolismo do aminoácido fenilalanina, que se debe a unha ausencia ou a unha deficiencia do enzima fenilalanina-hidroxilase, que determina unha acumulación de fenilalanina e dalgúns dos seus metabolitos nas células, no plasma e nos ouriños. A acumulación destas substancias nas células cerebrais dos nenos afectados provoca convulsións, vómitos, irritabilidade e atraso mental severo. Unha proba de laboratorio permite obter a diagnose no neonato e posibilita a instauración dunha dieta pobre en fenilalanina, que evita a aparición dos síntomas da enfermidade. Nos últimos anos, as sondas xenéticas permiten tanto o diagnóstico dos enfermos coma dos portadores. A enfermidade dáse en individuos homocigotos para o alelo recesivo defectuoso, onde os proxenitores son portadores heterocigotos do alelo. Tamén se denomina síndrome de Fölling, en recoñecemento a Ivar Asbjörn Fölling, médico noruegués que a describiu...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Bactericida e bacteriostático de baixa toxicidade que se emprega como herbicida, como funxicida e para desinfectar a pel.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Eliminación de fibrina ou fibrinóxeno polos ouriños, fóra de calquera hematuria.