"CIO" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 4772.

  • Acción de plasmar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de plastificar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Plataforma constituída en outubro de 1976 pola maioría das forzas de oposición de España, para participar no proceso de reforma política. Elixiron a Valentín Paz Andrade para que formase parte da comisión negociadora, entre decembro de 1976 e abril de 1977. Abordou temas como a legalización de todos os partidos políticos, a lei de amnistía ou a preparación das eleccións xerais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización constituída en xullo de 1975, integrada polo Partido Socialista Obrero Español (PSOE), varios partidos socialdemócratas e democristiáns, e algunhas organizacións de extrema esquerda, como a Organización Revolucionaria de Trabajadores (ORT) e o Movimiento Comunista de España (MCE). Mantivo un diálogo co goberno e tivo grandes dificultades para coordinar criterios e actividades, ata que se uniu en 1976 coa Junta Democrática de España, promovida polo Partido Comunista de España (PCE), e formou a Coordinacion Democrática en marzo de 1976.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Comediógrafo latino. Segundo Aulio Gelio, obtivo os maiores éxitos quince anos despois da representación das primeiras obras de Nevio (235? a C) e coma este cultivou a comedia palliata. Inicialmente, encargouse da adaptación de comedias gregas, á vez que observaba os costumes dos distintos estratos da sociedade romana. A súa sona fixo que, xa morto, circulasen por Roma máis de 130 comedias apócrifas. Xunto con outros críticos, Varrón realizou a selección transmitida polos manuscritos e determinou que obras cumpría considerar como autenticamente plautinas: Asinaria, Aulularia, Bacchides, Captivi, Epidicus, Menaechmi, Miles gloriosus, Persa, Trinummus, Truculentus e Vidularia, entre outras. Co seu teatro, en que introduciu algúns aspectos autobiográficos, tendeu a renovar definitivamente a escena romana e manexou cun virtuosismo extraordinario os metros dos diálogos ou dos cantica....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma específica que se orixina no interior dun terreo pola acción do xeo. Trátase a miúdo dunha acumulación de bloques dispostos nunha serie de pequenas ondulacións. É característica do sistema de erosión periglacial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que concirne ou compete a varias nacións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Palencia, Castela e León (180 h [2001]), situado á beira do Camiño Francés de peregrinación a Santiago. Do seu patrimonio destaca a igrexa barroca de Santa María Magdalena e as ermidas de San Miguel e do Socorro, ambas as dúas románicas de transición.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de poboar.

    2. Lugar poboado. Xeralmente fai referencia a unha entidade urbana.

      1. Conxunto de habitantes dun lugar ou territorio determinados (estado, provincia, cidade, municipio, etc). O concepto pode designar fraccións variadas deste conxunto (poboación rural, urbana, masculina, feminina, activa, parada, etc) que en relación a el constitúen subpoboacións.
        O estudo e a análise da poboación
        A disciplina que se ocupa de xeito directo e específico da súa análise é a demografía. Existen ademais outras disciplinas afíns a ela que teñen como obxecto o estudo de aspectos máis cualitativos da realidade humana, relacionados coa variable demográfica. Entre elas destacan a xeografía da poboación, que analiza poboacións reais en espazos xeográficos identificados; a socioloxía da poboación ou demografía social, que enmarca os feitos demográficos no contexto da sociedade; e a historia da poboación ou demografía histórica, que estuda o desenvolvemento de poboacións reais en distintos momentos da historia. Os primeiros recontos poboacionais datan das civilizacións...

      2. poboación activa

        Poboación que ten a idade mínima para acceder ao mercado laboral (16 anos) e que se atopa en situación de ocupación ou en estado de paro ou desocupación. A poboación activa ocupada é a que realiza unha actividade económica da que obtén unha remuneración, mentres que a poboación activa desocupada é a que busca o seu primeiro emprego ou a que deixou a actividade económica que realizaba.

      3. poboación de dereito

        Poboación integrada pola suma dos residentes presentes e ausentes nunha determinada unidade administrativa no momento de producirse calquera reconto de poboación. Ten uns dereitos e deberes respecto do concello no que está censada.

      4. poboación de feito

        Poboación dunha determinada unidade administrativa no momento no que se realiza o reconto da poboación, sen ter en conta se teñen ou non nela a súa residencia habitual.

      5. poboación inactiva/non activa

        Parte da poboación que non exerce ningún tipo de actividade económica remunerada nin se atopa en disposición de realizala. Son persoas que se dedican ás tarefas domésticas no seu fogar, nenos, estudantes, rendistas, xubilados e persoas que realizan o servizo militar.

