"Bo" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 4083.

  • PERSOEIRO

    Relixioso. Arcebispo de Bourges (840), presidiu os concilios de Meaux (845) e Maguncia (848). Nicolao I concedeulle os títulos de primado e patriarca segundo unha carta apócrifa. A súa festividade celébrase o 21 de xuño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Borgoña (921-937) e de Italia (924-926), fillo e sucesor de Rodolfo I de Borgoña. Loitou contra Berenguel I, rei de Italia e emperador de Occidente, a quen derrotou (923) e fixo asasinar (924). Sucedeuno no trono italiano, do que foi apartado por Hugo de Arles, quen lle cedeu a cambio unha boa parte dos seus territorios de Provenza (933), formándose así o Reino de Arles.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta portugués. De orixe xudía, foi a figura literaria dominante na época de anexión a Castela e o máis orixinal dos discípulos de Camões. Cultivou o xénero pastoril en poesía coas súas Éclogas (1605) e a novela con O Pastor Peregrino (1608). Escribiu en castelán Romances (1569), con influencias de Góngora.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Con-xo, Santiago de Compostela 20.4.1901 - Saint Georges de Dreux, Normandie 29.10.1995) Escultor. Coñecido como Bonome, formouse na tradición imaxineira santiaguesa. Nesta época realizou obras de carácter populista e primitivista como Aldeán ou A volta da feira. Realizou outras de estilo máis expresionista, como A vella do violín. En 1924 trasladouse a Madrid, onde obtivo certa relevancia grazas á súa técnica de talla directa e policromada sobre madeira, de carácter expresionista (Virgen del Rosario, 1923). Continuou a realizar obras encadradas no primitivismo (Recordo, 1924-1925; O meigallo, 1925) xunto con outras máis intimistas (Maternidade, 1926; Duquesiña, 1926-1927) e retratos (Portela Valladares, 1925; Antonio Palacios, Ofelia Nieto). En 1929 instalouse en París, onde dulcificou o seu estilo, apostando por un refinamento técnico e temático. Destacan A...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actriz. Formada na Escuela Superior de Arte Dramático de Madrid (1983-1987), desenvolveu o seu labor en diversas producións do Centro Dramático Galego, como O mozo que chegou de lonxe (1988), de J. M. Synge; A casa dos afogados (1991), de M. A. Fernán-Vello; e Un soño de verán (1992), de W. Shakespeare; e colaborou con Teatro de Aquí en Saxo Tenor (1994), de R. Vidal Bolaño. En 1992 fundou, xunto con María Pujalte, a Compañía de María, coa que elaborou varios espectáculos. Presentadora e actriz de programas e series da TVG, como Superamigos, A Familia Pita, Pratos combinados e Terra de Miranda, participou como actriz de reparto en Urxa (1989), Martes de Carnaval (1991), A metade da vida (1994), Arde amor (1998), Sei quen es (1999), El regalo de Silvia (2003) e Heroína (2005). Recibiu o Premio Tirso de Molina (1987) pola súa participación na obra El veneno...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Arquitecto. Foi arquitecto dos Servicios Provinciais da Coruña de Urbanismo (1981). Das súas obras, caracterizadas pola simplificación e a orde, destacan os edificios para a sede da Cruz Vermella na Coruña (1979-1981), o centro de saúde de Culleredo (1994-1997) e o edificio para a redacción de La Voz de Galicia, en Arteixo. Recibiu o primeiro premio no Concurso de Ideas Vivendas para Marxinados (1987) da Xunta de Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Paralelogramo que ten os lados iguais e cuxas diagonais se cortan no punto medio e son perpendiculares entre elas.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Relativo ou pertencente ao romboedro.

      2. Que ten a forma dun romboedro.

    1. Sistema cristalino formado por cinco clases cristalinas cun eixe principal de simetría que é ternario. OBS: Tamén se denomina sistema trigonal.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Paralelepípedo coas caras en forma de rombo.

    2. Forma fundamental do sistema romboédrico que deriva do hexaedro deformado dunha maneira homoxénea.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ten forma de romboide.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Paralelogramo que ten os lados opostos iguais sen ángulos rectos.

      2. Que ten a forma dun romboide.

    1. Músculo parello, aplanado e romboidal, que vai desde a columna vertebral ata o canto espiñal da omoplata e achégaa á columna vertebral.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos rombozoos.

    2. Mesozoo do filo dos rombozoos.

    3. Filo de mesozoos vermiformes que miden entre 0,5 e 7,5 mm de lonxitude e que viven parasitos nos riles dos moluscos cefalópodos. Comprende dous grupos, un coas células somáticas ciliadas e outros sen cilios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico ruso. Investigou en diversos centros de Leningrado (1924-1928 e 1928-1931) e de Arkhangel’sk (1931-1933). Estudou os corpos ferromagnéticos e, desde 1897, traballou na transmisión eléctrica a distancia. En 1907 propuso a utilización do tubo de raios catódicos para a reprodución de imaxes de televisión e un sistema de sincronización forzada pola transmisión e a recepción de imaxes.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de roubar.

    2. Produto dun roubo.

    3. Apropiación dunha cousa móbil realizada con ánimo de lucro, violentando ou intimidando as persoas ou forzando as cousas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Crebacabezas cúbico ideado orixinariamente como instrumento pedagóxico polo matemático húngaro Erno Rubik en 1974 para practicar con problemas de topoloxía.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Cor vermella que aparece na cara, principalmente nas meixelas, por vergonza, modestia ou outro sentimento.

      2. Sentimento de vergonza, modestia ou confusión.

    1. rubefacción.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Facer que alguén se poña vermello coa vergonza.

    2. Poñerse encarnado ao ver ou oír algo que causa vergoña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ten ou mostra rubor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Táboas astronómicas elaboradas por J. Kepler e publicadas co nome de Tabulae rudolphinae (1627), en honor ao Emperador Rodolfo II, que o nomeou astrónomo real. Estas táboas, que asimilaron os postulados de Copérnico, substituíron todas as táboas anteriores. Ademais da posición dos planetas, contiñan táboas de índices de refracción e de logaritmos, xunto a un catálogo, elaborado a partir das observacións de Tycho Brahe, de 1.005 estrelas.

    VER O DETALLE DO TERMO