"cc" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 617.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Examinar algunha cousa para comprobar que cumpre co establecido ou que funciona correctamente.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organismo cultural científico, non oficial, que ten por finalidade a promoción da cultura occitana. Con sede en Toulouse, foi fundado en 1945 e esforzouse por impoñer a unificación lingüística das falas occitanas consumada por Loïs Alibert.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Institución cubana na que, por iniciativa de Xosé Neira Vilas, se creou a Sección Gallega o 15 de decembro de 1969. Dirixida por X. Neira Vilas durante 22 anos, desenvolveu un intenso labor de investigación e recompilación das achegas da emigración galega na illa e converteuse nun dos máis importantes fondos bibliográficos galegos de América.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción de insurxirse unha gornición, un pobo ou unha nación.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á insurrección.
-
-
Provocar unha insurrección.
-
Rebelarse contra alguén.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de entender.
-
-
Acción ou influencia mutua ou recíproca entre cousas ou persoas.
-
Influencia aerodinámica dun elemento dunha aeronave sobre os outros.
-
Acción recíproca que exercen dous sistemas físicos. Este concepto substitúe o de forza, moito máis impreciso. A física contemporánea propón que a natureza, a pesar da gran diversidade de fenómenos que nela ocorren, pode ser explicada, esencialmente, en termos duns constituíntes fundamentais (as partículas fundamentais, clasificadas en hadróns e leptóns) e dunhas interaccións fundamentais entre aqueles, que se transmiten mediante o intercambio dunhas partículas mediadoras entre as partículas interaccionantes: estas partículas mediadoras son descritas polo campo de galga que resulta da invariancia de galga da dinámica das partículas interaccionantes. As interaccións fundamentais son a gravitación ou interacción gravitacional, a interacción electromagnética, a interacción feble e a interacción forte. A interacción gravitacional, que foi a primeira coñecida, maniféstase pola atracción das masas e ten un alcance infinito. A gravitación transmítese...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Exercer dous suxeitos unha acción mutua.
-
-
Lugar onde se cruzan dúas ou máis cousas de estrutura lineal, especialmente vías ou camiños.
-
-
Acción e efecto de intersecarse.
-
Conxunto formado por elementos que pertencen ao tempo a dous conxuntos ou máis. A intersección de dous conxuntos, A e B, é denotada por A 3 B, que se le A intersección B. En xeometría fálase de intersección entre curvas e superficies.
-
Operación de atopar o conxunto intersección.
-
-
Sistema para determinar as coordenadas dun punto inaccesible no terreo que consiste en dirixir cara ao punto un certo número de visuais desde puntos de coordenadas coñecidas.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Enunciado autónomo, sen ningunha función oracional ou frástica que, ou ben se presenta illado ou ben se insire ao inicio, ao final ou en medio doutro enunciado, mais en calquera caso con total independencia (Ai, que risa; Ale!; Pero ti dixeches que non o coñecías, ou?). As interxeccións profírense entre pausas e cunha entoación marcada, distinta á do resto da elocución, trazos que as aproximan aos vocativos e á modalidade exclamativa. Por iso adoitan escribirse entre signos que marcan esa pausa (coma, punto e coma ou punto) ou esa entoación (puntos suspensivos, signos de exlamación ou repetición dalgún grafema). A diferenza de entoación permite atribuírlles significados diferentes, xa que por si mesmas non expresan ningún significado léxico concreto. Así, por exemplo, unha mesma forma ah! pode significar ‘alegría’ ou ‘sorpresa’ ou ai!, ‘sorpresa’ ou ‘dor’. As interxeccións tamén poden expresar un significado ou outro dependendo do xesto que as acompañe na elocución: “uf” cunha axitación...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Reacción inflamatoria local que aparece no punto da pel onde se aplicou unha inxección intradérmica cunha cantidade mínima de toxina, antíxeno, medicamento ou calquera outra substancia. Permite estudar o grao de receptividade ou de inmunidade dun suxeito.