    3. Conxunto de individuos dunha mesma especie que habitan nunha área determinada ou nun medio limitado convencionalmente.

    4. Conxunto de elementos do que se queren estudar certas propiedades non específicas dos elementos.

    5. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Fórmula farmacéutica de administración oral, líquida, edulcorada e cunha concentración tal de principios activos que ten que ser administrada a culleradas. Non hai que confundir as pocións, doces e transparentes, coas mesturas, opacas e case nunca doces; tampouco son pocións as tisanas, que se toman en doses de máis de 100 cm 3 .

    2. Bebida con poderes máxicos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Formación fruticulosa de certos liques, particularmente as cladonias, que adoita ter un ancheamento en forma de copa. Están formados por un talo secundario desenvolvido sobre un talo primario escamoso ou foliáceo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Proceso de formación dun podzol, que consiste na alteración química das arxilas por acción dun humus cru moi ácido, que se ve favorecida por un clima frío e chuvioso, unha vexetación de uces ou coníferas, unha rocha nai rica en cuarzo, pobre en materiais alterables e sen calcarias, e cunha situación topográfica chá.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción de poetizar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sistema que mide a forza electromagnética das pilas electroquímicas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Expresión que relaciona o potencial ö dun campo electrostático coa densidade de carga ñ. No baleiro, a ecuación de Poisson é igual á ecuación de Laplace.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Acción e efecto de polarizar ou polarizarse.

      2. Condición dunha radiación luminosa (ou en xeral electromagnética), cuxo vector do campo eléctrico mantén unha certa orientación. Se en todos os puntos da dirección de propagacións ese vector permanece sempre nun mesmo plano (plano de polarización), a polarización é plana ou lineal. Se en cada punto da dirección de propagación o vector describe unha circunferencia, a polarización é circular, e se describe unha elipse é elíptica.

      1. Tipo de corrente que consiste no movemento de cargas nun dieléctrico situado nun campo eléctrico. É momentáneo se a ddp aplicada é continua, pero é permanente se é alterna.

      2. polarización dieléctrica

        Modificación de carácter vectorial que experimenta un dieléctrico sometido á influencia dun campo eléctrico. Débese á orientación das cargas moleculares. Exprésase mediante o vector polarización P .

      3. polarización dun eléctrodo

        Diminución do valor absoluto do potencial dun eléctrodo ao adherirse á súa superficie ións do mesmo signo ca el, feito que provoca unha diminución da intensidade de corrente proporcionada.

      4. polarización eléctrica

        Fenómeno que provoca, nun medio dieléctrico neutro, a separación das cargas eléctricas positivas e negativas que o compoñen e que é responsable da aparición, en cada elemento do volume ÄV, dun momento dipolar eléctrico Ä p .

      5. vector polarización

        ector P que equivale ao momento dipolar por unidade de volume que aparece en cada un dos puntos dun dieléctrico sometido a un campo eléctrico E .

    1. Superposición, nos sistemas de gravación magnética, dun campo magnético adicional ao creado polo sinal que se quere gravar, coa intención de conseguir unha linearidade aceptable no seu funcionamento. Emprégase xeralmente corrente alterna de frecuencia ultrasónica.

    2. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Reacción de polimerización que se produce pola interacción de grupos funcionais de distintas moléculas do monómero sen eliminación de ningunha molécula pequena, a diferenza das polimerizacións por condensación ou policondensación. Son exemplos característicos, as reaccións entre glicois e diisocianatos para formar poliuretanos, e as polimerizacións por abertura de anel, como a transformación do óxido de etileno en polietilenglicol e a da caprolactama en poliamida (nailon-6).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Promesa realizada, pero aínda sen aceptar, que, como non obriga xuridicamente, pode ser retirada, agás no caso en que concorra unha causa xusta, como por exemplo o comezo de execución dunha promesa, ou que esta se dirixa a unha comunidade ou a Deus.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Reacción de polimerización que ten lugar mediante a interacción de grupos funcionais pertencentes a monómeros polifuncionais con eliminación repetida dunha molécula pequena, como por exemplo de auga, amoníaco ou cloruro de hidróxeno. As policondensacións transcorren por pasos, e é un exemplo característico delas a esterificación de glicois con ácidos dibásicos para formar poliésteres.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Técnica empregada no alzamento topográfico que consiste en efectuar o conxunto de medidas dun terreo segundo unha rede de polígonos grandes (poligonación principal) que serve de base para determinar cos seus retículos os doutros polígonos máis pequenos (poligonación secundaria ou detallada), cuns lados que se axustan aos detalles do terreo.

    VER O DETALLE DO TERMO