Anxos
Anxos
[ONOM]
Antropónimo feminino que vén da advocación mariana “Nosa Señora dos Anxos”. A creación deste nome está vencellada a un fenómeno atmosférico insólito que aconteceu en Roma un verán de moita seca e que os fieis interpretaron como unha nevada. Foi daquela cando decidiron dedicarlle a María un templo con esta advocación. A súa festividade celébrase o 2 de outubro. Santa María dos Anxos é titular dunha parroquia. Outra variante deste nome é Ánxeles.