"car" (Contén)

Mostrando 16 resultados de 3676.

  • Antropónimo masculino que provén dun antigo nome bíblico que, a través do latín Zacharias, procede do hebreo Zekharyâh, un dos numerosos nomes teofóricos da lingua hebrea. Na segunda parte (-yah) hai unha abreviatura do nome do Deus de Israel (Yahvé), e a primeira contén a raíz verbal zakhar ‘lembrarse, recordar’, é dicir, ‘Deus lembrouse’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Undécimo dos profetas menores, autor da primeira parte do Libro de Zacarías (capítulos 1-8), onde constan diversos oráculos e oito visións referentes á protección de Iahvé sobre o pobo rescatado da deportación a Babilonia e a restauración do templo. A súa festividade celébrase o 6 de setembro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Sacerdote do templo de Xerusalén. Casou con santa Isabel e foi pai de san Xoán Bautista. Quedou mudo ao non crer o anuncio do arcanxo Gabriel de que ían ter un fillo. Morreu por orde de Herodes ao saber este que o seu fillo fuxira da matanza. Represéntase vestido como os sacerdotes xudeus e porta, como atributos, un pequeno botafumeiro, cera e punzón cos que escribiu o nome do fillo. A súa festividade celébrase o 5 de novembro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Papa (741-752). Sucesor de Gregorio III, procurou a independencia do ducado romano con relación a Bizancio e aos longobardos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Eclesiástico italiano. En 1530, xunto con Morigia e Ferrari, fundou a congregación dos clérigos regulares de San Paulo, chamados barnabitas. Canonizado en 1897, a súa festividade celébrase o 5 de xullo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Porteiro de fútbol. Xogou no Universitari, no Español (1916-1919), no FC Barcelona (1919-1922) e, de novo, no Español (1922-1931). Acabou a súa carreira xogando no Real Madrid (1931-1936). Foi 46 veces internacional. Exerceu como adestrador, seleccionador nacional (1952) e secretario técnico do Español (1957).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río do centro da Península Ibérica, afluente da cabeceira do Guadiana (220 km). Nace nos Altos de Cabrejas, na provincia de Cuenca, rega A Mancha e desemboca no Guadiana no pantano de Mulateros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor italiano. Formado con Mascagni, destacou pronto como operista con Conchita (1911) e Francesca da Rimini (1914), vinculadas ao movemento verista. Apartouse gradualmente do verismo con Giulietta e Romeo (1922) e I cavalieri di Ekebù (1925).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Kobrin 24.4.1899 - Brookline, Masachusetts 4.7.1986) Matemático ruso. Fixo investigacións en xeometría al­­xébrica, sobre transformacións, funcións holomórficas abstractas e sistemas li­neais. Ideou unha topoloxía específica, denominada topoloxía de Zariski. Publicou numerosos artigos e obras como Algebraic Surfaces (1935) e Commutative Algebra (1958 - 60).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor peruano. Considerado un dos narradores máis destacados da liña indixenista, publicou La batalla (1954), Los Ingar (1955), Vestido de luto (1961), Muchas caras del amor (1966) e Niebla cerrada (1970).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Apertar un nó para que non se desfaga.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. larexar.

    2. Dar un golpe a algo ou a alguén. SIN: pegar, zorregar, zoupar.

    3. Dar golpes a algo ou a alguén. SIN: pegar, zorregar, zurrar.

    4. Remexer nun burato para que saia un animal. SIN: chuzar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor italiano. Traballou en 1582 no Palazzo Ducale de Venecia e acabou os frescos da cúpula de Santa Maria dei Fiori de Florencia. Na Península Ibérica (1585), fixo o retablo maior da capela de El Escorial. Escribiu o tratado Idea (1607), en que divulgaba o neoplatonismo de Miguel Anxo. O seu irmán, Taddeo Zucari (Sant’Angelo in Vado 1529-Roma 1566) fixo os frescos da Sala dei Fasti Farnesiani del Palazzo Farnese (Caprarola) e os da Sala Regia do Vaticano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar. Loitou durante a invasión napoleónica e cos absolutistas, na guerra contra os liberais (1822-1823). Cando estalou a Primeira Guerra Carlista (1833) foi nomeado xeneral en xefe do exército real de Navarra. Home moi activo e cunha gran capacidade de organización, combateu vitoriosamente aos carlistas coa táctica de guerrillas. Derrotou a diversos xenerais liberais de prestixio, e en 1835 o pretendente e a corte impuxéronlle o asedio de Bilbao. Derrotou a Espartero en Durango e formalizou o asedio da capital. Aos poucos días foi ferido na cama por unha bala perdida, que lle provocou a morte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Enzima que cataliza a escisión dun 2-oxoácido en aldehido e dióxido de carbono. Funciona coa colaboración da cocarboxilase (pirofosfato de tiamina) e é fundamental no catabolismo anaeróbico da glicosa porque transforma o ácido pirúvico en acetaldehido, último paso antes da produción de alcohol.

    VER O DETALLE DO TERMO