"An" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sarcoma no que a proliferación celular deriva dos elementos conxuntivos dos vasos sanguíneos.
-
-
Exploración visual dos vasos sanguíneos.
-
Anxioscopia practicada cun oftalmoscopio para examinar o fondo do ollo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Contracción espasmódica da capa muscular dos vasos sanguíneos.
-
-
Relativo ou pertencente ao anxiospasmo.
-
Conxunto de accidentes determinados polo espasmo dos vasos sanguíneos dos membros, das vísceras ou dunha rexión máis ou menos limitada.
-
-
-
Aqueles vexetais que teñen as sementes incluídas dentro dunha cámara formada por concrescencia dos carpelos.
-
magnoliofitina.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Redución do diámetro dun vaso. Pode ser producida por trombose, embolia ou arteriosclerose.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Decapéptido liberado pola acción dun enzima renal, a renina, sobre un precursor inactivo, o anxiotensinóxeno.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Octopéptido derivado da anxiotensina I, mediante un enzima do pulmón, que ten unha enérxica acción hipertensora por vasoconstrición arteriolar, e que provoca a segregación de aldosterona.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Globulina sérica precursora da anxiotensina I.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Procedemento operatorio de hemostasia que consiste en pechar os grandes pedículos vasculares cunha pinza de gran presión.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Concepción, aparecida a miúdo na espiritualidade cristiá e nas correntes puritanas, que tende a considerar ao home semellante a un anxo, é dicir, a sobreestimar a súa parte espiritual menosprezando os seus aspectos corporais.
-
-
Espírito celestial, mensaxeiro de Deus e superior aos homes. No século IV a C o Zoroastrismo cría nuns seres superiores e custodios de determinadas cousas terrestres, chamados Amesa Spenta. No Xudaísmo, son citados a miúdo na Biblia como seres que serven constantemente a Deus e que son, ao mesmo tempo, os seus mensaxeiros. No Novo Testamento interveñen varias veces na vida de Xesús (Anunciación, Nacemento, Tentación, Ascensión e Resurrección). Máis tarde artellouse un corpo de doutrina sobre os anxos: o Pseudo-Dioniso (s V), no que se establece unha xerarquía en nove ordes. A escolástica presentábaos como seres puros, libres e inmortais, con coñecemento superior ao dos homes. Creados por Deus en estado de felicidade, foron postos a proba, e unha parte deles, os anxos malos ou demos, volvéronse contra El. A Igrexa Católica proclamou artigo de fe a verdade bíblica da existencia dos espíritos puros (Concilio IV de Letrán, 1215), insistindo na súa veneración. Así mesmo, mantén...
-
Figura, xeralmente un neno, que representa un anxo, pintada ou esculpida nos retablos e nas fachadas como complemento decorativo.
-
Persoa moi bondadosa e afable.
-
Designación que na Igrexa Católica alude a aquel espírito celeste que defende e vixía a cada ser humano de xeito individual.
-
Nome xenérico da moeda de ouro, con debuxo do arcanxo San Gabriel lanceando o dragón, amoedada por vez primeira por Filipe VI de Francia no 1341, e logo tamén en Inglaterra (Eduardo IV) e Flandres (Filipe o Atrevido).
-
Figura representada en forma dunha doncela vestida cunha dalmática e coas ás case baixadas.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe orixinaria de Tui. De orixe celta, outras formas coas que pode aparecer este apelido son Anxeo, Anxio e Anxeu. As súas armas levan, en campo de goles, un saco de esparto.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Manuel Ángel Matalobos y Otero.
-
PERSOEIRO
Fillo de pais xudeus conversos, fíxose ermitán no monte Carmelo (Palestina). Despois marchou a Roma, onde se atopou con san Domingos e san Francisco, quen lle prediciu unha morte violenta. Cumpríndose o augurio, foi asasinado cando se dirixía a predicar a Sicilia contra os cátaros.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Nome procedente do latín eclesiástico Angelus e este, á súa vez, do grego ággelos ( ἄ γγελος) ‘mensaxeiro, nuncio, anxo’. O nome masculino actual procede probablemente da tradición relixiosa popular do Anxo da Garda, anxo custodio que protexe e guía a homes e pobos polo camiño da salvación, ao xeito do daimon (δαίμων) ‘deus, divindade’ heleno ou do genius romano. Na tradición xudeu-cristiá son instrumentos da vontade divina, mensaxeiros de Deus, e teñen os mesmos atributos cos grandes heroses clásicos: trasmiten os avisos e as ameazas, e poden ser tanto cortesáns como guerreiros ou xusticieiros. Na Biblia xa aparecían como emisarios de Iavé. O Anxo da Garda é titular de dúas parroquias e a súa festividade celébrase o 2 de outubro; a de santo Anxo o Carmelitano (s XII), o 5 de maio; e a de Ánxela Merici (ss XV-XVI), o 27 de xaneiro. Este antropónimo presenta as...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aparición dun anxo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo feminino que vén da advocación mariana “Nosa Señora dos Anxos”. A creación deste nome está vencellada a un fenómeno atmosférico insólito que aconteceu en Roma un verán de moita seca e que os fieis interpretaron como unha nevada. Foi daquela cando decidiron dedicarlle a María un templo con esta advocación. A súa festividade celébrase o 2 de outubro. Santa María dos Anxos é titular dunha parroquia. Outra variante deste nome é Ánxeles.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Peixe peláxico de corpo alongado e comprimido que, aínda que pode acadar 1 m de lonxitude, normalmente mide entre 40 e 60 cm. Ten a cabeza grande e ovalada. A primeira aleta dorsal é pequena e con radios débiles, e a segunda é grande, angulosa e oposta á anal. As pelvianas están en posición torácica, e a caudal vai sobre un pedúnculo moi marcado e é moi escotada. É de cor verde escura ou azulada no lombo, prateada nos costados e abrancazada no ventre. Aliméntase doutros peixes, crustáceos e cefalópodos.