"AND" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3994.

    1. Que ten estames máis ou menos concrescentes.

      1. Relativo ou pertencente ás sinandras.

      2. Planta da antiga orde das sinandras.

      3. Antiga orde de plantas herbáceas ou arbustivas, dicotiledóneas e simpétalas, con follas en xeral simples e alternas, flores pentámeras, epíxinas e sinantéreas, e froitos habitualmente en aquenio ou en cápsula.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Coñecido como Abram Terc, exiliouse en París (1973). O seu ensaio Cto takoje socialističeskij realizm (Que é o realismo socialista, 1959) amosa o sinal da disidencia. Tamén destacan a novela L’ubimov (1963) e os relatos recollidos en Fantastičeskije provesti (Relatos fantásticos, 1961), inspirados por Hoffmann.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei visigodo (631-636), duque da Narbonesa ou Septimania. Rebelouse contra o Rei Suintila e destronouno (631), despois de invadir a Tarraconense ata Zaragoza. No IV Concilio de Toledo (633) demandou a confirmación do seu título real e fíxose unxir por insinuación de Isidoro de Sevilla.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo masculino de orixe xermánica formado por un segundo elemento, nanths ‘valente, ousado’. O primeiro elemento procede de sisu ‘encantamento, bebedizo’, e isto daría ‘valente por un bebedizo’, ou de sis ‘queixarse, preitear’, e, polo tanto, ‘valente nos preitos’. En calquera caso parece estar na base do topónimo Sernande e quizais de Cernán e Cernande.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bispo de Santiago de Compostela. Recibiu importantes doazóns do Rei Afonso III. Conseguiu a construción dun novo templo para o Apóstolo Santiago (899) e a dos mosteiros de San Paio de Antealtares, San Martiño Pinario e San Fiz de Lovio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bispo de Iria, fillo dos condes Hermenexildo e Paterna. Foi elixido baixo o reinado de Ordoño III, pero coa subida ao trono de Sancho I o rei substituíuno por san Rosendo. Volveu de novo ocupar o seu posto e morreu en loita contra os normandos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antiga provincia de Laos, existente ata 1975. A capital era Muan Không.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLAS

    Illa de Dinamarca, a principal do arquipélago danés (7.450 km2; 2.248 h [estim 2001]). Situada entre o mar do Norte e o estreito de Kattegat, está separada de Suecia ao L polo estreito de Øresund e da illa de Fun, ao O, polo Gran Belt. É a zona máis poboada de Dinamarca, concentra case a metade da súa poboación e nela atópase a capital, Copenhaguen.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Caudillo albanés. De nome Gjergj Kastriota, ocupou Croia (Epiro) e promoveu o alzamento dos seus súbditos contra os dominadores. Converteuse en xefe da Liga dos Pobos Albaneses (1444). Resistiu os continuos ataques dos turcos e aliouse cos venecianos (1463). En 1466 recibiu a bendición e a axuda do Papa Paulo II.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cada unha das dúas glándulas que están situadas xunto á fin da uretra feminina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor ruso. Coñecido como Aleksandr Sergejevič Neverov, a súa obra reflicte temas sociais no marco da revolución. Destacan Marja-bolsevistka (María a bolxevique, 1921) e Taškent gorod-khlebnij (Taškent, a cidade do pan, 1923).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor. En 1933 construíu as primeiras esculturas de ferro soldado baixo a influencia de Picasso e J.González. Das obras de tendencia social (1937-1940), pasou a traballar estruturas primarias. Fixo grandes cubos de aceiro inoxidable e esculturas de ferro de dimensións urbanas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello da Laracha baixo a advocación de san Pedro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo mosteiro beneditino situado na Laracha. Documentado no s X, en 1500 o Papa Alexandre VI anexouno ao de San Martiño Pinario. Consérvase a igrexa, convertida en parroquial. Ten planta basilical de tres naves, dividida en catro tramos e cuberta con bóveda de canón, e tres ábsidas poligonais. A ábsida central é pentagonal ao exterior e está cuberta cunha bóveda de abano; accédese a ela por un arco apuntado apoiado en semicolumnas pegadas. O testeiro e as ábsidas pertencen a unha construción do s XIV.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor. Realizou, para a igrexa de Santa María da Guarda, o Retablo do Bon Suceso (1886) e o Santo Cristo da Saúde (1876). Da súa produción tamén destacan o Santo Cristo Xacente e as imaxes de Nosa Señora do Rosario e Nosa Señora das Angustias, da igrexa de San Miguel de Tabagón (O Rosal).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Län de Suecia (6.062 km2; 256.033 h [estim 2000]). A súa capital é Nyköping.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador cinematográfico. Da súa filmografía destacan Los hijos del fierro (1973-1977) e La mirada de los otros (1980), exemplos do cine de liberación. Tamén salientan Tangos, el exilio de Gardel (1985) e Memoria del saqueo (2004). Recibiu o premio ao mellor director no Festival de Cine Independente de Cannes por Sur (1988).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de arbustos gabeadores, da familia das solanáceas, con follas alternas e enteiras e flores terminais, solitarias de cor amarela ou branca. A este xénero pertence a especie S. maxima, que é orixinaria de México e en Galicia atópase como planta ornamental en parques e xardíns.

    VER O DETALLE DO TERMO
  •   (Muxía? 1902 -?) Produtor cinematográfico. Instalado en Cuba, iniciou o seu labor profesional como distribuidor de cine español en Cuba. Director de Cifesa (1935) en La Habana, en 1937 trasladouse a Berlín para crear Hispano-Film-Produktion, unha empresa constituída por Cifesa e UFA. En colaboración co realizador alemán Johann W. Ther participou na produción de diversas longametraxes. Despois de colaborar nalgunha coprodución italo-española, produciu en España La Dolores (1939) e La gitanilla (1939). Ao seu regreso a La Habana sufriu as acusacións dos medios de comunicación cubanos pola súa relación con réximes fascistas e a expulsión do país (1942). Ao seu retorno a España fundou as produtoras Marta Films e Profilms 21.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Relixioso. Foi arcipreste da catedral de Santiago de Compostela e provisor e vigairo da arquidiocese; desde 1907 foi bispo de Mondoñedo. Foi senador pola provincia eclesiástica de Santiago (1914-1915, 1923).

    VER O DETALLE DO TERMO