"CIO" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 4772.

  • Acción e efecto de periodizar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Invólucro de filidios máis ou menos modificados que envolve os arquegonios ou os gametanxios das briófitas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen vive no círculo polar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aparato esporífero propio dalgúns fungos ascomicetos e dalgúns ascomicetos liquenificantes, esférico ou en forma de ampola. Normalmente os peritecios presentan apicalmente un ostíolo, a través do que saen as esporas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Técnica empregada nas intervencións abdominais que ten por obxecto recubrir de serosa todas as superficies cruentas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Reacción descuberta en 1877, que consiste na condensación dun aldehido aromático co anhídrido dun ácido alifático con dous átomos de hidróxeno na posición á, en presenza do sal sódico do mesmo ácido, e que conducen a sistemas â-arilacrílicos. A relación está favorecida pola presenza de grupos que atraen electróns no anel aromático. Emprégase para a obtención do ácido cinámico.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de permutar.

    2. Aplicación dun conxunto de n elementos a n lugares diferentes, é dicir, cada unha das diferentes combinacións que se poden facer cos diferentes elementos, entrando todos eles en cada unha das combinacións. O número de permutacións diferentes que se poden facer cun conxunto de n elementos é n! (n factorial). Se se identifica algúns dos elementos do conxunto, obtéñense as permutacións con repetición.

    3. Termo empregado pola escola lingüística glosemática, aplicado usualmente a elementos do nivel do contido e correlativo ao da conmutación, que se aplica ao nivel da expresión. Por exemplo, en O home matou o lobo, se se intercambian os substantivos obtense O lobo matou o home, polo tanto hai permutación entre home e lobo desde o momento en que ambas as dúas son gramaticais e semanticamente distintas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade ou condición de pernicioso.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que resulta gravemente daniño ou prexudicial.

    2. Que é de carácter moi grave.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de perorar.

    2. Última parte dun discurso.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de peroxidar.

    2. Proceso de formación de peróxido sen moléculas con enlaces dobres (graxas insaturadas, carotenos, etc), debido á degradación oxidativa (enzimática ou por autooxidación química), que se inclúe no fenómeno xeral do enranciamento. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción de perpetrar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción de perpetuar ou perpetuarse.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de perquirir.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de perseguir.

    2. Conxunto de actos violentos exercidos contra os cristiáns en tempos do Imperio Romano. Suetonio lembra unha primeira persecución, arredor do ano 50, cando Claudio I expulsou os xudeus de Roma, porque alborotaban en nome dun tal Chrestus. Pero foi a partir do incendio de Roma cando Nerón comezou a persecución (64). A mesma actitude foi adoptada polos emperadores Domiciano (94), Traxano (111), Antonino Pío (138-161) e Marco Aurelio (161-180). Ata este momento as persecucións eran parciais e afectaron, excepto a de Traxano, preferentemente á área romana. Séptimo Severo (202-211) decretou a persecución contra os catecúmenos, e Máximo Tracio (235-238) contra os cregos e dirixentes das comunidades. Con Decio (249-251) a persecución estendeuse a todo o imperio, como reacción ao favor dispensado aos cristiáns por Filipe o Árabe, e ante a organización da Igrexa. O mesmo camiño seguiu Valeriano (257-258) e sobre todo Diocleciano (303), decretando a máis universal e cruenta de todas as persecucións....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción de personalizar

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de personificar.

    2. Persoa que representa ou en que se personifica algo.

    3. prosopopea.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mecanismo de termorregulación corporal que consiste na transpiración ou vaporización constante e insensible, que se efectúa a través das superficies cutáneas e as membranas mucosas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de perturbar ou de perturbarse.

      1. perturbación da orde

        Acción que tende a impedir o normal desenvolvemento dun acto, dunha cerimonia, do tránsito urbano, etc, entre outros. En España está tipificada como delito en numerosas ocasións.

      2. Alteración ou trastorno (especialmente o provocado), dunha función ou ben do curso dunha enfermidade.

      3. Alteración que produce un efecto prexudicial no funcionamento dun aparato ou sistema.

      4. perturbación atmosférica

        Alteración do estado da atmosfera co paso dunha depresión.

    2. Corrección que hai que aplicar á órbita dun planeta ou dun satélite debido a que esta órbita se calculou considerando só o efecto gravitatorio do Sol, prescindindo do efecto gravitatorio dos outros astros.

    3. Modificación dunha determinada función matemática que non ten solución exacta para calcular unha solución aproximada.

    4. Alienación mental permanente ou transitoria. No dereito penal, pode ser causa de exención de responsabilidade criminal.

    5. Técnica matemática que permite resolver a dinámica dun sistema aproximando o hamiltoniano mediante un hamiltoniano, suma do libre, e un termo secundario, chamado termo perturbativo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista divulgativa publicada en Vigo a partir do 6 de outubro de 2000. Subtitulada “Revista mensual del sector pesquero”, foi editada pola Cooperativa de Armadores de Pesca do Porto de Vigo e dirixida por Alberto Alonso.

    VER O DETALLE DO TERMO