Zariski, Óscar
Zariski, Óscar
(Kobrin 24.4.1899 - Brookline, Masachusetts 4.7.1986) Matemático ruso. Fixo investigacións en xeometría alxébrica, sobre transformacións, funcións holomórficas abstractas e sistemas lineais. Ideou unha topoloxía específica, denominada topoloxía de Zariski. Publicou numerosos artigos e obras como Algebraic Surfaces (1935) e Commutative Algebra (1958 - 60).