"AND" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3994.

  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Barcelona, Catalunya (21.933 h [2001]). Ten industrias dos sectores metalúrxico, electrónico, químico, artes gráficas e téxtil.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Barcelona, Catalunya (7.833 h [2001]). A súa economía baséase na agricultura e na industria téxtil.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e militar boliviano. Oficial mestizo do exército colonial, uniuse aos independentistas e en 1826 presidiu o goberno peruano. Destituíu a S. Bolívar e acadou a presidencia de Bolivia (1829). En 1836 derrotou os peruanos e impuxo a Confederación Peruano-Boliviana. Vencido por unha alianza de Perú, Arxentina e Chile (1839), foi desterrado a Europa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forza de policía e tribunal existente en Castela (1476-1498). Froito da transformación das irmandades das cidades castelás nunha institución centralizada, creada polos Reis Católicos nas cortes de Madrigal (1476), encargouse de vixiar os camiños e o campo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Filólogo. Doutorouse en Filoloxía Románica pola Universidade de Santiago de Compostela (1973) e, desde 1983, é catedrático de Filoloxía Románica na mesma universidade. Secretario do Instituto da Lingua Galega (ILG) entre 1971 e 1991, desde 1993 ocupa o cargo de director. Desde todos os seus ámbitos de traballo impulsou activamente a expansión e difusión da lingua galega e centrou as súas liñas de investigación nos diversos campos da lingüística galega. Durante a Xunta Preautonómica ocupou a Secretaría da Lingua Galega (1979), cargo desde o que promoveu a implantación do galego no ensino non universitario. Nese mesmo ano foi nomeado secretario da Comisión de Toponimia da consellaría de Educación e Cultura, que elaborou os ditames do Nomenclátor de Galicia (2005), publicación que recolle a toponimia oficial das entidades de poboación de Galicia. Como membro do ILG participou na redacción das Bases prá unificación das normas lingüísticas do galego (1977), punto de partida das Normas ortográficas...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital de Cantabria, situada no extremo SL da península do cabo Mayor (180.717 h [2001]). Domina a entrada da baía de Santander, que lle serve de porto natural. Primeira cidade da fachada cantábrica, foi desbancada por Bilbao a mediados do s XIX e por Donostia e Gijón no decenio 1940-1950, cando un incendio destruíu en 1941 boa parte da cidade. O concello terciarizouse, pero mantén unha actividade portuaria importante. Exportou la a Flandres (ss XV e XVI) e fariñas castelás a América (ss XVIII e XIX). En 1754 foi erixida en bispado e Fernando VI deulle o título de cidade (1755). Foi ocupada polos franceses (1808-1812) e viviu as Guerras Carlistas. Durante a Guerra Civil permaneceu fiel á Segunda República ata agosto de 1937. Do seu patrimonio cultural destacan o conxunto histórico de El Sardinero (BIC, 1986) e o palacio e os xardíns de La Magdalena (BIC, 1982).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DEPARTAMENTOS

    Departamento de Colombia (30.537 km2; 1.964.361 h [estim 2000]). A súa capital é Bucaramanga.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antiga provincia de Castela a Vella, convertida en 1982 en comunidade autónoma uniprovincial co nome de Cantabria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e militar colombiano. En 1810 uniuse aos independentistas e foi un dos lugartenentes de Simón Bolívar, que o nomeou vicepresidente de Nueva Granada e da República de Colombia (1821). Proporcionoulle cartos, homes e víveres a Bolívar, o que fixo posible a continuación da campaña. O separatismo venezolano enfrontouno a Bolíva, pois defendeu a constitución federal de 1821. Morto Bolívar, foi proclamado presidente de Nueva Granada (1832-1836).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Santander ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Santander.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • AFLUENTES

    Afluente pola dereita do río Navia que nace e desemboca na parroquia das Nogais, no concello homónimo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello das Nogais baixo a advocación de santo André.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade situada no estado de São Paulo, Brasil (624.820 h [1996]). Forma parte da área metropolitana de São Paulo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello do Páramo baixo a advocación de san Pedro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Parroquia do concello de Viveiro. baixo a advocación de Santo andré.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Lugo baixo a advocación de santo André.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Caldas de Reis baixo a advocación de santo André.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello do Corgo baixo a advocación de santo André.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Vigo baixo a advocación de santo André.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello da Fonsagrada baixo a advocación de santo André.

    VER O DETALLE DO TERMO