-
-
Acción de examinar os sentimentos e pensamentos dun mesmo.
-
Método que consiste na análise da consciencia individual para descubrir as leis que rexen o comportamento persoal.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Apropiación psíquica dos obxectos ou das persoas do mundo exterior.
-
-
Acción e efecto de inxectar.
-
-
Introdución no interior dun organismo dunha solución ou suspensión estéril por medio dunha xiringa ou dun instrumento axeitado. A inxección pode ser intradérmica (dentro da espesura da pel), subcutánea ou hipodérmica (debaixo da pel, no tecido subcutáneo), intramuscular, intravenosa ou endovenosa, intraarterial, intrarraquídea e intracardíaca, entre outras.
-
Líquido que se inxecta.
-
-
-
Sistema de alimentación dos motores alternativos de combustión interna que consiste en inxectar a cantidade axeitada de combustible directamente dentro da cámara de combustión (inxección directa) ou á entrada do cilindro, preto da válvula de admisión (inxección indirecta). A inxección directa emprégase nos motores de acendido por compresión; os motores de acendido por chispa poden utilizar estes dous sistemas, aínda que é máis frecuente o uso do carburador. Consta dunha bomba de inxección que colle o combustible directamente do depósito ou que é alimentada por unha bomba de baixa presión, e que introduce o combustible no cilindro por medio do inxector. Se a bomba é de émbolo só hai que instalar, entre a bomba e os inxectores, un distribuidor de combustible. Nalgúns casos a bomba e o inxector xúntanse nun só dispositivo, o inxector bomba, alimentado por unha bomba de baixa presión. Regula a inxección para sistemas mecánicos ou pneumáticos, pero tamén se pode facer electronicamente, mediante...
-
bomba de inxección
Bomba empregada na inxección de combustible que dosifica a cantidade inxectada de combustible e fornece a presión adecuada. A dosificación pode ter lugar por medio dun émbolo rotativo proveniente dunha canle helicoidal que permita o retorno do exceso de combustible, ou por medio dunha válvula dosificadora que se abre xusto o tempo imprescindible para que pase a cantidade de líquido necesaria. A bomba pode ser de émbolo único ou pode ter un émbolo para cada cilindro.
-
-
Técnica de moldeado que consiste en introducir a aliaxe a presión no molde e efectuar a solidificación nas mesmas condicións. Obtense unha microestrutura metálica moi homoxénea con gran pequeno, ausencia total de oclusións gasosas e unha resistencia mecánica superior á obtida con métodos convencionais.
-
Aplicación inxectiva que se establece entre dous conxuntos.
-
hiperemia.
-
-
PERSOEIRO
Poeta e tradutor suízo. A súa extensa obra reúne influencias do romanticismo, do idealismo alemán e do mundo grecorromano. Destacan L’effraire et autres poésies (1953), À la lumière d’hiver (1977), Pensées sous les nuages (1983) e À travers un verger (1984). Publicou tamén relatos en prosa poética, como La promenade sous les arbres (1957), L’obscurité (1961) e Paysage avec figures absentes (1970).
VER O DETALLE DO TERMO -
REXIÓNS
Rexión da Republica Democrática do Congo (154.742 km2; 3.117.000 h [estim 1994]). A súa capital é Kananga.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Oblast’ de Kazakhstán (151.300 km2; 617.624 h [1999]). A capital é Uralsk.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de fungos basidiomicetos agaricais, da familia das tricholomatáceas, que teñen sombreiro pequeno con láminas decorrentes e escotadas unidas ao pé, a carne é delgada e de textura fibrosa e carecen de anel. Adoitan ser comestibles. En Galicia son comúns as especies L. bicolor, en todo tipo de bosques, pero sobre todo nos de conífera; L. laccata; L. fraterna, propia de eucaliptais, e L. amethysea.