"AND" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 3994.
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Antas de Ulla baixo a advocación de san Miguel.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Vilastose (Muxía). Ten planta en forma de L con patín posterior e escaleira de acceso a este. Os muros son de cachotaría e as esquiñas, cornixas e ocos de cantaría. Conserva o pombal.
-
GALICIA
Filólogo. Licenciado en Filosofía e Letras, foi vicepresidente da Asociación de Tradutores Galegos e, desde 2000, presidiu a Organización Española para el Libro Infantil y Juvenil (OEPLI) e foi subdirector xeral de Promoción Cultural da Consellería de Cultura. Coordinador e autor de libros de texto, escribiu Gillermo Tell. Lenda suíza (1984) e traduciu, entre outras obras, Os dentes do león (1984), Polgariño (1991), Ética para o meu fillo (1996) ou O colar do rei (1996). Recibiu o Premio Francisco Fernández del Riego á cooperación no labor editorial (2005).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor ruso. Considerado un dos clásicos do realismo socialista, da súa obra destacan os contos Gorod v stepi (A cidade na estepa, 1912) e Železnyj potok (O torrente de ferro, 1924).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Cantante e compositora. Coñecida como Barbara, comezou interpretando cancións de L. Ferré, G. Brassens e J. Brel. Da súa discografía destacan Mon pote le gitan ou L’oeillet blanc (1957), Dis quand reviendras tu? (1963) e Barbara chante Barbara (1964).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Explorador e militar portugués. Gobernador xeral de Moçambique, explorou as rexións mozambicanas e Angola, para constituír unha zona de influencia portuguesa desde o Índico ao Atlántico, política que foi freada por Reino Unido, que a consideraba prexudicial para a súa expansión colonial.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Romanista. Profesor de lingua e literatura italianas en Cluj (Romanía) e de lingüística románica en Caller (Sardeña) e Nápoles, realizou achegas ao campo da onomástica romana e da dialectoloxía, particularmente sarda. Reconstruíu moitos aspectos da vida cultural e social da Italia medieval. Das súas obras destacan Contributo toponomastico alla teoria della continuità nel Medioevo delle comunità rurali romane e preromane dell’Italia superiore (1931), Lineamenti di una storia linguistica dell’Italia medievale (1954-1958).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo masculino cristián-romano que provén do latín Servandus, de servāre ‘que ha de ser gardado, que se ha de conservar’, que nun principio era un alcume de escravos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
(ss III-IV) Mártir. Leigo de Osuna, sufriu martirio con san Xermán en tempos de Diocleciano e morreu decapitado. Represéntase con traxe segrar ou de soldado romano, como soldado de Xesús Cristo, con cadeas suxeitas aos pés como atributo persoal. A súa festividade celébrase o 28 de outubro.
-
-
Comando en que o sinal actuante é amplificado antes da súa aplicación.
-
Mecanismo auxiliar que, accionado por unha forza feble, o amplifica para facer funcionar un aparato ou unha máquina, eventualmente a distancia. Empréganse nos casos en que cómpre substituír a forza muscular do home por un dispositivo hidráulico, pneumático ou eléctrico.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Alexandre Severo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sheng de China (153.300 km2; 90.790.000 h [2000]). A súa capital é Jinan. Está formada pola península de Shandong e as terras chás que envolven o curso baixo do Huang He. O N e o O son chás mentres que o S e o L son montañosos, están divididos pola chaira de Weifang; no centro está a montaña sagrada de Taishan. O clima é temperado na costa e semicontinental no interior. Produce trigo, millo, algodón e cáñamo, e na costa froitas. Jinan, Qingdao, cidade portuaria, e Weifang son os principais centros industriais.
-
PENÍNSULAS
Península de China que penetra no Mar Amarelo diante da península de Liaodong ao N, formando entre ambas o Bo Hai. Cultivan trigo, patacas e tabaco.
VER O DETALLE DO TERMO -
ILLAS
Arquipélago da Antártida, situado diante da Península Antártica, da que a separa o estreito de Bransfield (4.600 km). Dependencia británica, son reivindicadas por Arxentina e Chile.
VER O DETALLE DO TERMO -
ILLAS
Grupo de illas do Reino Unido situadas entre o mar do Norte e o Océano Atlántico, a uns 100 km ao NL das illas Orcadas (1.438 km2; 21.988 h [2001]). Constitúen un distrito unitario de Escocia. A capital é Lerwick (7.223 h [1981]). Está formada por un cento de illas, moitas delas deshabitadas, entre as que sobresae Mainland, a máis grande. De clima húmido e solo pobre, a súa principal riqueza é a gandaría ovina e a pesca.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase ao estilo arquitectónico desenvolvido en Sicilia e Italia meridional durante os ss XII e XIII, constituído por unha profusa variedade de formas artísticas bizantinas, musulmás, lombardas e normandas. En Campania predominan os elementos musulmáns, bóvedas, arcos de ferradura, peraltados e entrecruzados e decoración exuberante, nas catedrais de Caserta Vecchia (ss XII-XIII) e Amalfi (1266-1268, claustro). Baixo o dominio normando, a arquitectura siciliana incorporou esquemas do románico normando, planta basilical con cruceiro moi remarcado e torres monumentais, formas da arte bizantina, cúpulas sobre pendentes, capiteis, temas iconográficos e ornamentación con mosaicos, e técnicas de orixe musulmá, decoración de pavimentos, muros e bóvedas. Destacan San Giovanni degli Eremiti (1132’), Santa Maria dell’Ammiraglio ou La Martorana (1143?), San Cataldo (anterior a 1161) e a Capella Palatina no Palazzo Reale (1140), todos en Palermo, a catedral de Cefalù (s XII), a catedral de Monreale...
-
-
silencioso.
-
Que fala pouco.
-
-
PERSOEIRO
Tsar dos búlgaros (893-927), fillo do príncipe Boris I. Sucedeu a seu irmán, o príncipe Vladimir I, e tomou o título de tsar. Admirador da cultura grega, reinou nun país de gran prosperidade comercial, contra a que atentaron uns editos do Emperador León VI. As reclamacións búlgaras non foron escoitadas e estalou a guerra, da que saíu vitorioso. Despois dun período de paz, en que floreceron as artes e as letras, ao morrer León VI continuou a guerra (912). O Emperador Constantino VII deulle o título de tsar e converteuse no seu tributario. Gobernou desde o mar Negro ata o Adriático, incluíndo a península Balcánica, Valaquia e parte de Transilvania.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Historiador e economista francés. Estudou os salarios e as causas económicas e sociais da súa formación baseándose en rigorosas estatísticas e analizando a súa incidencia nos ciclos económicos. Publicou Le salaire, l’evolution sociale et la monnaie (1932) e Les Flutuations économiques à longue période de la crise mondiale (1933).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Economista e especialista en ciencias sociais . Especializouse no estudo da toma de decisións nas organizacións económicas complexas. Das súas obras destacan Administrative Behavior (1947), Organizations (1958), Human Problem-Solving (1972), Models of Bounded Rationality (1982), Reason in Human Affairs (1983), Protocol Analysis (1984) e Scientific Discovery (1986). Recibiu o Premio Nobel de Economía en 1985.
VER O DETALLE DO TERMO