"eo" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3592.

  • PERSOEIRO

    Fotógrafo e reporteiro gráfico norteamericano do exército sudista. Realizou numerosas reportaxes durante a Guerra de Secesión, sendo un dos pioneiros neste eido da fotografía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Afección provocada por fenómenos meteorolóxicos, sobre todo polos descensos súbitos da presión atmosférica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • XACEMENTOS

    Xacemento arqueolóxico do Plio-plistoceno (1,8 M a) sobre un nivel lacustre situado no concello de Orce (Andalucía). Nesta localidade atopáronse numerosos restos de animais parcialmente removidos, asociados a un conxunto de sílex no que predominaban as pequenas lascas, aínda que tamén se detectou a presenza de núcleos e manuportes. A análise espacial do xacemento demostra a existencia de dous solos diferentes, no primeiro deles establécese unha clara relación entre as industrias líticas e os restos dun hipopótamo. Así mesmo, nesta localidade arqueolóxica detectouse un molar humano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor. Estudiou na Escola de Artes e Oficios de Bilbao e en Madrid xunto a Agustín Querol. Representa escenas e tipoloxías do pobo vasco: Los layadores ou Regata de traineras. É autor dos monumentos á raíña Mª Cristina (Donostia, 1917) e a Sarasate (Iruña, 1919), amais dunha serie de bustos de literatos que se atopan no concello de Madrid como os de Calderón de la Barca, Lope de Vega ou Quevedo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político alemán, deputado do Reichstag (1887) e xefe do Partido Liberal Radical. Separouse do goberno no ano 1902 polo desacordo coa política intervencionista.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cartógrafo escocés. Foi un dos fundadores da Royal Scottish Geographical Society (1884). Introduciu o sistema de representación do relevo por medio de cores. A súa obra máis coñecida é Times Survey Atlas of the World (1921).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Romanista italiano, mestre da Universidade de Turín (1907), promotor do Atlante Lingüístico italiano, e representante da neolingüística ou lingüística espacial. É o autor de Breviario di neolingüística (Breviario de neolingüística, 1925), en colaboración con Giulio Bertoni.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Coñecido polo pseudónimo Baccio della Porta. Formouse á beira de Cosimo Roselli. No ano 1494 montou o seu obradoiro con Mariotto Albertinelli. Influído por Savoranola, ingresou na orde de San Domingos (1500) e, tralo seu retiro a San Marco de Florencia, puxo a súa obra ao servizo da relixión. A súa arte adoitou unha forma clásica, influída polo sfumato de Leonardo e a harmonía de Rafael. Contribuíu a fixar a tipoloxía da Virxe e entre as súas obras salientan: Aparición de Deus a santa Caterina e santa Margarida e Os desposorios místicos de santa Catarina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ou Domenico Veneciano (Venecia 1405 ? - Florencia 1461) Pintor. Traballou en Perugia e en Florencia, onde se estableceu definitivamente. Pintou unha serie de frescos para a igrexa de Sant’Egidio de Florencia axudado por Piero della Francesca. A súa obra caracterízase por unha gran luminosidade, polo perfecto estudo da perspectiva e da ambientación da paisaxe e polo colorido suave.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Iniciou a súa andaina literaria co libro de contos L’oasi perdut (O oasis perdido, 1937) e co poemario Cant corporal (Canto corporal, 1938). No 1939 exiliouse e ingresou en diversos campos de refuxiados para logo establecerse en México. Entre outras obras publicou: Els himnes (Os himnos, Premio Carles Riba 1972), La noia del girasol (A moza do xirasol, Premio Santiago Rusiñol 1981).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Teoría propugnada polo doutor norteamericano Simon Baruch (1840-1921); segundo esta, a auga ten un efecto sedante cando a súa temperatura coincide coa da pel, e un efecto estimulante cando é máis alta ou máis baixa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor, xornalista e pintor. Realizou estudios de peritaxe mercantil. Emigrou a Bos Aires en 1890 onde traballou como funcionario. Colaborou en diversos xornais como El País, El Eco de Galicia, Almanaque Gallego, etc. Cultivou simultaneamente o teatro, a novela, a crítica de arte e a pintura. Na súa produción destacan as obras: Labor de araña (1907), Los nervios (1908), Espigas sueltas (1903) e El pintor Dionisio Fierros (1908). Ao seu retorno a España publicou La leña de la vida (1914), El premio (1915), Don Juan de América (1924) e Fixo ben? (1899), relato en prosa e a súa única achega en galego. Como pintor destacou como paisaxista e autor de mariñas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Palabra empregada entre os antigos gregos para designar un dos principais cargos dos seus gobernos. Aparece documentada desde a época micénica, cando designaba o gobernador dunha área determinada. Ao principio da época arcaica, o basileo identificábase co Rei, pero a evolución política cara á oligarquía aristocrática fixo que o cargo quedase reducido a designar o maxistrado que se encargaba do culto dos deuses patróns da cidade. Só en Esparta se mantivo o título durante o período clásico. Durante a época helenística retomou o seu sentido de monarca, e foi usado polo Rei dos persas e por Alexandre o Grande. Posteriormente, foi atribuído aos emperadores romanos e bizantinos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Navegante e explorador inglés. Percorreu as costas de Australia e de Tasmania, e descubriu o estreito que leva o seu nome.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor francés. Abandounou o Catolicismo e evolucionou cara a un misticismo hinduísta. A súa obra céntrase nos estados límite, como a dor, o pracer ou a morte. Destacan o ensaio L´expériencie intérieure (A experiencia interior, 1943) e a novela Le coupable (O culpable, 1944).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de administrar o sacramento do bautismo a unha persoa.

    2. Festa ou cerimonia coa que se celebra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actriz francesa de cine e teatro coñecida popularmente por Arletty. A súa traxectoria artística vai ligada á de Marcel Carné, para quen realizou as mellores interpretacións en Le jour se lève (A xornada comeza, 1939), Les enfants du paradis (Os rapaces do paraíso, 1944) e Les visiteurs du soir (Os visitantes do anoitecer, 1942).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Instrumento que mide e rexistra o sentido e a velocidade das correntes submarinas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que pertence á superorde dos batoideos.

    2. Peixe da superorde dos batoideos.

    3. Superorde de peixes da subclase dos elasmobranquios que comprende individuos de corpo comprimido dorsoventralmente, de cores escuras no dorso e brancas no ventre. É un grupo rico en especies que, nalgúns casos, presentan órganos eléctricos. Os batoideos distribúense por todos os mares e viven polo xeral nos fondos litorais. A ela pertence a orde dos raiformes.

    VER O DETALLE DO TERMO